Investigando os nomes e topónimos xermánicos

Topónimos, entidades de poboación, parroquias...
Respostar
Avatar de Usuario
Aine
Editora
Editora
Mensaxes: 141
Rexistrado: 12 Mai 2005, 09:00
Contactar:

Investigando os nomes e topónimos xermánicos

Mensaxe por Aine » 12 Xul 2005, 23:48

Poida que sexa unha axuda para entender mellor e relacionar os topónimos, nomes e apelidos xermánicos. Deíxovos este enlace:

http://www.keesn.nl/names/index.html


Pequenos apuntes do que conten:

•Listado de nomes e alcumes xermanos nos Países Baixos e Flandes (antes do ano 1150)

•A partires do s. XI os alcumes aparecían a miudo latinizados.

•Os nomes mantíñanse na familia, todos comezaban por a mesma letra ou grupo de letras (Gode, Godgifu…) ou cos elementos intercambiados (Baldwulf, Wuflbald…)

•Costume de poñerlle o nome do avó ó neto (so se o avó estaba morto). Esta é unha costume que se mantivo ata ben entrado o século XX (tamén na nosa terra).


Espero que sexa do voso interese.



Un saúdo

Avatar de Usuario
Aine
Editora
Editora
Mensaxes: 141
Rexistrado: 12 Mai 2005, 09:00
Contactar:

"Maxinando"

Mensaxe por Aine » 12 Xul 2005, 23:57

Agora paso a escribir unha mensaxe “imaxinativa” (unha maneira máis de entender a historia)

Fai tempo, escoitei que para ser historiador hai que ter unha grande dose de imaxinación. Esta é unha cita que define bastante ben esta idea:

"El historiador trabaja con todos los datos en la mano. Su tarea consiste en ordenarlos, habida cuenta de que ese orden no tiene por qué ser siempre el mismo. En la obra del buen historiador se advierte siempre, o se adivina, un componente artístico, algo que acaba remitiendo a las musas, y que quizás sólo sea el resultado de una clase especial de perspicacia, la que permite descubrir relaciones ignoradas, o al menos invisibles, entre los hechos, o inventarlas".

De: BENJAMÍN FLORES HERNÁNDEZ
Departamento de Historia UAA



Todos sabemos que en Galicia era moi normal poñer alcumes á xente (poucas familias se libraron deles)

No enlace que indiquei na primeira menxaxe, no apartado “List”, entrar en “Nicknames”. No listado figuran estes nomes co seu alcume correspondente (indico eiquí primeiro o nome, despois o alcume, significado en galego e por último o meu aporte “imaxinativo”):

•Aven / Albe / branca / ¿relacionado coas nosas poboacións chamadas “Alba”?
•Stephan / Calvi / calvo / ¿algo que ver co apelido Calvo?
•Balduin / Calvus / calvo / ¿relacionado co topónimo Calvos?
•Balduin / Ferrerus / ferro-ferreiro / ¿relacion co topónimo (moi abundante, por certo) Ferreiros?
•Florentius / Crassus / gordo- graxento / ¿podería ser o topónimo Graso?
•Gerard / Longo / alto / no século XXI non é raro que en Galicia alguen teña o alcume de “longo” (é máis longo ca un día sen pan)
•Engelbert / Scathalot / Schathaloch / mal agoiro / ¿puido “Scathalot” rematar sendo pola pronuncia dos paisanos “Escadalote”/ “Escarabote”?
•Eggric / Níger / negro-oscuro / ¿O Negro, Negreira, Negreiros?


Unhas curiosas coincidencias “imaxinativas” en base a estes nomes /alcumes:

Topónimos xermánicos no Concello de Boiro: Escaris, Guilleiro, Hermide, Romaris, e Rosomil (esto quérenos decir que por alí andiveron os xermanos) :wink:

Agora botémoslle imaxinación a estes outros topónimos de Boiro: Escarabote, Ferreiros, Fuente de Mouro e Graso. Vaia!! Parece ser que por Boiro tamén andiveron os tocaios de Engelbert “O Scathalot”, Balduin “O Ferrerus”, Eggric “O Níger” e Florentius “O Crassus”. :D


¿Pura coincidencia? Pode ser, pero non deixa de ser curioso.


(pido desculpas a quenes estas cousas lle parecen pouco serias, teño que recoñecer que non o son. Tamén hai que recoñecer que das tolemias máis grandes tamén se teñen descuberto grandes verdades. Todo pode ser, e se non poder ser, tampouco pasa nada)



Un saúdo

Respostar