Güimil e Cascallar

Procuras sobor de apelidos ou temas relacionados
Responder
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Güimil e Cascallar

Mensaje por Milleiro »

ME GUSTARÍA CONOCER LOS ORIGENES DE MIS APELLIDOS:

GÜIMIL
CASCALLAR

Juan Güimil
GUIMIL.IMPORTAC@terra.es
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Mensaje por maviac »

Sobre Güimil, a orixe e toponímica, claramente. O problema é que o único lugar con ese nome que coñezo está no Sul de Ourense encanto que os portadores do apelido na actualidade están mais ben na provincia da Coruña. Isto faime pensar nalgún microtopónimo que teña orixinado este grupo de apelidos e que non figura no nomenclátor actua. Non é o primeiro caso en que acontece así. O nome do lugar provén dun posesor de onomástica xermánica: eu creo que Gualamirus. Así, có tempo, de villa Gualamiri derivaría a Güimil.

Sobre Cascallar, apelido que aparece concentrado especialmente no concello de Caldas de Reis e a sua contorna, Eu penso que a orixe ten que provir tamén dun topónimo Cascallar ou Cascallal (sitio no que hai pedra desfeita misturada con area....). O problema e que non coñezo un lugar que se chame así en Caldas, os que aparecen no nomenclátor son de zonas distantes, afastadas. Por iso me pergunto se non haberá na microtoponimia de Caldas un lugar dese nome que non figure no nomenclator da Xunta.
Locomotoro091
Novo
Novo
Mensajes: 3
Registrado: 20 Nov 2015, 15:04

Re: Güimil e Cascallar

Mensaje por Locomotoro091 »

Asunto apelido Cascallar. Na miña familia decíase que procedía da zona de Noia, Ares, Mugardos. Pertenzo a parte de Caldas. Pero todos xurden do mesmo membro vido de fora.
Responder