Páxina 1 de 1

Caamaño e Sicambre

Publicada: 29 Mar 2005, 01:36
por gordito
Segundo lin na sección dos apelidos, o dos Caamaño lexendariamente procede do príncipe Sicambre, bisneto do último Rei dos troiáns, que desembarcou en Galiza e deu orixe a este apelido.
Gostaríame saber algo sobre a orixe desta lenda ¿Existe bibliografía sobre ela? ¿É xenérica do apelido, ou dalgunha das súas liñaxes?
Da antigüidade atribuída no artigo deduzo que é anterior ó topónimo da comarca de Noia, e máis ben causa que efecto, pero penso que unha vez aparecido o topónimo este debeu xerar a súa vez o apelido ¿estou no certo? ¿Existe documentación ó respecto?.
Gracias polo voso tempo. Saúdos.

Publicada: 29 Mar 2005, 10:37
por Milleiro
Ola Gordito,

Eu son o autor dese artigo que tirei da GEG. Das lendas que hai sobre as orixes dos apelidos é mellor non fiarse. Porque case todas proceden da imaxinación dalgun xenealoxista de turno.

Un saudo

Xavier

Lendas

Publicada: 29 Mar 2005, 22:02
por gordito
Dábao por suposto,pero desde logo é unha historia interesante (cómo a dá suposta fundación de Noia por Noé, tan curiosa coma improbable).
O meu interés responde a historia en si, non coma crónica familiar.
Nos séculos donde dignifica-la propia liñaxe era unha labor case tan importante coma edificar torres ou pazos xurdiron belos relatos coma os dos amores da sirena Dona Marina e un cabaleiro arousán para fundar a liñaxe dos Mariño, ou este mesmo do que falamos, que hasta agora descoñecía. Tendo presente a súa natureza non estrictamente histórica, son unha importante parte do noso patrimonio cultural, unha sorte de mitoloxía de escasa difusión.
Botareille unha ollada á G.E.G.