Presentación Topónimos de orixe xermánica

Topónimos, entidades de poboación, parroquias...
Respostar
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensaxes: 2237
Rexistrado: 05 Out 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Presentación Topónimos de orixe xermánica

Mensaxe por kruzul » 08 Xul 2005, 04:04

Ola a todos:
Comeza en Xenealoxía.org o proxecto Topónimos de orixe xermánica, que xa ten camiño recorrido da man de Aine, que será quen dirixa o proxecto e moderará este foro de traballo.
Para saber máis do proxecto ver Topónimos de orixe xermánica

Coma sempre toda axuda e colaboración saben a pouco.

Avatar de Usuario
Aine
Editora
Editora
Mensaxes: 141
Rexistrado: 12 Mai 2005, 09:00
Contactar:

Topónimos Xermánicos

Mensaxe por Aine » 12 Xul 2005, 00:20

Antes que nada, desculpas por tardar tanto en respostar. Estes dias non me puiden conectar.


Para comezar direi que teño máis ideas e interese que tempo (cousa mala para facer un traballo ben feito). Por esta razón agradecería unha estreita colaboración cos que teñades interese e datos que aportar ó proxecto. Admítense de bon grado “Colaboradores”. Poida que nestas datas non sexa o mellor momento para o aporte de datos (quen máis quen menos ten uns días de vacacións e festas ás que asistir), tampouco teño a pretensión de completar o proxecto en dous meses, penso que o tema pode dar para moito máis.


A pretensión básica é reunir todos os topónimos (tamén microtopónimos) de orixe xermánico de Galicia. Partindo desta base pódese ampliar o proxecto ou facer outro relacionado coa temática xermana. Os datos que poño, son os básicos: un listado de topónimos e o concello onde podemos atopalos.


Esto pódese ir ampliado con datos que vaiamos recopilando:

1- engadir os topónimos que falten (de seguro que son moitos)

2- engadir os grupos que falten (comenta Lavandal noutra mensaxe que non incluin os que comezan por “Guill-”, non tiña coñecemento deste, seguro que doutros tampouco)

3- parroquia na que están situados

4- apelidos relacionados (neste caso poida que fose boa idea facer un apartado especial para estes apelidos dentro do proxecto “Enciclopedia Apelidos”… EIRIZ, ARGIZ, ALDARIZ, EIMIL, EIRIS, CASTROMIL, ESMORÍS, GÜIMIL, MARIZ, TOIMIL,…)

5- posible significado do topónimo ( dise que “–sende” quere decir camiño ou senda, ¿significaría neste caso que en Fortesende (Ames) houbo un camiño que ía cara unha construcción fortificada? , ¿significa que Friosende (Arzúa) está situado nunha paraxe especialmente fría?)

6- correxir erros ortográficos, de localización ou que en aparenza sexa xermánico e alguén saiba que en realidade ten outra orixe… (os que indico no apartado “Varios” non estou segura que todos teñan orixe xermánico)
...- ...


Non me lío máis por hoxe, espero os vosos comentarios, ideas, suxerencias, xeito de organizar o tema…. Ante todo, gracias polo interese amosado ata o momento.



Un saúdo

Respostar