Datos Privados

Propostas e debates sobre o traballo no portal
Respostar
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensaxes: 2256
Rexistrado: 05 Out 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Datos Privados

Mensaxe por kruzul » 23 Abr 2008, 22:47

Eu non son profesional en materia de leises, i na maioría dos casos da miña vida persoal ríxome polo meu senso común. Cando iste non abonda ou non é suficinte para os máis, hai que tirar das reglas de xogo da nosa convivencia: as leises.

Para elo vou entresacar só unha liñas que me parecen fundamentais da publicación de O CUMPRIMENTO DA LEI DE PROTECCIÓN DE DATOS EN GALICIA por Manuel Martínez Carballo, María Cruz del Río Rama (Universidade de Vigo) e Eduardo Guillén Solorzano, Susana Barbeito Roibal (Universidade da Coruña) de 1 de xuño de 2006:
A protección de datos de carácter persoal é un dereito que teñen todos os cidadáns a que os seus datos persoais non sexan utilizados por parte de terceiros sen a debida autorización; este dereito consiste no control por parte do titular dos datos sobre quen, como, para que, onde e cando son tratados os datos relativos á súa persoa; control que se fai efectivo a través do exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.
Este carácter de dereito fundamental vén outorgado pola Constitución española no seu artigo 18.4, xunto co dereito fundamental ao honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, etc. En concreto, este artigo establece que “a lei limitará o uso da informática para garantir o honor e a intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos”.
[...]
Nun principio foi desenvolvido pola LORTAD (Lei orgánica 5/1992, de regulación do tratamento automatizado de datos de carácter persoal), actualmente derrogada; substituída pola LOPD (Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal), obriga legal que deben
cumprir todas as organizacións españolas se non queren expoñerse ás duras sancións da Axencia Española de Protección de Datos (AGPD).
O artigo podémolo ler completo en: http://www.usc.es/econo/RGE/Vol16_2/Galego/art9g.pdf

A LEY ORGÁNICA 15/1999, de 13 de diciembre, de Protección de Datos de Carácter Personal témola no B.O.E. en español e en PDF da disposición a mesma en galego.

No capítulo primeiro, artigo cuarto, ponto tres, da LEY ORGÁNICA 1/1982, de 5 de mayo, de protección civil del derecho al honor, a la intimidad personal y familiar y a la propia imagen. dise tamén:
A falta de todos ellos, el ejercicio de las acciones de protección corresponderá al Ministerio Fiscal, que podrá actuar de oficio a la instancia de persona interesada, siempre que no hubieren transcurrido más de ochenta años desde el fallecimiento del afectado. El mismo plazo se observará cuando el ejercicio de las acciones mencionadas corresponda a una persona jurídica designada en testamento.
A negriña é miña para recordar cantos anos teñen que pasar para poder publicar datos privados. A lei ó completo pode leerse en LEY ORGÁNICA 1/1982.

Un saúdo a todos:
Ricardo Lago Couce

Respostar