Enlaces a nomes germánicos

Topónimos, entidades de poboación, parroquias...
Respostar
Avatar de Usuario
Hilde
Novo
Novo
Mensaxes: 4
Rexistrado: 18 Ago 2005, 09:00
Contactar:

Enlaces a nomes germánicos

Mensaxe por Hilde » 18 Ago 2005, 16:24

Aqui tenho uns enlaces sobre nomes germánicos, muitos som reconhecíveis na toponimia galega e norportuguesa actual:

http://www.koeblergerhard.de/germanisti ... eNamen.pdf

Cumpre ter em conta as modificaçons sofridas, por exemplo: ATHANAGILDUS= Tangil, GULTRICIANUS= Guldrigans, HILDOARA= Ilduara, NANDWIN= Antuim, SALAMIRUS= Samil ...

Graças por iniciar este projecto sobre as esquecidas raíces germanas dos Galegos.
Aconselho-vos que consultedes os Nomenclator das 4 províncias editados há anos polas Deputaçons Galegas, porque o Nomenclator on-line da Junta é mui pobre.
Por exemplo, existe um Saxamonde em Ourense que nom aparesce aí, e muitas mais ausências...
É surprendente ver quantos topónimos existem de orige germánica. Que eram quando se fundarom? Granjas ou aldeias suevas?
Mudando de tema, som poucos os achados arquelógicos da época sueva, mas bastante interesantes, como um colar de ámbar achado em Vigo:

http://www.usc.es/troia/gallaecia/abstr1.html

Bem, espero que entre todos aprendamos mais dos nossos antepassados Suabos, que deixarom a Germánia para converter-se em galegos.
Um Saúdo!

Avatar de Usuario
Aine
Editora
Editora
Mensaxes: 141
Rexistrado: 12 Mai 2005, 09:00
Contactar:

Mensaxe por Aine » 07 Set 2005, 23:42

Moitas gracias polo enlace de nomes xermanicos. Tamén tomo nota de "Saxamonde"


Á túa pregunta: "Que eram quando se fundarom? Granjas ou aldeias suevas?"

Posiblemente non se poida xeneralizar, de seguro que cada nome de lugar ten unha historia distinta. Unhas poboacións fundaríanse nada máis chegar e haberá outras que se fundaron séculos máis tarde (estas últimas levarían nome de orixe xermano sendo os seus moradores xa galegos). Tamén haberá casos nos que a aldea se asentara nunha zona ou leira que xa tiña nome xermano (o cal "adoptaría"). Con seguridade que algunha das poboacións comezou coa única casa do "señor" e máis adiante fóronse facendo casas darredor.

¿Cal dos topónimos corresponde a cada caso? Complicado sabelo (por non decir case imposible na maioría dos casos)


Un saúdo e gracias pola túa aportación.

Avatar de Usuario
Aine
Editora
Editora
Mensaxes: 141
Rexistrado: 12 Mai 2005, 09:00
Contactar:

Mensaxe por Aine » 11 Set 2005, 21:41


Respostar