Apelido Carballada

Procuras sobor de apelidos ou temas relacionados
Responder
Invitado

Apelido Carballada

Mensaje por Invitado »

Busco a orixe do apelido Carballada, radicado en Bóveda (Lugo). Xa escoitei dúas teorías diferentes. Unha fai referencia á súa orixe toponímica, debido á existencia dun lugar chamado Ponte da Carballada, en Martín-Bóveda, mais xa teño lido a tese de que é a galeguización dunha linaxe chegada a Bóveda no s. XVII dende Francia. ¿Cal será a verdadeira? <IMG SRC="images/forum/icons/icon_confused.gif">
Avatar de Usuario
irmandinos
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 117
Registrado: 13 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Moeche
Contactar:

Apelido Carballada

Mensaje por irmandinos »

Na Enciclopedia Galega Universal, di: " Linaxe que trae como armas en campo de sinople, un brazo armado, movente do flanco sinistro, empuñando un alfanxe da súa cor".
Como podes ver no da máis datos sobre o seu orixe, pero tampouco aparece ningún toponimo Carballada. O que si aparece e o toponimo e apelido Carballeda ou Carballal.
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Apelido Carballada

Mensaje por Milleiro »

Na Grande Enciclopédia Galega ven o mesmo que dá o Cruzul, engade ademáis que é un apelido galego.
Desde a miña modesta opinión está clarísima cal é a sua orixe, é probábel que sexa unha derivación da verba Carballeda.
O mellor xeito de procurar a sua orixe é a elaboración da árbore xenealóxica. Posibelmente chegues ao século XVII e cun pouco de sorte até o XVI.
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Apelido Carballada

Mensaje por kruzul »

Ola:
Eu non atopei nada máis do esposto por Irmandinos e Milleiro, nin tan siquera o topónimo.
Sería bon se poideses contribuir coa tese da linaxe chegada a Bóveda, é decir explicala, quen a fixo...
Invitado

Apelido Carballada

Mensaje por Invitado »

No Arquivo do Reino de Galicia tan só hai unha referencia ó apelido Carballada:

RESULTADO: Examinados os catálogos dos fondos documentais da Real Audiencia de Galicia e da Audiencia Territorial da Coruña, unicamente atopamos, no catálogo de "particulares", un rexistro con información sobre o apelido solicitado":

Signatura: 18152/31

Asento: Pedro Carballada con Bartolomé de Villaboa y consortes, sobre pago en virtud de sentencia arbitraria.

Data: 1597

Saúdos
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Apelido Carballada

Mensaje por Milleiro »

CARBALLADA

Etimoloxía.- De carballo: lugar povoado de carballos.
Lugares.- Non atopamos topamos topos
Distribución.-
Província da Coruña: 6 rexistros
Província de Lugo: 30 abonados, a maior parte no concello de Monforte de Lemos.
Província de Ourense: 3 rexistros
Província de Pontevedra: 4 abonados
En Portugal para “Carvalhada”: Non atopamos
Familias.- ¿?

HERÁLDICA
Liñaxe.- De orixe galega
Pedras Armeiras.- En campo de sinople, un brazo armado, movente do franco sinestro, empuñando unha alfanxe da sua cor.

Bibliografía.- Enciclopédia Galega, Diccionário Xerais, Telefónica da Galiza e Telecom de Portugal
Comentário persoal.-
Autores.- Xavier Milleiro
Avatar de Usuario
carballada
Novo
Novo
Mensajes: 1
Registrado: 23 Feb 2002, 09:00
Ubicación: Nigrán
Contactar:

Apelido Carballada

Mensaje por carballada »

O lugar chamado Ponte da Carballada non aparece como topo no Nomenclator da Xunta mais sí é coñecido así polos veciños do lugar, en Martín (Bóveda). Trátase dunha "ponte de pedras" sobre un regato preto da casa orixinaria dos Carballada. Outra cousa é saber o que foi antes: o ovo ou a galiña.
Debido á escaseza deste apelido eu tamén penso que pode ser unha variante de Carballeda, moito máis común, aínda que na páxina de Araldis (tenda on-line de heráldica) venden o escudo e a historia do apelido ca teoría da liñaxe chegada de Francia, pero descoñezo os detalles.
Outra posibilidade que explique a rareza do apelido pode ser simplemente a emigración. Velaí vai o desglose de aboados das compañías telefónicas co apelido Carballada: (fonte: Infobel)

Arxentina: 35
Estados Unidos: 16
Uruguai: 4
Canadá: 3
Puerto Rico: 3
Venezuela: 1
Cuba (sen datos)

España: 158, dos que en Galicia hay 81
A Coruña: 12
Lugo: 53
Ourense: 6
Pontevedra: 10

Barcelona: 24
Madrid: 12

Chau
Responder