Encontro en Pontevedra

Propostas e debates sobre o traballo no portal
Respostar
Avatar de Usuario
Cristina B
Administrador
Administrador
Mensaxes: 1081
Rexistrado: 10 Ago 2005, 09:00

Encontro en Pontevedra

Mensaxe por Cristina B » 17 Set 2012, 18:53

Ola a todos.
O sábado 13 de outubro reunirémonos na praza da Ferraría de Pontevedra. O encontro será ás 16:30 horas na terraza do Bar Carabela se temos bo tempo, ou ben no seu interior.
Desexamos invitar a todos os compañeiros do sitio que poidan concorrer co fin de coñecernos, intercambiar ideas respecto da nosa tarefa común e poñelos ao tanto dun novo proxecto.
Encantaríanos contar coa vosa presenza.

Para os que non coñezan Pontevedra, unha axuda no Google Maps :)
https://maps.google.es/maps/ms?msid=215 ... 47fe&msa=0

Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensaxes: 2256
Rexistrado: 05 Out 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Re: Encontro en Pontevedra

Mensaxe por kruzul » 12 Out 2012, 02:46

Ola: Alí estaremos polo momento, Meiga, Pousada, Dinuciña, Cristina B, Sandraafer e máis eu :) Se cadra van Daniel e Faelo. Vémonos!

Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensaxes: 2256
Rexistrado: 05 Out 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

A crónica do Encontro en Pontevedra

Mensaxe por kruzul » 20 Out 2012, 19:55

Ola a todos, cun pouco de retraso, xa que algúns de nós andivemos por "ahí" eiquí temos unha estupenda crónica feita por Alfonso Pousada, que resume o que foi o encontro do sábado pasado. As fotos son de Cristina.
Encontro en Pontevedra

Este pasado sábado Pontevedra convertiuse no escenario doutra xuntanza dos membros desta gran familia que é Xenealoxia.org. Aínda que moitos dos foreiros asiduos non puideron acoder a esta cita, aos que por suposto se botou moitísimo de menos, si se puido contar coa asistencia de Ricardo (kruzul, chegado a propósito dentre Madrid), Antonio (Dinuciña), Puri (nadir), Jesús Rey, Ana (Meiga), Alfonso (Pousada), Cristina (Cristina B) e Sandra (sandraafer), estas dúas últimas, de visita na terra dos seus devanceiros, arribadas dende a outra beira do Atlántico.
Pontevedra_01.jpg
Jesús, Ana, Lorena, Cristina e Alfonso.
Pontevedra_01.jpg (147.24 KiB) Visto 1464 veces
A quedada comezou pasadas as catro e media do serán, na Praza da Estrela, inmersos nunha interesantísima tertulia café na que se tocaron diversos temas, non sempre relacionados coa xenealoxía (todo hai que dicilo). Foi o prolegómeno dun paseo polas rúas e prazas da cidade, a longo do cal visitaríase o interior da igrexa conventual de San Francisco, contemplaríanse os restos da muralla musealizados na rúa da Serra, a casa de Valle Inclán na intersección das cinco rúas (onde se fixo obrigada a parada tamén na anecdótica e curiosa vivenda do “veciño de Valle Inclán”), o Pazo do Barón de Casa Goda (Parador de Turismo), a basílica de Santa María a Maior e os cimentos da Torre dos Montenegro, recentemente recuperados e postos en valor.
Pontevedra_02.jpg
Ana, Cristina, Puri, Toni e Ricardo.
Pontevedra_02.jpg (243.41 KiB) Visto 1464 veces
Foron moitas as conversas, tanto sobre fíos abertos nos foros, como a crónica política en clave preelectoral, ademáis da posta ao día sobre as vivencias persoais de cada un dos asistentes dende a última reunión (a comezos de ano, tamén en Pontevedra)…, temas que logo se repasarían no último chanzo deste roteiro, xa noutra cafetería, preto da estación de trens. As palabras máis salientabeis e trascendentes foron, con seguridade, as que se dixeron sobre os novos retos e proxectos que axiña enfrontará Xenealoxia.org, despois dun ano de novidades, como é o caso da súa presenza en redes sociais, con contas en Facebook e Twitter, ou a reunificación con Apelidos de Galicia, a fin de acumular sinerxias e economizar investimentos.
Pontevedra_03.jpg
Ana, Puri, Toni, Ricardo, Alfonso e Sandra.
Pontevedra_03.jpg (161.99 KiB) Visto 1464 veces
Son moitas as ideas de futuro para esta web, que requerirán un esforzo se cadra maior ao xa recibido até o de agora, e que van a estar vencelladas de xeito primordial á creación e posta en funcionamento dunha entidade xurídica que garanta a permanencia e continuidade deste espazo cibernético que son Xenealoxia.org e Apelidos de Galicia, e veña a emprestar o seu apoio e impulso a iniciativas coas que se enriquecerá o traballo desenrolado dende estos foros. Así, en breve darase a coñecer ao mundo dita asociación con maior profundidade, toda vez que se den os últimos retoques para a súa oficialización.

Antes de rematar esta breve crónica de ambiente, animar a todos aqueles que ainda non tiveron a oportunidade de sumarse a estes encontros, que traten de asistir a vindeiras xuntanzas (que de seguro haberá ocasión), e agradecer a todos aqueles que, ainda que non poideron estar presentes por un ou outro motivo, si quixeron facer chegar as súas mostras de afecto, nalgún que outro caso, con invitación incluida.

Respostar