Ferrol

Topónimos, entidades de poboación, parroquias...
Respostar
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensaxes: 1313
Rexistrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Ferrol

Mensaxe por Milleiro » 08 Mar 2003, 16:07

Ola a <a href="mailto:tod@s" target="_new">tod@s</a>,

Lonxe da problemática do uso linguístico da toponímia, do que me considero un defensor da actual legalidade vixente (SÓ EN GALEGO), quería plantexar unha reflexión para todas aquelas persoas que usan estas formas para se referir a Ferrol: O Ferrol /El Ferrol. Nengunha das duas é a correcta, a forma anterior a 1936 foi Ferrol. Escreber este topónimo co artigo, tanto en castelán como en galego, ten para min un cheiro fascistoide.
Talvez algún de vos teña outro tipo de información ou quera acrecentarme máis información ao respeto.

Apertas

Xavier

Avatar de Usuario
lumebóo
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensaxes: 129
Rexistrado: 03 Feb 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol

Ferrol

Mensaxe por lumebóo » 08 Mar 2003, 17:50

Ola Milleiro:

Dá-me a impresión de que acabas de abrir a caixa dos tronos.
Estando de acordo contigo no de que os nomes de lugar da Galiza “so en galego”, que por outra parte penso é a norma legal, un astra estaría disposto a dicir “en Galiza só en galego todo”; ainque que isto xa sería outro tema de máis larganza. Pero o que me parece desmedido é que por dicir “El Ferrol” alguén teña que cheirar a fascistoide.

Primeiro, porque a maor parte da xente de fóra do país pensa sinceramente que é así como se chama a cidade, e se sorprenden moito cando se lles explica que non é tal. Aínda que hai persoas que utilizan a forma có artigo só para amolar, igual que o fan coa Coruña; pero a estes con chamar-lles ultranacionalistas casteláns xa abonda. Aínda máis, hai galegos que, pensando na corrección da súa escrita, consignan O Ferrol.

Segundo, porque existen documentos e publicaciós moi anteriores á II República que consignan El Ferrol/O Ferrol e non poden ser sospeitosos de fascistas. Por exemplo, xornais socialistas, etc.

Terceiro, porque a orixe do nome desta cidade é un dos máis controvertidos no que respeita ás etimoloxías dos topónimos galegos; non habendo certidume da súa procedencia nen de se o artigo é-lle propio ou engadido. De todas formas a inclusión dun artigo non ten significación ideolóxica nengunha sempre que non se faga, expresa ou tácitamente, como aldraxe.

Co gallo de ilustrar algo isto, adxunto un parágrafo do estudo "Toponimia Gallega y Leonesa", de Moralejo Lasso, 1977, onde se aborda sucintamente este problema (o autor tolera a existencia dunha forma en español dos topónimos galegos):

“Hay, además, topónimos con artículo que he llamado problemático en sus formas gallega y castellana o adaptada, porque no se trata ya de un artículo debido a una falsa percepción como los que acabamos de examinar (fai referencia ao parágrafo anterior, onde comenta o nome A Mahía/La Mahía, Amahía/Amaía, de Amaaea.), pero tampoco vemos su razón por no ser ya evidente la significación originaria que lo motivó. Me fijaré en dos tan importantes como son La Coruña o A Coruña y O Ferrol o El Ferrol, que también se oyen y escriben a menudo sin artículo......
....... En Ferrol parece cierto que tenemos el reflejo del genitivo Ferreoli de Ferreolus, nombre de un santo que va unido en su vida y martirio al de San Julián, titular de la iglesia principal de la ciudad, y que pasó luego a topónimo, aunque la transición no sea fácil de explicar. Por primera vez aparece así en un documento del año 1087 y en la frase “per terminos de sancto Juliano de Ferrol”. Para el artículo ha pensado el autor citado en nota y seguido en estos datos, en un posible empleo de dominus/domnus por sanctus y confusión en un posible * Domferrol del dom con el do gallego, igual a “del” castellano, por considerarse dependiente aquél de villa, ecclesia u otro apelativo semejante: todo lo cual pudo tener lugar para acabar en O Ferrol o El Ferrol (83)......
........ Volviendo, en fin, sobre las grafías de todos estos topónimos conviene, desde luego, revisarlas en relación con su fonética y, a ser posible, con su etimología sin descuidar, naturalmente, los usos tradicionales en cada uno. Deben llevar el artículo gallego correspondiente, separado o unido según la costumbre de sus grafías, ya que las variaciones podrían alterar o desfigurar la imagen gráfica de aquéllos en que se introdujesen; pero habría que considerar particularmente los provistos de artículo aparente o falso y quizá devolverlos a sus formas anteriores sin aislar o separar el supuesto artículo, así como también los posibles efectos del bilingüismo y del desdoblamiento de la articulación, de los últimos párrafos (reférese a casos como Las Santas/As Antas, As Sinas/Las Sinas, etc.), a fin de precaverlos y quizá inclusive restaurar igualmente los topónimos en sus formas propias, si no han arraigado ya las nuevas como para hacerlo difícil o imposible (8<IMG SRC="images/forum/icons/icon_cool.gif">.

(83) Sobre Ferrol, C. TORRES, En trono al nombre y origen de El Ferrol, en “CEG”, XV, 1960, 143 y ss. Estudio bien documentado y razonado. Es de notar que el uso de Dom-/Don- por San, corriente en Francis (Dompierre, Domremy) .... no está claro en Galicia, donde no sabemos si en topónimos como Danalbán, Donfreán, Donramiro el Don- es de santidad o bien de señorío. Por lo demás en el supuesto * Donferrol de influencia francesa y acaso cluniacense (cf. Damfriol por Domfriol, como pone el autor, en GRÖHLLER, ob. cit. II, 415) podía eliminarse fácilmente la m ante la fricativa f. Mas en todo caso el artículo está subordinado al paso del nombre personal a topónimo.....

(8<IMG SRC="images/forum/icons/icon_cool.gif"> Los topónimos Grove, Golada y Ferrol se repiten con o sin artículo en aldeas y caseríos de Galicia y el tercero también fuera......

Saúdos. Lumebóo


[ Esta mensaxe foi editado por: lumebóo on 08-03-2003 17:56 ]

Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensaxes: 2256
Rexistrado: 05 Out 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Ferrol

Mensaxe por kruzul » 08 Mar 2003, 21:19

Ola Xavier e Lumebóo:
Eu como ferrolán que son, concordo totalmente co que dí Lumebóo. Na lingoaxe coloquial dos ferrolans é común o uso das distintintas formas: El Ferrol, O Ferrol, del Ferrol, do Ferrol, etc. sen ningunha connotación, nin que ninguén repare neso. Mesmo en cancións populares "del Ferrol".

Eu mesmo ainda fai pouco, correxindo un texto dubidaba se poñerlle a "O", visitei a web do concello para sair de dúbidas.

Derivar que por non expresar un topónimo dacordo coa lei vixente pode ser síntoma de determiñada actitude en xeral, paréceme totalmente desmesurado, máxime nun contexto como o deste foro, que eu sí me atrevería a calificar de amigable.


Saúdos:
Ricardo Lago

Avatar de Usuario
Per
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensaxes: 450
Rexistrado: 03 Dec 2002, 09:00
Ubicación: Lugo

Ferrol

Mensaxe por Per » 10 Mar 2003, 04:14

Hola a Todos.
Coido no que atinxe a liberdade individual cada un podese expresar como lle pete, dentro do respeuto debido a cada endeviduo, é tratando ante todo do desexo de aportar informacion é que esta sexa comprendida po lo maior número de persoas interesadas no tema a tratar (neste caso a Xenealoxia). Pero o feito PARTICULAR, é un sentido, froito do Consuetudinario é do fámiliar, e persoal, fora do uniformalismo do Imperativo Legal é mediatico (base aldraxante de supostas patrias, nacionalidades é estados). E tamen impòrtante o feito particular de cada comarca é rexión que compoñe a Galiza a que non creo sexa "unha unidade de destiño no universal" A Galiza é un conglomerado de povos, razas misturadas, Falares é sobor de todo individuos con aspiracións de ser persoas livres. Na Xenealoxia, é a Linaxe (como saga é tradición familiar) a patria é nazon principal do home, como feito sublimado de afirmación persoal. O demais segun o meu parecer son estructuras de poder é oprovio Un Saudiño.

[ Esta mensaxe foi editado por: Per on 10-03-2003 11:50 ]

Avatar de Usuario
veremudus
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensaxes: 253
Rexistrado: 23 Out 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Ferrol

Mensaxe por veremudus » 12 Mar 2003, 15:32

- Ola a <a href="mailto:tod@s" target="_new">tod@s</a>:

- Certamente hai unha tendencia por parte de moita xente de empregar o artigo /O/ (ou /El/ -en castelán-) para se referir ó concello ou á cidade. Pero, no idioma coloquial e cotián usado pola xente de Ferrol e cercanías, xa sexa por falantes de galego ou castelán, o normal ven sendo prescindir do artigo.
Fóra desta circuntancia, a forma normativizada e popular dende antigo ven a ser FERROL, sen artigo (e "sen Caudillo" -perdoade o "chascarrillo"-).

- Dende a perspectiva da investigación histórica e filolóxica, non se coñece ningún texto anterior ó s. XVII no que se empregue o artigo anteposto para se referir á, daquela, vila e concello de Ferrol. Os textos anteriores dende a Idade Media, xa en latín, xa en galego, ou xa en castelán, nunca antepoñen o artigo.
Posiblemente, e non pasa de ser unha mera suposición miña, o crecemento de Ferrol a partir do s. XVII, e moi sensiblemente no s. XVIII, incidiu no desempeño dos oficios de escribáns, rexedores, alcaldes, etc. por parte de persoas alleas á zona e, en moitos casos, alleas a Galicia, que comenzaron a antepoñer o artigo ó topónimo. Tamén, debemos ter en conta que é precisamente no s. XVIII cando nas fórmulas dos protocolos e documentos atopamos unha hiper-utilización do artigo /el/, incluso para referirse a persoas.

Pois nada, un saúdo.

P.D.- Para MILLEIRO:
Estimado amigo, como verás non pode ser admitido como proba histórica nin filolóxica, nin ven a ser certo, o teu comentario de que o topónimo FERROL, sen artigo, fose o que utilizaban denantes do a. 1936. E o asunto do "cheiro fascistoide" poderás comprobar que non ten ningún senso neste caso. Un saúdo.

[ Esta mensaxe foi editado por: veremudus on 12-03-2003 15:35 ]
 

Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensaxes: 1313
Rexistrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Ferrol

Mensaxe por Milleiro » 22 Mar 2003, 05:47

Ola a <a href="mailto:tod@s" target="_new">tod@s</a>,
Efeitivamente, estaba nun erro en relación ao que pensaba sobre o uso do artigo anterior a 1936. Revisando un documento de 1819 da Real Audiéncia de Galiza, atopei-me que se fai mención a un Manuel Boado y Vázquez "Ministro de la Real Hacienda del Ferrol y residente en dicha localidad".
O que non entendo é porque se na fala emprega-se o artigo, non se admite legalmente no nomenclator oficial, supoño que será pola explicación de Veremudus sobre uso cotián dos ferroláns na sua fala ou talvez polo que expón Lumebóo sobre a orixe incerta do topónimo.
Graciñas a todos polos vosos comentários
Apertas
Xavier

Avatar de Usuario
lumebóo
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensaxes: 129
Rexistrado: 03 Feb 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol

Ferrol

Mensaxe por lumebóo » 23 Mar 2003, 15:39

Ola a todos:

Como se deixa ver en todos os comentarios que se verteron neste foro, parece evidente que a orixe do topónimo Ferrol é obxecto de controversia e, por tanto, de varias teses.

No Nomenclator da Xunta inclúen-se os lugares chamado así no noso país:

CARBALLO Rus (Santa María) Ferrol
FERROL Esmelle (San Xoán) Ferrol
NARÓN San Xosé Obreiro Ferrolana, A
ORTIGUEIRA Mera de Abaixo (Santiago) Ferrol Vello
XOVE Rigueira, A (San Miguel) Ferrol

Desta lista debemos depurar A Ferrolana, en Narón, que ten orixe nunha tenda, que aínda existe, fundada no seu momento presumiblemente por unha oriunda de Ferrol, e que era parada de coches de liña, ultramarinos, cartería, estanco, etc.; e tamén Ferrol, en Esmelle, que é un topónimo de recente creación e aplicado a un terreo a partir de que uns veciños da cidade de Ferrol se instalarán nel para pasar o verao, e éstes o "rebautizaran" có nome en cuestión.
Non cabe dúbida de que este mecanismo de creación de topónimos entra dentro do que se puido dar históricamente; mais non son utilizables para o tema plantexado neste debate.

Dos outros tres que quedan, e máis os que poida haber fóra de Galiza, había ser interesante coñecer a súa etimoloxía; porque podería botar luz para a interpretación do que aquí se está discutindo. Para iso teríamos buscar documentación antiga (medieval, cecais) onde puidesen aparecer formas anteriores do nome ¿non si?.

