Xenealoxia.org 3.0

Propostas e debates sobre o traballo no portal
Respostar
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensaxes: 2256
Rexistrado: 05 Out 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Xenealoxia.org 3.0

Mensaxe por kruzul » 13 Xul 2009, 06:19

Ola:
Como imos a poucos nesta reorganización absoluta que supón esta que chamei Xenealoxía.org 3.0, é que abro este fío ata que remate o proceso.

Fase actual do transvase da vella Xenealoxía.org
Están pasados todas as noticias e todas as liñaxes publicadas. Pero aínda falla terminar de actualizalo código de moitas o que fai que se mostren mal.
Faltan: as seccións de Guerra Civil, Topónimos Xermánicos, Censos e Padróns, Persoas Centenarias, Documentos transcritos, e algúns agrupados en Artigos varios.
Falla tamén a sección de ligazóns por enteiro.

Novidades de esta semana pasada
Reintegrouse Xosé Docampo a Liñaxes, estivemos vendo o novo sistema i o editor utilizado (Etiquetags). Dado que o sistema permite editar de xeito profesional os artigos decidimos parar uns días a edición ata fixar un estilo mínimo de edición para o noso sitio. Para iso vou publicar un cursiño en catro días no que iremos vendo todas as etiquetas e os problemas que nos poden xurdir.

Nesta fin de semana Dinuciña máis eu estivemos arranxando os bloques do Inicio. Tiñamos xa un da web amiga de Fernando López Genealogía Blog , que se actualiza case diariamente con noticias sobre xenealoxía en español. Nel aparecen os títulos das dúas últimas noticias publicadas para ler no seu blog.
Modificamos o bloque de Apelidos de Galicia, e agora no mesmo podemos ver os 9 últimos apelidos incorporados na base de datos.
Creamos un novo bloque de Participación nos Foros, e agora tamén podemos seguir no Inicio as 10 últimas mensaxes entradas nestes foros.
O tempo de actualización de cada bloque varía, por exemplo o destes Foros actualízase cada hora, por eso se publicades no foro non o veredes inmediatamente reflexado.

Mañá máis ;-)

Respostar