A procura atopou 379 coincidencias

por maviac
21 Set 2005, 11:01
Foro: Apelidos
Tema: Escaneo
Respostas: 5
Vistas: 1422

Crin erradamente que Escáneo podía ser un topónimo asturiano, pero non é así. De todos modos é tan raro que merece algunha tentativa de explicación. Xa que parece que é de Marín orixinario (os actuais portadores do mesmo) e non hai en Marín topónimo algún que poida ter servido para crialo, así como ...
por maviac
21 Set 2005, 10:51
Foro: Apelidos
Tema: Ansede
Respostas: 0
Vistas: 460

Ansede

A orixe do nome Ansede debe provir dun nome xermánico, Ansuetus. Así os lugares chamados Ansede serían orixinariamente villa Ansueti e de aí derivarían a Ansede ou Anside, que tamén hai algún. Os apelidos aparecen, pois a partir do topónimo.
Cumprimentos.
por maviac
20 Set 2005, 00:24
Foro: Apelidos
Tema: Cruña
Respostas: 2
Vistas: 788

¿Debemos supor que a Cruña mencionada polo documento que cita Sic-ario é a que está en Buxán, Val do Dubra?. Supoño que será así. Polo demais parece evidente que a denominación Cruña era a mais común como para a mesma cidade "Francis-cana" actual.
Cumprimentos
por maviac
19 Set 2005, 00:00
Foro: Buscas
Tema: Cernadas
Respostas: 6
Vistas: 2920

Cernadas é un dos típicos apelidos que derivan dun topónimo; o mais natural é sabendo o lugar de orixe dos ancestros dar có lugar mais próximo que se chame así. Cousa distinta é que ademais se estea emparentado cun algunha familia ou personaxe famos con ese apelido. Agora venme á mente Diego Cernada...
por maviac
17 Set 2005, 22:45
Foro: Apelidos
Tema: Gigirey / Xixirei
Respostas: 3
Vistas: 889

Corrixo: parece que é Sigeredus e non Sigericus o nome xermánico do que deriva Sixirei, Sisirei, Gigirey, en fin, todas as variantes que poida haber do topónimo e por extensión, do apelido.
Cumprimentos.
por maviac
14 Set 2005, 00:06
Foro: Apelidos
Tema: Dans
Respostas: 8
Vistas: 1814

Creo que respeito deste apelido a explicación de Milleiro ten mais realidade que a que propon o estimado colega Artai. O problema principal é que a mención deses supostos daneses non pode probarse. Non quer dicir que non ficaran viquingos por estas terras, pero a compsición do sistema de apelidos pr...
por maviac
13 Set 2005, 23:58
Foro: Apelidos
Tema: Muñiz
Respostas: 15
Vistas: 7057

O apelido Muñiz pola sua natureza pode ser galego ou de calquera outro lugar de España (ou Portugal Muniz, como en Galiza). Trátase dun patronímico derivado do nome persoal Munio, moi frecuente na Idade Media. Algúns poden ser galegos, por exemplo, porque a toponimia presente nomes derivados dese pe...
por maviac
25 Ago 2005, 16:39
Foro: Apelidos
Tema: Cela
Respostas: 2
Vistas: 923

Xavier: no listado de topónimos Cela non inclues a freguesía de Bueu dese nome.
Cumprimentos.
por maviac
22 Ago 2005, 00:18
Foro: Apelidos
Tema: Teixelo
Respostas: 7
Vistas: 1351

Creo que se debe insistir, xa que os novos perden a perspectiva, que o franquismo non innovou nada no respeito á desgaleguización, o proceso ven de moi vello e moito antes do mesmo. Mais tamén convén insistir como fai Milleiro en que as grafías non sempre se explican por deturpación, senon que o pro...
por maviac
25 Xul 2005, 17:16
Foro: Apelidos
Tema: Xens / Gens
Respostas: 0
Vistas: 549

Xens / Gens

Neste caso non sei a qué carta quedar. O que hai que descartar é o étimo latino: a gens latina é unha cousa que non ten nada que ver co topónimo ou apelido que tratamos. Dubido entre derivalo do nome Gens-Xens- Xenxo que son a mesma cousa, o San Ginés castelán, vamos, ou unha posible variación de Ox...
por maviac
09 Xul 2005, 18:50
Foro: Apelidos
Tema: Alvariz
Respostas: 5
Vistas: 1298

Nalgúns dicionarios aparece, con efeito, a palabra Alvariza coa significación de coxunto de colmeas de abellas, pero creo que sería necesario saber se tal voz se utilizou en Noia con ese senso, e en todo caso se nese lugar o factor identificador pudo ser que albergara unha apicultura a grande escala...
por maviac
09 Xul 2005, 18:44
Foro: Apelidos
Tema: Alvariz
Respostas: 5
Vistas: 1298

Creo que non se deben levar a confusións patronímicos e topónimos: os documentos en latín que conteñen persoas có apelido Alvariz non fan mais que referir xentes que se chaman Álvarez. Alvariza e topónimo en Noia na parroquia de Barro. Non sei porqué se escrebe con v cando outros topónimos idénticos...
por maviac
02 Xul 2005, 01:28
Foro: Apelidos
Tema: Viduheiro
Respostas: 6
Vistas: 2618

Su apellido no parece más que unha forma un tanto extravagante de escribir la palabra gallega Bidueiro que significa abedul. El origen de su apellido debe estar en un lugar llamado así, pero son bastantes actualmente en Galicia y para ser más precisos sería necesario saber el lugar o la zona de orig...
por maviac
02 Xul 2005, 01:24
Foro: Apelidos
Tema: Escaneo
Respostas: 5
Vistas: 1422

Creo que a orixe de Escaneo é asturiana, pero non podo comprobar agora o topónimo.
Cumprimentos.
por maviac
30 Xuñ 2005, 18:56
Foro: Apelidos
Tema: Meixueiro / Meijueiro
Respostas: 0
Vistas: 833

Meixueiro / Meijueiro

Creo que a orixe do apelido se explicará mais ben por unha derivación do nome da árbore frutal, a ameixeira, mellor que polo termo que sinala ¿sic-ario? de lugar de pesca de anguias.
Cumprimentos
por maviac
30 Xuñ 2005, 18:37
Foro: Apelidos
Tema: Ameal
Respostas: 1
Vistas: 1009

Ameal

O significado de Ameal é sitio no que abundan os ameneiros, arbore que cun nome que ten variacións ao longo do país galego e Portugal: Amieiro, Abeneiro, Abineiro.
Cumprimentos
por maviac
30 Xuñ 2005, 00:05
Foro: Apelidos
Tema: Reiriz / Reyriz
Respostas: 12
Vistas: 4419

Creo que Milleiro ten toda a razón, os topónimos poden ter variantes, ao cabo Rairiz ou Reiriz son derivados dun nome persoal xermánico. Pero igual que encontramos Sabarís´-Sabariz, ou Arís, Aríns, Ariz, neste caso Reiriz-Reirís serían variantes do mesmo nome de lugar, moi explicable o segundo dado ...
por maviac
28 Xuñ 2005, 12:51
Foro: Apelidos
Tema: Xerpe / Gerpe
Respostas: 0
Vistas: 808

Xerpe / Gerpe

Sobre a etimoloxía deste apelido, ou mais ben a palabra que dá orixe ao mesmo, resulta ser serpe, que na zona das mariñas, almenos nos topónimos se alterou na pronuncia a Xerpe e daí a Gerpe, nos apelidos por castellanización.
Cumprimentos.
por maviac
24 Xuñ 2005, 12:53
Foro: Apelidos
Tema: Pastoriza
Respostas: 5
Vistas: 1950

Completando o dito por Milleiro, Pastoriza significa lugar de pasto, é absolutamente transparente. O dito por outro sobre advocacións da virxe con ese nome explícase á inversa: o lugar deu nome a advocación da virxe.
por maviac
24 Xuñ 2005, 12:49
Foro: Apelidos
Tema: Penelas
Respostas: 2
Vistas: 1728

PENELAS Significado: Non sei o significado de este termo. Orixe: Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica. Respeito do significado, non ten problema, é un diminutivo de penas, ou sexa pequenas penas, rochas ou outeiros. No que atinxe á sua orixe (dos apelidos), a toponimia é, con efeito, a e...
por maviac
16 Xuñ 2005, 19:19
Foro: Apelidos
Tema: Onega
Respostas: 7
Vistas: 2236

O apelido xa está comentado no foro ainda que como Ónega, con til no O. O que non sei é se é unha duplicación non prevista pola cuestión do acento ou se hai o apelido Onega, como palabra grave (con acento no e). De non ser así, reproduzo o comentario que xa deixara anteriormente: -------------------...
por maviac
16 Xuñ 2005, 19:07
Foro: Apelidos
Tema: Casás
Respostas: 2
Vistas: 1309

ABADÍN (Lugo) Corvite (San Pedro) Casás ALFOZ (Lugo) Adelán (Santiago) Casás, Os Se son da Terra Chá e mais probable que o seu apelido proveña do topónimo Casás que hai neses dous concellos arriba citados. Pero non é seguro, claro. En canto a se ten que ver a palabra Casás con Casáis, sí; son das va...
por maviac
16 Xuñ 2005, 19:00
Foro: Apelidos
Tema: Gigirey / Xixirei
Respostas: 3
Vistas: 889

A orixe do apelido é toponímica sen dúbida, pero a orixe do topónimo está nun nome xermánico Sigericus, ou ben Sisericus.
Cumprimentos.
por maviac
16 Xuñ 2005, 19:00
Foro: Apelidos
Tema: Gigirey / Xixirei
Respostas: 3
Vistas: 889

A orixe do apelido é toponímica sen dúbida, pero a orixe do topónimo está nun nome xermánico Sigericus, ou ben Sisericus.
Cumprimentos.
por maviac
16 Xuñ 2005, 18:54
Foro: Apelidos
Tema: Argiz
Respostas: 3
Vistas: 1447

A orixe do apelido, por suposto é toponímica, pero a sua etimoloxía provén dun nome xermánico. O lugar actual de Arxíz foi a posesión ou villa dalguén chamado Argericus: villa argerici.
por maviac
16 Xuñ 2005, 18:50
Foro: Apelidos
Tema: Maneiro / Maneiros
Respostas: 5
Vistas: 1721

Creo que o sinalado por Si-cario respeito da etimoloxía da palabra é a pista mais fiábel para explicar a orixe do apelido. Sería un apelido de alcuña, que tería a sua orixe en maneiros (que arranxaban ben as cousas, ou debedores sustitutos en algún caso, quizás). Baséome no libro de E. Rivas, A onom...
por maviac
16 Xuñ 2005, 18:23
Foro: Apelidos
Tema: Mariño
Respostas: 12
Vistas: 3914

Mariño

Creo mais probable que se trate dun apelido de oficio, orixinado pola condición de mariñeiro ou mariño dos devanceiros dos, por outra banda moi numerosos, portadores do apelido, tanto na Galiza como en Portugal como sinala E. Rivas: Onomástica persoal do Noroeste hispano. Cumprimentos, nesta nova xe...
por maviac
11 Mai 2005, 17:50
Foro: Buscas
Tema: Familia Sumida
Respostas: 1
Vistas: 539

Presumibelmente eses familiares son dunha destas duas vilas chamadas Alhaurín: Alhaurín el Grande ou Alhaurín de la Torre, ambas na provincia de Málaga, no Sur de España. De cual deles procedían é o primeiro que teña que averiguar se os documentos que conserve o permiten. Logo supoño que unha consul...
por maviac
09 Mai 2005, 18:49
Foro: Buscas
Tema: Manuel Vazquez Claro
Respostas: 1
Vistas: 580

Creo que tendo nascido en 1875 pode conseguir datos no Registro civil de Pontevedra
RUA CONDE BUGALLAL, S/N (A PARDA)
36003 PONTEVEDRA
Telefone: 986 805 767

Telefax.986 805 779

Se sabe en qué parroquia naceu ( Pontevedra ten 8 freguesías) tamén poderá tentar obter unha certificación de Baptismo.
por maviac
17 Abr 2005, 21:02
Foro: Buscas
Tema: Valuja
Respostas: 9
Vistas: 5144

Por completar: Baluja é a forma mais común, polo menos na miña experiencia e coñecemento.
Cumprimentos...
por maviac
17 Abr 2005, 00:32
Foro: Buscas
Tema: Valuja
Respostas: 9
Vistas: 5144

Baluja

Dentro do incerto que a veces resulta interpretar os apelidos, creo que o que sinala E. Rivas debe ser a explicación mais razoable. Dado que non aparece un topónimo que poidese explicar satisfactoriamente o mesmo (eu pensaba nalgún derivado de Val por cerca de Santiago que é onde se concentra o apel...
por maviac
17 Abr 2005, 00:16
Foro: Buscas
Tema: Perrùa
Respostas: 4
Vistas: 2517

Por si fuese de utilidad aún; el apellido Perrúa si es una deformación de Porrúa, como pienso, nos lleva en sus posibles orígenes a Llanes (Asturias) donde está el lugar de ese nombre. Aunque, como familias de ese nombre están extendidas por Galicia entre otros lugares, sus ancestros inmediatos pued...
por maviac
16 Abr 2005, 21:51
Foro: Buscas
Tema: Movilla
Respostas: 9
Vistas: 6040

Movilla

Neste caso falo sen un soporte documental serio e o que diga ten un valor moi relativo, pero teño entendido que o apelido Movilla provén de Santander ou Cantabria. Sería cuestión de comprobar no nomenclator dalí a existencia dun lugar chamado así, supoño.
Cumprimentosl
por maviac
16 Abr 2005, 21:48
Foro: Buscas
Tema: Bobo
Respostas: 2
Vistas: 1343

Bobo

Con todas as reservas do caso, o mais sólido ou fiable que temos creo que a orixe do apelido sería un alcuño equivalente ao que dou por Pontevedra, por exemplo, o apelido Gago. Para uns derivaría de Balbus (dificultoso na fala---daí balbucear), para outros un termo nacido da onomatopeia bob-bob, ind...
por maviac
10 Abr 2005, 11:33
Foro: Buscas
Tema: Carabelos
Respostas: 0
Vistas: 760

Carabelos

A abundancia deste apelido en Pontevedra e no Morrazo fan-me concluir que a orixe proveña do topónimo de Mourente (da inmensa maioría).
Cumprimentos..
por maviac
02 Abr 2005, 21:36
Foro: Buscas
Tema: Perrùa
Respostas: 4
Vistas: 2517

Se me ocurre que el apellido en realidad sea Porrúa, que sí es más frecuente, aunque no sé su origen. En Pontevedra (provincia) existen familias con ese apellido aunque parecen concentradas en Vigo segun la guía de teléfonos.
por maviac
01 Abr 2005, 11:31
Foro: Buscas
Tema: Barragon
Respostas: 4
Vistas: 1242

Respeito do posibel apelido Barragón, gao, etc, penso que se debe por en relación có actual apelido Barragán que é común nos arredores de Pontevedra, supoño que orixinado pola toponimia. Hai un lugar chamado Barragáns na freguesía de Campañó, que debe ter dado orixe ao apelido, como digo. En outra o...
por maviac
23 Mar 2005, 18:51
Foro: Buscas
Tema: Torre, Torres, Datorre, Latorre, de la Torre
Respostas: 5
Vistas: 1871

Torre, Torres, Datorre, Latorre, de la Torre

<<Comentário persoal(MILLEIRO).-. As grafias Torre, Torres e Datorre teñen orixes netamentes galegas. Ainda que non podo acreditar, é moi posíbel que as grafias Latorre e de la Torre poidan vir nalgúns casos do apelido "da torre".>> Eu podo confirmar por experiencia esta última afirmación e abogar p...
por maviac
15 Mar 2005, 18:27
Foro: Novas
Tema: Ajuda Registro Civil
Respostas: 16
Vistas: 4713

Xentes con ese apelido hai ainda en Don Benito, na guía telefónica son 12 que o tem de primeiro. A estas alturas, contodo paréceme difícil que se garde memoria do señor que hai mais de 4 ou 5 xeracións que desapareceu dalí entre parentes que teñan unha relación relativamente directa con él. Houbo ta...
por maviac
13 Mar 2005, 11:50
Foro: Buscas
Tema: Familia Lino Tilve / Tilves / Tilvez Santradán / Sautradán
Respostas: 3
Vistas: 847

Tilve

Sobre o apelido Tilve, nada millor que reproducir o que X. Milleiro elaborou na lista de apelidos dando por feito que todas son variantes do mesmo apelido e que procede dun topónimo: Tilve / Tilves Apelido galego que se atopa con bastante frecuéncia na área de influéncia da cidade de Pontevedra. Nes...
por maviac
09 Mar 2005, 11:04
Foro: Territorio
Tema: Puente Nuevo de Villaodrid (Lugo)
Respostas: 3
Vistas: 1833

Por concretar máis, nun mapa de estradas localízase na Nacional 640 Lugo-¿Castropol-Oviedo?, km 56, á beira do río Eo moi cerca do límite de Asturias.
Cordialmente.
por maviac
07 Mar 2005, 17:56
Foro: Apelidos
Tema: Potel
Respostas: 2
Vistas: 822

Potel

O apelido Potel sempre me chamou a atención pola sua rareza. Un Potel famoso, médico (creo) apelidábase Potel Lesquereux, e sempre me pareceu por iso un apelido francés. Creo que esa hipótese é a mais sólida a falta doutra mais simple como sería a existencia dun topónimo entre Valga e Caldas de Reis...
por maviac
01 Mar 2005, 16:05
Foro: Buscas
Tema: Gando - Ogando
Respostas: 2
Vistas: 974

As miñas perguntas ian dirixidas á posible constatación de que ese lugar Casa do Gando e a parroquia de Sta María do Gando estivesen na zona en que hai mais concentración de Ogandos, entre Beariz e A Estrada, pouco mais ou menos. Parece que non á vista das referencias que das, pero supoño que sería ...
por maviac
01 Mar 2005, 12:31
Foro: Buscas
Tema: Gando - Ogando
Respostas: 2
Vistas: 974

Gando - Ogando

Podes, Milleiro, ser mais explícito sobre a existencia desa antiga freguesía de Santa María do Gando ou do lugar da Casa de Gando? Onde estarían ou a qué parroquia actual correspondería esa antiga parroquia? Estamos a falar dunha localización dos mesmos na Terra de Montes?
Cumprimentosl
por maviac
28 Feb 2005, 16:01
Foro: Buscas
Tema: Xexo
Respostas: 2
Vistas: 944

Estraña grafía me parece. ¿Pudeches ver o documento orixinal? Poidera tratarse de algúne apelidado Seixo ao mellor......
Cumprimentos.
por maviac
24 Feb 2005, 11:11
Foro: Buscas
Tema: Família Oulego / Olego
Respostas: 6
Vistas: 2163

Si bien no estoy interesado en los problemas de Historia familiar. La reiteración de pedidos de información de Claudia Olego, me incita a proponerle un modo de ayudar. Veamos: El apellido Olego es poco frecuente; donde se encuentra más es en la provincia de León en la comarca llamada El Bierzo, limí...
por maviac
23 Feb 2005, 16:41
Foro: Liñaxes
Tema: Pazo dos Duques de Patiño (Padriñán-Sanxenxo)
Respostas: 2
Vistas: 1383

patiño

¿Onde está Patiñorbe?
Cumprimentos
por maviac
16 Feb 2005, 17:14
Foro: Buscas
Tema: Familia Cortiñas
Respostas: 10
Vistas: 3608

Cortiñas

Una aclaración que puede ser útil: la palabra cortiña, como substantivo común tiene en gallego un significado de huerto, propiedad cercada, según la zona de Galicia que se trate, aunque lo más común es la significación de huerto o huerta inmediato a la casa, así como en portugués (cortinha). Pero el...
por maviac
16 Feb 2005, 12:52
Foro: Buscas
Tema: Saco
Respostas: 5
Vistas: 4168

O caso deste apelido Saco, resulta interesante, porque parece propio da provincia de Lugo, mais ben do Sul Sul-leste de Monforte a Pedrafita. Algunha familia que coñecín residindo en Madrid, teñenno ademais como composto: Saco del Valle. Non obstante non sei de donde pode ter surxido exactamente. No...
por maviac
16 Feb 2005, 11:06
Foro: Buscas
Tema: Cabreira
Respostas: 4
Vistas: 1436

Bon día.: Se Cabreira é o seu apelido e os seus devanceiros proceden da Galiza, a orixe do apelido é toponímica; algún dos lugares que levan ese nome deu o apelido á sua familia. A significación de Cabreira non ten segredos, é bastante transparente. A seguir vai unha lista de lugares que teñen ese n...
por maviac
08 Feb 2005, 10:38
Foro: Buscas
Tema: Família Vieytes / Vieites e González
Respostas: 9
Vistas: 2684