Saúdos. Lumebóo


[ Esta mensaxe foi editado por: lumebóo on 23-03-2003 15:45 ]

Avatar de Usuario
Per
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensaxes: 450
Rexistrado: 03 Dec 2002, 09:00
Ubicación: Lugo

Ferrol

Mensaxe por Per » 24 Mar 2003, 07:21

Na parroquia de Santa María de Carballo, atopase o Lugar de FERROL, donde asimesmo esta a capela de SAN FERREOL por certo amigos internautas muy abogoso pras hemorroides, pois alí se atopa un penedo con virtudes curativas. Tamen e ben pertiño pasa unha ruta de peregrinación dos chamados Camiños Marítimos a San Yago.

Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensaxes: 244
Rexistrado: 04 Xul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

FERROL na Rigueira, en Xove

Mensaxe por LAVANDAL » 11 Xul 2005, 15:01

Para os máis estudosos podo suxerir que se queren investigar sobre o topónimo FERROL, na parroquia da Rigueira, no concello de Xove, buceen na historia do Mariscal Pardo de Cela. Nese lugar tiña un pazo, polo menos os seus descendemtes, que aínda existe. Nos documentos antigos aparece sempre Ferrol, sen artigo, e por aquí nunca o oín nomear con artigo.

Por outra banda, moi cerca de alí, nas fragas de Rúa, no concello de Cervo, unha das ladeiras que baixa ao rego do Xunco chámase Ferrolas (a outra Madriñán), non sei se terá algo que ver...

Avatar de Usuario
veremudus
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensaxes: 253
Rexistrado: 23 Out 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Mensaxe por veremudus » 16 Xul 2005, 00:54

- Ola a todos:
- Con tódolos meus respetos, ... pero poñéndolle pegas ó comentario anterior.
* Dubido MOITO que a historia do mariscal Pardo de Cela ou das súas posesións podan arroxar máis luz sobre o topónimo, fóra de sumar un caso máis para o índice de coincidencia toponímica. O mariscal viviu no século XV, namentras o topónimo FERROL (da actual cidade) xa se documenta a finais do século XI ...

Avatar de Usuario
Aine
Editora
Editora
Mensaxes: 141
Rexistrado: 12 Mai 2005, 09:00
Contactar:

Ferrol / Ferroi

Mensaxe por Aine » 16 Xul 2005, 01:39

Podería ser que tivese algo que ver con "Ferroi" (en Guntín-Lugo e en Allande-Asturias).

Xa se sabe que pronunciamos (ou decimos) de forma diferente certas palabras (onte / ontes, cadril / cadrís, Galiza / Galicia...).


¿Sabe alguén dende que data está documentado "Ferroi" (Ferroy /Ferroi)?

Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensaxes: 244
Rexistrado: 04 Xul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

ACLARACIÓN

Mensaxe por LAVANDAL » 20 Xul 2005, 14:54

Evidentemente a vida do Mariscal non nos vai dar ningunha pista. Eu só me refería a que en documentos relacionados coas súas pertenzas e as dos seus herdeiros aparece citado o topónimo de Ferrol. Trátase, claro, de documentos bastante antigos, que creo poderían axudar a aclarar cal sería a forma máis correcta, dependendo de como apareza escrito.
Era nada máis un apuntamento para indicar onde se podía atopar ese determinado topónimo en documentos antigos.

Un saúdo.
Última edición por 1 o LAVANDAL, editado 21 veces en total

Avatar de Usuario
Ctainc
Novo
Novo
Mensaxes: 3
Rexistrado: 18 Ago 2006, 09:00
Ubicación: Narón
Contactar:

O artigo no topónimo de [O/El] Ferrol

Mensaxe por Ctainc » 19 Ago 2006, 22:34

Xa vexo que a custión do artigo ten quedado algo aparcada neste foro. Nembargantes quixera faxer un pequena aportación por si é dalgunha axuda:
Na documentación que custodia o Arquivo Naval do Cantábrico (C/María, 224, Ferrol), atópanse documentos do século XIX da administración naval (Departamento ou Apostadero Marítimo de Ferrol) que empregan a expresión "El Ferrol". E tamén nalgúns do século XVIII. Polo tanto, o emprego do artigo é ben anterior os desgraciados feitos do 36.
Aproveito para comentar que o Arquivo Naval do Cantábrico (antes Arquivo Xeral da Zona Marítima do Cantábrico) conserva documentación da recentemente extinta estructura territorial da Armada española nas costas do noroeste da peninsua. Un bloque maioritario do século XX (algunhas partes inda suxeita a reserva administrativa), outro do XIX e moi pouco do XVIII. O tramo principal vai desde o derradeiro terzo do XIX ó XX. É un arquivo de fase intermedia, pero conserva algunhos fondos que xa se poden considerar históricos. Para consultar os fondos máis antigos do Departamento ferrolán (ss. XVII a primeira metade do XIX) téndevos que dirixir ó Archivo General de Marina "Álvaro de Bazán", sito en El Viso de Marqués (Ciudad Real), que é o arquivo de fase histórica do Subsistema Archivístico de la Armada.

Avatar de Usuario
caurel
Mozo
Mozo
Mensaxes: 47
Rexistrado: 14 Ago 2006, 09:00
Contactar:

Mensaxe por caurel » 24 Out 2006, 23:59

Craso error, amigo mío¡¡

después de la guerra le pusideron el "apellido" del Caudillo, pero antes de 1936 ya era El Ferrol (en gallego O Ferrol). Te puedo enviar una lista con cientos de documentos en que aperece El Ferrol, ya en -por ejemplo. el siglo XIX-, sin ir más lejos tenemos la gran obra de la Historia de El Ferrol, de Arostegui? (no me acuerdo muy bien del autor).

Lamarles fascistas a los que emplean EL FERROL demuestra tu desconocimiento e intolerancia.

Un salud dende O Caurel.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18299
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Burgoa y Aracil estudian la 1ª mención de Ferrol (1087)

Mensaxe por serba » 14 Nov 2014, 09:32

Burgoa y Aracil estudian la primera mención de Ferrol en el siglo XI
Juan José Burgoa y Carlos de Aracil vuelven a colaborar en un estudio histórico, que en este caso tiene como eje la investigación sobre el nombre de Ferrol. Editan una separata con un artículo que publican en el Anuario de Estudios Mindonienses con el título “La primera mención histórica del nombre de Ferrol: el documento de 30 de marzo de 1087. En él analizan un texto del siglo XI que originalmente pertenece a la Colección Diplomática del monasterio de San Martiño de Xuvia, en donde aparece citada la iglesia de San Julián de Ferrol. Lo mencionan numerosos autores pero en el trabajo de Burgoa y Aracil reproducen por primera vez dos copias diferentes, del siglo XVIII, conservadas en el Archivo Histórico Nacional y en la Real Academia de la Historia.
El doctor en Filología Románica y catedrático emérito de Lengua Española por la Universidade da Coruña Álvaro Porto Dapena colaboró en el estudio del documento, que se refiere a una escritura de venta de unos terrenos pertenecientes a la iglesia de San Mariña do Vilar. Permite además conocer un interesante repertorio de toponimia de lugares próximos, tal y como se llamaban en el siglo XI, y ayuda a delimitar parroquias como la de San Julián de Ferrol, península entre las ensenadas de Caranza y A Malata, rodeada por tierras de los monasterios de San Martín de Xuvia, al este, y de Santa María de Sobrado, al oeste.
http://www.diariodeferrol.com/articulo/ ... 06835.html
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18299
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

En el siglo XI Ferrol ya se llamaba así

Mensaxe por serba » 17 Nov 2014, 17:48

Ramón Loureiro | Ferrol
El documento en el que aparece por vez primera el nombre de Ferrol es del año 1087. Y lo publican ahora, íntegro, en Estudios Mindonienses, los investigadores ferrolanos Juan Burgoa y Carlos de Aracil. Se trata de un documento de venta, alusivo a propiedades situadas en Santa Mariña do Vilar que incluyen desde tierras y árboles hasta incluso los ornamentos sagrados del templo, como los cálices. Y en verdad se trata de un documento muy hermoso, este en el que Ferrol aparece citado por vez primera al mencionarse los lindes de la venta («...per terminos de Sancto Iuliano de Ferrol...») y en el que se anota, por cierto, que el templo de Santa Mariña está bajo el castro del Vilar. [...]
El templo de Santa Mariña aparece en el documento. César Toimilhttp://media.lavozdegalicia.es/scale.php?i=/default/2014/11/17/0012_201411F17C3F1jpg/Foto/F17C3F1.jpg&w=300px http://www.lavozdegalicia.es/noticia/fe ... 7C3991.htm
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18299
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Burgoa y Aracil estudian la primera mención de la “villa de Ferrol”

Mensaxe por serba » 18 Mai 2017, 09:37

La revista “Nalgures”, editada en A Coruña por la Asociación de Estudios Históricos de Galicia, publica en su último número (tomo XII, correspondiente a 2016) un nuevo trabajo de los historiadores ferrolanos Juan José Burgoa y Carlos de Aracil que lleva por título “Fundación del monasterio de Pedroso el año 1111. Primera mención documentada de la Villa de Ferrol”.

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ ... 90012.html
Poblada soledad es hoy el mundo.

Respostar