Boiro

Topónimos, entidades de poboación, parroquias...
Responder
Avatar de Usuario
Aine
Editora
Editora
Mensajes: 141
Registrado: 12 May 2005, 09:00
Contactar:

Boiro

Mensaje por Aine »

LAVANDAL escribió:BOIRO (A Coruña) Boiro (Santa Baia) Boiro
BOIRO (A Coruña) Boiro (Santa Baia) Boiro de Arriba
INCIO, O (Lugo) Reboiro (Santa María) Reboiro
PORTO DO SON (A Coruña) Miñortos (San Martiño) Boiro
SAN XOÁN DE RÍO (Ourense) Medos (Santa Mariña) Arboiro
VILALBA (Lugo) Goiriz (Santiago) Reboiros


PARROQUIAS:
BOIRO (A Coruña) Boiro (Santa Baia)
INCIO, O (Lugo) Reboiro (Santa María)


CONCELLOS:
gordito escribió:Cal é a etimoloxía do topónimo?
maviac escribió:Con respeito á etimoloxía de Boiro o que podemos dicir hoxe é que derivará dunha palabra xermánica Burio ou Borio que significaría recinto fechado, pequeno curral para gando. Esa e proposta que fixo J. M. Piel, filólogo alemán que adicou nos anos 50 e 60 moitos estudos á toponimia galego-portuguesa e o recolle F. Cabeza Quiles nos sus libros: Os nomes da terra e Os nomes de lugar.
Cumprimentos.
LoisDelhe escribió:Nom esqueçades:

BOIRO (lugar da freguesia de Cecos, concelho de Íbias, Terra Eu-Návia, Astúrias), junto com Folgueiras de Boiro na mesma freguesia.

Com a mesma origem, ou variante da anterior:

BÓURIO (lugar da freguesia de Tol, concelho de Castro Pol, Terra Eu-Návia, Astúrias).
Aine escribió:Desto si que non tiña nin idea, de tódalas maneiras parece que non está clara a etimoloxía de Boiro, hai quen di que pode vir de “Bouro” (bo ouro) e quen di que pode vir de “Burio” (tribu sueva).

Como curiosidade, se Boiro procede de “Burios”, con máis razón deberían proceder estes outros topónimos:

En Coruña:
Buría (Camariñas)
Saburín (Santa Eufemia do Monte-Toques)

En Lugo:
O Buriz (Guitiriz)
Buriz (Muras)
Besteburiz (Ourol)

Eu deixaríao como dudoso de momento (a ver se alguen aporta máis datos)




LoisDelhe, de momento preténdese facer un listado de topónimos galegos (anque sempre se pode ampliar...por suposto).

Gracias a todos pola información



Seguen as opinións sobre como enfocar o proxecto dos topónimos xermánicos (que nada ten que ver con Boiro, tema orixinal) en:

http://www.xenealoxia.org/modules.php?n ... pic&t=3351
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Mensaje por maviac »

Vendo os topónimos recollidos, creo que éste: Saburín (Santa Eufemia do Monte-Toques) debe excluirse da relación de topónimos xermánicos, pois creo que debe ser un derivado dun nome composto sobre Sapor, Saporinus, probablemente e é latino, neste caso.
Cumprimentos.
Avatar de Usuario
Aine
Editora
Editora
Mensajes: 141
Registrado: 12 May 2005, 09:00
Contactar:

Mensaje por Aine »

Tomado nota...¿pensas que os demáis sí poden ter relación cos "Burios"?
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Mensaje por maviac »

Ainé, aquí son eu quen se sinte un pouco perdido. Non puden comprobar pola miña conta a existencia dos Burios como unha fracción dos suevos. Enton non sei que dicir acerca da posibilidade de que teñan deixado pegada na toponimia. De calquera xeito a miña opinión é negativa porque un grupo determinado (chamémoslle fracción ou tribu) pode deixar a sua memoria nominando un cantón, ou unha bisbarra, pero teño a impresión de que no caso dos bárbaros que entraron no século V, isto no se deu deitando unha ollada aos pobos xermánicos visigodos, francos, Burgundios, etc. que poden ter deixado o seu nome a paises ou rexións como conxunto Francia, Borgoña, pero non lembro exemplos de grupos ou fraccións que teñan feito o mesmo. Os topónimos Boiro ou derivados aparecen moi dispersos por iso creo que é preferíbel derivalos do nome cumún hipotético (a palabra burio ou borio) que a membros dunha tamén suposta tribu.

Cambiando de exemplos, con Buriz, Besteburiz, non sei que dicir, mais que nada porque parecendo nomes xermánicos non teño idea a estas alturas dos nomes de persoa que poden ter orixinado estes topónimos e non creo que se formaran sobre palabras comúns xermánicas como Boiro ou Loiba, Lobios, etc.
Avatar de Usuario
Aine
Editora
Editora
Mensajes: 141
Registrado: 12 May 2005, 09:00
Contactar:

Mensaje por Aine »

Estou por pensar que tiven un pequeno erro de interpretación :oops: Os Burios son tribu ou pobo xermano, parecidos ós Suevos.

"De las costumbres, sitios y pueblos de la Germania

XLIII. No son menos poderosos (53) los Marsignos, Gotinos, Osos y Burios, que cierran por las espaldas los Marcornanos y Cuados (54). De los cuales los Marsignos y Burios se parecen a los Suevos en el traje y lengua.

(54) Es casi seguro que ocupaban los Marignos una parte de Silesia, y, los Getinos, a su derecha. Los Osos debían ocupar una parte de Galitzia y quizá una parte de la alta Silesia y las mencionados en último lugar las cercanías de lo que luego fue Moravia."
Avatar de Usuario
Aine
Editora
Editora
Mensajes: 141
Registrado: 12 May 2005, 09:00
Contactar:

Mensaje por Aine »

É pouco probable...pero non sería tan raro que uns cantos "Burios" viñeran acompañando ós Suevos e acabaran asentándose en Lugo (Guitiriz, Muras e Ourol están moi preto) e Coruña (Toques e Camariñas non quedan tan lonxe unha de outra)

Cando falamos de xermanos en Galicia, falamos de familias que se asentaron en zonas concretas e deron nome a aldeas ou lugares moi pequenos (en realidade as súas posesións). Outro tema son pobos enteiros que deron nome a comarcas, rexións ou países. No caso galego, falamos de reducidos grupos de xente, non do pobo enteiro (se os xermanos deran nome á rexión ou zona na que viviron, hoxe Galicia chamaríase "Suevia" ou algo semellante).

De tódalas maneiras é algo que supoño e non ten nin por qué acercarse a realidade (é algo que me parece ten unha certa lóxica)


Pola miña parte o tema "segue no ar" (eu que sei!...que sei eu!...)
Responder