Vieites-Vieitez

Vieitez / Vieites ONOMÁSTICA ESta información que Milleiro puso en la lista de Apellidos os puede servir de pista para iniciar cualquier pesquisa, pero si lo que quereis es seguir el rastro de familiares sería mejor contar con más información concreta del o de los antepasados que emigraron. Cordialm...
por maviac
03 Feb 2005, 16:47
Foro: Buscas
Tema: Familia Cortiñas
Respostas: 10
Vistas: 3608

cortiñas

Sendo Cortiñas un topónimo, sendo tí oriundo do norte de Lugo e habendo un lugar chamado Cortiñas en Benquerencia-Barreiros, o mais natural é que a orixe do teu apelido deba por-se en relació con ese lugar. Se a tua familia é de área de arredor, confírmase con bastante probabilidade esa cadea de con...
por maviac
02 Feb 2005, 17:18
Foro: Buscas
Tema: Família Souto
Respostas: 25
Vistas: 7811

souto

Non quero intervir na cuestión concreta de encontrar familiares portando o apelido Souto, pos está fora do meu interese. O que sí quero facer observar é que os que están intervindo na procura de ancestros ou familiares, especialmente desde Argentina ou Brasil, non está claro se o fan porque eses ant...
por maviac
29 Xan 2005, 19:52
Foro: Buscas
Tema: Diaz del Rio
Respostas: 4
Vistas: 2127

DIAZ DEL RIO

A cuestión que formula resulta algo difícil de resolver desde fora da propia familia. Se se trata o seu dun apelido composto, como parece, coincide con uns cantos Diaz del Rio que aparecen no listín telefónico en Ferrol (presumo que parentes seus nun ou noutro grao), e a orixe desa circunstancia som...
por maviac
26 Xan 2005, 18:30
Foro: Buscas
Tema: Lino
Respostas: 2
Vistas: 1218

Creo

En relación coa consulta un tanto breve de Fire, certamente un pouco antiga, de 2002, coido que o que perguntaba é a orixe do apelido Creo. Provén dun lugar na parroquia de Esteiro, Concello de Muros, Provincia de A Coruña. Un topónimo, pois.
Cordialmente
por maviac
26 Xan 2005, 17:39
Foro: Buscas
Tema: Familia Pedreira Quiveu
Respostas: 17
Vistas: 5840

Estas formas Quiveo, Quiveu, e a sua procedencia A Estrada ou Terra de MOntes lévanme a pensar que se emparenten có apelido Quibén, mais estendido na provincia de Pontevedra. Fiel á miña tendencia, quero supor que a orixe ten que estar nalgún topónimo que non figura no nomenclátor oficial de Galicia...
por maviac
25 Xan 2005, 11:29
Foro: Historia
Tema: Castro de Coiradas (Entins-Outes)
Respostas: 2
Vistas: 1737

Coiradas-¿Cochindo?

Bien: Coiradas es un lugar de la parroquia de Entíns, Outes, efectivamente y el apellido Coiradas proviene de allí sin ninguna duda, ya que los que llevan ese apellido hoy en día (en Galicia) o residen allí en Outes o estan dispersos en zonas próximas que denotan esa procedencia. En cuanto a Cochind...
por maviac
23 Xan 2005, 13:02
Foro: Buscas
Tema: Hospido
Respostas: 5
Vistas: 1366

Hablo un poco a la ligera. Pero se sus ancestros proceden de Galicia, lo que se me ocurre es que su apellido venga de un topónimo de ese nombre (aunque en este momento no conozco ninguno), o bien sea una deformación de otro nombre de lugar, posiblemente Espido, Hai en Galicia los dos apellidos en la...
por maviac
23 Xan 2005, 12:47
Foro: Buscas
Tema: Familia Bouzada
Respostas: 4
Vistas: 900

No podo axudar na procura de familiares (non é o meu interesse), mas creo que se quer ter suceso na sua busca debe contar con algún dado mais preciso sobre a procedencia da sua familia. Hai moita xente na Galiza có apelido Bouzada sobre todo na provincia de Pontevedra, ainda quedentro dela, hai unha...
por maviac
21 Xan 2005, 11:46
Foro: Buscas
Tema: Familia Marrube (Alfoz)
Respostas: 7
Vistas: 1796

MARRUBE

É un apelido toponímico: Hai dous lugares chamados Marrube, un en Vilalba, outro en Cervo. Alfoz está cerca dos dous, pero mais próximo a Cervo. Dada a cantidade de Marrubes que hai entre Alfoz, e Burela, que pertenceu a Cervo ata hai poucos anos (na guía de teléfonos hai 17 persoas con este apelido...
por maviac
20 Xan 2005, 19:39
Foro: Buscas
Tema: Familia Dacruz
Respostas: 5
Vistas: 1855

Dacruz, addenda

Respeito do que dixen na mensaxe anterior engadir a posible existencia doutro fonte emisora do apelido: ARNOIA, en Ourense, o que explicaría parte dos Dacruz que se encontran na Guía telefónica entre Ourense, Celanova, Taboadela ou Allariz. Tampouco son moitos: 8 na provincia de Ourense, 10 na de Po...
por maviac
20 Xan 2005, 13:17
Foro: Buscas
Tema: Familia Dacruz
Respostas: 5
Vistas: 1855

Dacruz

Respeito deste apelido, o que parece é que provén desa zona de entre Tui e Arbo. A sua rareza hai que entendela pola transmisión nos documentos (Os escribanos aborrecían o galego e transcribían ao seu xeito o que escoitaban). Dacruz debería descompo-se en Da Cruz (De la Cruz en castellano). A este a...
por maviac
20 Xan 2005, 11:08
Foro: Buscas
Tema: Familia Ruibal
Respostas: 36
Vistas: 18452

Ruibal

Con respeito ao apelido Ruibal quero aportar para ampliar o que se está a dicir o dato da toponimia, que contribue a explicar a sua concentración entre Pontevedra e Moraña. Segundo o nomenclátor de Galicia existen tres lugares que se corresponden a: MORAÑA (Pontevedra) Amil (San Mamede) Ruibal PONTE...
por maviac
13 Xan 2005, 13:12
Foro: Buscas
Tema: Familia Fompedriña
Respostas: 11
Vistas: 2997

Está ben escrito e corresponde a dous lugares de dous concellos da provincia de Lugo: Outeiro de Rei e O Corgo que están bastante próximos. Así, a orixe do apelido debe estar nesa zona partindo da toponimia. Outra cousa é a xenealoxía de familias particulares, que non sei se é o seu interese.
Saudos.
por maviac
03 Xan 2005, 19:41
Foro: Novas
Tema: Enciclopedias Galegas
Respostas: 6
Vistas: 3282

ENCICLOPEDIA GALEGA: En resposta á consulta que formulou primeiro Serba, son duas cousas distintas: A vella enciclopedia en trinta tomos (se serba a ten en 14 pode ter sido unha cuestión de encadernación, ao mellor) continua cós suplementos e con tomos temáticos publicados ata recentemente. Pero a q...
por maviac
03 Xan 2005, 19:26
Foro: Novas
Tema: Enciclopedias Galegas
Respostas: 6
Vistas: 3282

ENCICLOPEDIA GALEGA: En resposta á consulta que formulou primeiro Serba, son duas cousas distintas: A vella enciclopedia en trinta tomos (se serba a ten en 14 pode ter sido unha cuestión de encadernación, ao mellor) continua cós suplementos e con tomos temáticos publicados ata recentemente. Pero a q...
por maviac
03 Xan 2005, 18:58
Foro: Novas
Tema: Catastro de Ensenada de la Provincia de A Coruña
Respostas: 4
Vistas: 1684

CATASTRO DA ENSENADA Por outra banda, non están publicados. Únicamente se fixeron publicacións parciais de Coruña e Santiago (cidades), polo que eu sei (neste momento) onde se recollen os datos relativos a eses sitios. Non hai mais remedio que ir a un arquivo para consultar a documentación (Ex. arqu...
por maviac
29 Dec 2004, 11:06
Foro: Buscas
Tema: Oses y Senza
Respostas: 18
Vistas: 5024

Para libera-lo da dificultade de leitura compre ter experiencia lendo documentos manuscritos, da que eu carezo. Se algún dos outros foreiros, mais capacitados que min, non consegue descifrar eses puntos oscuros, quizás poida recorrer a un perito calígrafo onde Vd. resida, ben sexa do ámbito universi...
por maviac
23 Dec 2004, 11:31
Foro: Buscas
Tema: Familia Dabouza
Respostas: 3
Vistas: 852

Formas como as do seu apelido, Javier, son habituais na corrupción dos termos do galego ao castelán. Dabouza é unha unificación dunha expresión: Da Bouza, como Dorrio por Do Rio, Doval por Do Val, Dorrego por Do Rego, etc.. A partir daí, a procura da orixe do apelido xa é outro tema. A Bouza é un to...
por maviac
23 Dec 2004, 11:27
Foro: Buscas
Tema: Familia Dabouza
Respostas: 3
Vistas: 852

