A Mesa pola Normalización Lingüística

Topónimos, entidades de poboación, parroquias...
Respostar
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18298
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

A Mesa pola Normalización Lingüística

Mensaxe por serba » 14 Abr 2015, 09:40

O Ministerio do Interior continúa a deturpar a toponimia nos Documentos de Identidade

Trinta e dous anos despois de que a Lei de Normalización estabelecese como única forma oficial dos nomes de lugar a galega, A Mesa puido constatar como en moitos Documentos de Identidade de recente expedición, a propia policía, que debería velar polo cumprimento da lei, mantén a deturpación e hibridación dos nosos topónimos.
Segundo as queixas recebidas pola Mesa de cidadás e cidadáns afectados, a xustificación que lles daban os funcionarios encargados, é que esas eran as formas que aparecían nas bases de datos do Ministerio do Interior. Aguajosa, Villaframil, ou Quenje, son algúns dos casos recibidos polá entidade en defensa da lingua galega.

Cundís (Cundíns), O Regengo (O Reguengo)
http://www.amesa.gal/wp-content/uploads ... uengo-.jpg

http://www.amesa.gal/o-ministerio-inter ... identidade
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18298
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Bergantiños

Mensaxe por serba » 13 Xul 2016, 11:12

A Mesa volve denunciar unha marea de topónimos incorrectos na rotulación pública de Bergantiños

A Mesa Pola Normalización Lingüística xa identificara 172 topónimos deturpados na rotulación pública en Bergantiños en 2014. Este 2016, despois de percorrer de novo a bisbarra de Bergantiños, a sección bergantiñá do ente, volve denunciar a discutida permanencia de ducias de sinais por toda a bisbarra, cos topónimos castelanizados non oficiais.

http://quepasanacosta.gal/a-mesa-volve- ... ergantinos
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18298
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Ponteceso

Mensaxe por serba » 13 Set 2016, 18:55

Lorena Martínez

O concello de Ponteceso vén de notificar o seu compromiso para correxir os nomes de núcleos de poboación rotulados incorrectamente na sinalización pública despois de que A Mesa pola Normalización Lingüística denunciara hai uns meses a permanencia de ducias de sinais por toda a bisbarra con topónimos castelanizados non oficiais.

http://quepasanacosta.gal/ponteceso-com ... on-publica
Poblada soledad es hoy el mundo.

Sempiterna
Novo
Novo
Mensaxes: 7
Rexistrado: 04 Set 2016, 16:59

Re: A Mesa pola Normalización Lingüística

Mensaxe por Sempiterna » 22 Set 2016, 08:30

Mal imos cando nin as propias institucións, as encarregadas da promoción, difusión, conservación, recoñecemento, etc, da lingua se atopan nas antípodas do cumprimento da lei e do consabido respecto a esta e as tradicións propias dunha terra....

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18298
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

"Barbarización" da toponimia galega...

Mensaxe por serba » 28 Set 2016, 15:55

SANTIAGO. EP

A Mesa esixe que actúe Política Lingüística ante a deturpación de nomes de concellos

Nun comunicado, relata que nomes como 'Pollo' --por Poio (Pontevedra)--, 'Guinzo' ou 'Carballino' --por Xinzo e O Carballiño, en Ourense--, así como 'Jove' ou 'Otero de Rey' --por Xove e Outeiro de Rei, en Lugo-- foron utilizados" para indicar os resultados das eleccións galegas do 25 de setembro.

Ante esta situación, A Mesa reclama a intervención da Secretaría Xeral de Política Lingüística e tacha de "inaceptable" que 33 anos despois da aprobación da Lei de Normalización Lingüística aínda haxa que lembrar que "os lugares de Galicia só teñen unha forma legal e lexítima".

http://www.elcorreogallego.es/portada/e ... ia-1018973
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18298
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

A Mesa pola Normalización Lingüística

Mensaxe por serba » 16 Xuñ 2018, 16:38

denuncia que a Wikipedia non permite os topónimos galegos na súa forma legal e oficial

https://www.amesa.gal/noticias/noticias ... -e-oficial
Poblada soledad es hoy el mundo.

Respostar