Encontro en Santiago

Propostas e debates sobre o traballo no portal
Respostar
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensaxes: 2256
Rexistrado: 05 Out 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Encontro en Santiago

Mensaxe por kruzul » 03 Ago 2015, 14:22

Chega o verán, chega o sol, chega a calor e chegan tamén os reencontros. Así, o domingo 9 de agosto de 2015 vai ter lugar unha nova xuntanza de Xenealoxía.org, para que todos aqueles que forman parte desde proxecto –sexan lectores, investigadores, participantes nos foros, convidados, colaboradores, etc.- poidan verse as caras por un día, intercambiando opinións e experiencias, tanto no eido do xenealóxico como tamén do acercamento persoal. Nesta ocasión, o encontro vai ter lugar en Santiago de Compostela (fronte a outras ocasións anteriores, nas que exerceron coma anfitrioas as rúas de Pontevedra), durante o serán do domingo 9, na Alameda. Agardamos que con esta ubicación, máis céntrica e mellor comunicada coas distintas bisbarras galegas, contemos con novos asistentes.
Estaremos, arredor das 17:00 horas da tarde no entorno da cafetería Ferradura (preto do palco da música da alameda santiaguesa).
Xenealoxía.org

Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensaxes: 2256
Rexistrado: 05 Out 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Encontro Xenealoxía.org Alameda de Santiago 2015

Mensaxe por kruzul » 10 Ago 2015, 19:11

Xa é bo poder compartir unha xuntanza ao ano cos compañeiros de Xenealoxia.org, pero dúas xuntanzas resultan un precedente fantástico. Así, ao encontro de febreiro, este ano habemos de sumar o que este domingo, 9 de agosto, tivo lugar na alameda compostelana.

Estabamos acostumados a que Pontevedra exercese como anfitrioa, pero o cambio de ubicación, máis céntrico con respecto ao resto da xeografía galega, procurou algunhas sorpresas ben especiais entre os asistentes. O gastro bar Ferradura foi o escenario desta tertulia que xirou arredor dos máis diversos temas e nos que, por suposto, non faltou tampouco a historia familiar.
Encontro_Santiago_Alameda_2015.jpg
Toni, Fátima, Cristina, Alfonso, Puri, Breo, Ricardo e Antonio
Nesta ocasión compartimos serán Cristina (alias Cristina B), Ricardo (alias Kruzul), Toni (alias Dinuciña), Puri (alias Nadir), Fátima (alias Legaria2001), Breogán (alias Breo-jan), Antonio (alias Mochy), outra Fátima e máis un servidor de vostede (Alfonso, alias Pousada), lembrándonos de todos aqueles foreiros aos que nos gustaría moito poder ter visto, e moi especialmente a Ana (alias Meiga). Persoalmente, teño que dicir que foi estupendo poder poñerlle rostro a algunas persoas que non coñecía e coas que, unha vez máis, foi doado descubrir que ás veces o mundo semella ser tan pequeno coma unha aldea.

Entre conversa e conversa, foron aparecendo esas vellas historias de familia que todos escoitamos de cativos aos nosos avós, e que os afeccionados á xenealoxía estamos tan apaixoados sempre por verificar. No fondo, penso que o xenealoxista afeccionado é unha especie de detective máis preocupado por resolver os casos abertos do seu pasado familiar que por poñer nomes, apelidos e datas nunha pirámide invertida.

Só isto explica que, a medida que transcorría a tarde deste domingo, cada un fose contando, sen propoñelo, as súas personais averiguacións detectivescas: “O estrano caso dos caldeireiros asturiáns que chegaron a unha vila con nome de froita”, “Crime na Lúa de Mel”, “A identidade segreda dos veciños da Casa de Valle-Inclán”, “A muller que o sabía todo sobre a familia máis grande do mundo”, “O filatélico sempre chama dúas veces”… poderían ser os nomes dalgúns libros que Agatha Christie, de ter estado connosco no Ferradura, de seguro que acabaría escribindo. Tantas e tantas boas historias fan voar a imaxinación de calquera.

É unha verdadeira mágoa ter que agardar uns cantos meses ata a vindeira xuntanza de foreiros, pero existe unha posibilidade interesante para solventar en parte esta tardanza. Sei que todos e cada un de nós ten gardada unha desas historias, a medio camiño entre a fantasía e a realidade, que logo resultaron clarificadas despois das nosas particulares investigacións. Sería moi interesante compartir esas vivencias familiares a través de pequenos artigos que poder ir subindo á páxina Xenealoxia.org. ¿Acaso non vos interesa saber que puido ocorrer para que Emilio Ribas, un guapo mozo, acabase morto a causa de tres disparos durante a primeira noite da súa Lúa de Mel?

Xenealoxía.org

Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensaxes: 2256
Rexistrado: 05 Out 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Encontro Xenealoxía.org Alameda de Santiago 2015

Mensaxe por kruzul » 12 Ago 2015, 01:10

Encontro_Santiago_Alameda_2015_03.jpg
Encontro_Santiago_Alameda_2015_04.jpg
Encontro_Santiago_Alameda_2015_02.jpg

Respostar