Formas como as do seu apelido, Javier, son habituais na corrupción dos termos do galego ao castelán. Dabouza é unha unificación dunha expresión: Da Bouza, como Dorrio por Do Rio, Doval por Do Val, Dorrego por Do Rego, etc.. A partir daí, a procura da orixe do apelido xa é outro tema. A Bouza é un to...
por maviac
23 Dec 2004, 11:16
Foro: Buscas
Tema: Familia Pan
Respostas: 7
Vistas: 3357

A abundancia de Pan (non se me malinterprete) no entorno da Coruña creo que só se pode explicar por algún topónimo que teña actuado como difusor do apelido. O topónimo quizás exista ainda, mais habería que ver o nomenclator. Se desapareceu como pasa con París, por exemplo, quizás se poida rastrear a...
por maviac
20 Dec 2004, 19:55
Foro: Buscas
Tema: Dorrio
Respostas: 1
Vistas: 1133

O apelido está mal escrito; pasalle como a outros que se compoñen de Do ou Da mais un topónimo. EX. Da Torre, Do Val, Do Valo, Do Marco, Do Rego, etc, que se uniron nunha palabra Datorre, Doval, Dovalo, Domarco, Dorrego . Neste caso convertíuse un Do Rio nun Dorrio. A proveniencia pode ser variada p...
por maviac
20 Dec 2004, 19:47
Foro: Apelidos
Tema: Romaní
Respostas: 3
Vistas: 2631

Esta famillia provén, como tantas outras de orixe catalán nas rías da chegada de cataláns que se adicaron á pesca e as conservas, Non sei se todos os Romaní de Santiago e Muros proceden do mesmo antergo, pero case apostaría porque sí. Seguro que en Blanes se atoparían os ancestros, como pasa, polo q...
por maviac
20 Dec 2004, 19:34
Foro: Buscas
Tema: Familia de Rumbo Do Camiño Curras
Respostas: 2
Vistas: 666

Rumbo, ¿apelido de orixe inglés?, disculpe o meu escepticismo pero estráñame que non haxa unha explicación mais próxima.

En canto a Currás deixando a un lado ao protadores de brasóns que cita, hai moitos espallados polo país acorde coa dispersión de topónimos deste nome que existe en Galiza.
por maviac
20 Dec 2004, 19:14
Foro: Buscas
Tema: Duber
Respostas: 2
Vistas: 1271

Os Dubert de Muros parece que proceden dun emigrado francés (da zona de Burdeos probablemente) nos tempos da Revolución. Os descendentes investigaron e descubriron este dato. O primeiro Dubert parece se a memoria non me falla que se estabeleceu como panadeiro.
por maviac
20 Dec 2004, 19:08
Foro: Buscas
Tema: Família Penteado Santiago Rueda
Respostas: 2
Vistas: 711

A filiación que dá respeito da sua bisavoa resulta un pouco estranha pois tería que se chamar Santiago Rueda, pero o apelido Peiteado, sen ser demasiado común sí que se encontra nos arredores de Santiago de Compostela. O estraño é o apelido Rueda; non é común na Galiza e diría que case imposible na ...
por maviac
20 Dec 2004, 18:20
Foro: Buscas
Tema: Covarrubias
Respostas: 3
Vistas: 1375

Evidentemente non é un apelido galego. Covarrubias existe en La Mancha e non sei se en Extremadura. De aí procederán, pois en boa lóxica os ancestros dos portadores do apelido.
por maviac
20 Dec 2004, 18:16
Foro: Buscas
Tema: Oses y Senza
Respostas: 18
Vistas: 5024

O apelido Oses existe, ainda que non sei de donde procede. Pero tratándose dun señor de Noia, e non coñecendo o texto da partida ¿non podería ser Ons o que figura no documento? Este é un apelido normal procedente da parroquia deste nome.
por maviac
20 Dec 2004, 11:21
Foro: Buscas
Tema: Familia Ayán
Respostas: 25
Vistas: 6083

Xente có apelido Ayán haina e coñezo algún caso. A orixe ten que estar na toponimia, o que explica a concentración nesas terras do Lugo Suroriental. Pode haber algunha coincidencia con xente de outra orixe porque se repita o topónimo, pero non se poden tirar conclusións apresuradas. O da orixe xudea...