Abragán

Topónimos, entidades de poboación, parroquias...
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Abragán

Mensaje por serba »

Rocío Dourado

Abragán é o nome dun lugar de Campelos, na freguesía de Olveira (Ribeira). Nun documento do Tombo de Toxos Outos, do cal infelizmente descoñecemos a data, este topónimo aparece como Abregan, o cal moi probabelmente nos permita explicalo como un antigo (UILLA) AFRICANI, xenitivo dun etnónimo latino AFRICANUS que tivo certa produtividade como antropónimo, tal e como sinalou no seu día o profesor Joseph Piel ao estudar os nomes de posesores latino-cristiáns. Nos concellos do Corgo (Lugo) e A Estrada (Pontevedra) existe tamén o topónimo Abragán, que a documentación medieval permite retrotraer á mesma base etimolóxica. Probabelmente poidamos dicir o mesmo de Portobragán (Ribadeo) [...]

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ba ... 6E2994.htm
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder