Un camiño caído no esquecemento

Topónimos, entidades de poboación, parroquias...
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Un camiño caído no esquecemento

Mensaje por serba »

Diego Frade Amil
Un camiño caído no esquecemento
O autor recupera a historia da ruta comercial e relixiosa que unía as terras do Corpiño e as de Silleda por Ponte
Ese conxunto de "pequenos" nomes de lugar que é a microtoponimia garda infinidade de historias e segredos, agochados en moitos casos trala indescifrable orixe dalgunha destas denominacións. Coma todas as vilas e aldeas de Galicia, a parroquia de Ponte, en Silleda, alberga unha morea destes nomes, de entre os cales nos pararemos nun, a día de hoxe case esquecido: "O Camiño da Feira". Con este nome coñecíase a ruta comercial (e tamén relixiosa) que unía as terras do Corpiño e as de Sillleda ao seu paso por Ponte, deixando como recordo, ademais do nome, numerosas historias e anécdotas.
Como se pode deducir do seu nome, a parroquia de Ponte debe a súa denominación a unha construción erixida para cruzar o bravo río Deza. A antigüidade desta freguesía segue a ser un misterio, se ben sábese que xa aparece mencionada nun documento dun xuízo de comezos do século XIV. [...]
http://www.farodevigo.es/portada-deza-t ... 01979.html
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder