Curiosidade sobre a páxina

Propostas e debates sobre o traballo no portal
Respostar
Avatar de Usuario
gordito
Foreiro
Foreiro
Mensaxes: 57
Rexistrado: 17 Mai 2003, 09:00
Ubicación: Barbanza
Contactar:

Curiosidade sobre a páxina

Mensaxe por gordito » 26 Xul 2005, 13:37

Fai tempo que teño curiosidade por saber quen creou a páxina. Si xa sei que a levo usando moito tempo e deberíao saber xa, pero...
¿Costa cartos mantela na rede? Se é así ¿quen os sufraga? Moitos de vos adicades moitísimo tempo a mellorala (só fai falta mirar a cantidade de mensaxes de Milleiro, por citar só un exemplo)¿tendes profesións relacionadas ca rede? ¿adicadesvos profesionalmente a algunha actividade relacionada coa xenealoxía? Moitas veces sorprédome da profundidade que alcanzan o rexistro xenealóxico dalgúns dos participantes (quédame moito traballo por facer, pero sempre é de grande axuda dispor dunha ferramenta coma esta páxina). Saúdos a todos.

Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensaxes: 1306
Rexistrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaxe por Milleiro » 26 Xul 2005, 22:11

Ola Gordito,

No tocante a min, os meus coñecimentos da Rede e da informática son ben escasos. O tema xenealóxico é un hooby, ao igual que a meirande parte da xente que traballa e colabora na web.

Sobre quen ou como se sufraga Xenealoxia.org?, pois até o que eu sei, os gastos saian do peto do Administrador da páxina: Ricardo Lago "Cruzul", non sei si se actualmente sigue esa política. Coido que si. Mellor que che responda el posto que hai pouco tamén me fixeron esta pregunta e descoñezo cal é a situación nestes intres.

Unha saudiña

Respostar