Peña

Procuras sobor de apelidos ou temas relacionados
Responder
Avatar de Usuario
keizersdream
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 311
Registrado: 07 Nov 2002, 09:00
Ubicación: Amsterdam

Peña

Mensaje por keizersdream »

Estoy buscando mas datos encuanto al apellido Peña. El Peña que tengo en la familia viene de la parroquia de Rutis en Culleredo. Es este apellido Gallego?

Xosé
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

apellido Peña

Mensaje por Milleiro »

Ola Xosé,Se buscas en calquer libro de heráldica diran-che que o apelido é de orixe castelá...seica é de Burgos. Unha coisa que pode abraiar é o feixe de persoas que levan este apelido en Galiza. Isto debe-se a que os Peña galegos deben o seu nome a unha castelanización (forzosa, está clara) da palabra galega PENA. Existen centos de topónimos con este nome (PENA) no País Galego. Outro xeito de atopar o apelido é Dapena ou Da Pena.
Imos ver a distribución que acredita que o apelido "Peña" en Galiza é de orixe galega:

PEÑA ou "DE LA PEÑA (da Pena)":
Província da Coruña: 229 abonados
Província de Lugo: 133 abonados
Província de Ourense: 117 abonados
Província de Pontevedra: 169 abonados
En Portugal coa grafia "Penha": Moi espallado no país irmão.


PENA ou DA PENA:
Província da Coruña: 1329 abonados
Província de Lugo: 415 abonados
Província de Ourense: 79 abonados
Província de Pontevedra: 442 abonados
En Portugal: moi espallado


DAPENA:
Província da Coruña: 63 abonados
Província de Lugo: 38 abonados
Província de Ourense: 49 abonados
Província de Pontevedra: 93 abonados
En Portugal: 3 rexistros


O apelido Pena/Da Pena/Dapena/Peña/de la Peña é un das que maiores orixes diversas ten dado na Galiza.


Unha aperta


Xavier
Avatar de Usuario
lumebóo
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 128
Registrado: 03 Feb 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol

apellido Peña

Mensaje por lumebóo »

Ola Milleiro:

Polo ben do noso creto, penso que non podes facer afirmacións tan categóricas como a que expós.


Ben sabemos todos das deturpacións e castracíóns do noso patrimonio lingüístico: da nosa toponímia, dos nosos nomes e apelidos; máis non creo que se poda dicir que todos os Peñas veñan dunha castelanización forzosa. Eu coñezo algunhas persoas apelidadas De la Peña, residentes en Pontevedra, que son oriundas de Valencia de Don Juan (León).
En calquera caso habemos ter que falar de casos concretos dependendo da liñaxe específica da que estéñamos falando. E, se así o dicimos para os máis, tamén o habemos ter que aplicar a nós mesmos.


Velaí a diferenciación indispensable entre ideoloxía e ciencia; por máis que eu particularmente poida estar cento por cento de acordo coa túa xenreira a respeito deste tema.


No caso particular de keizersdream teríamos que ir á liña xenealóxica documentalmente probada para sabermos de onde procede, e non hai máis.


Resumindo, pode haber Peñas procedentes de Penas e pode-os haber auténticos orixinarios de Castela, ¿non si? E a mín, os libros de heráldica, merécen-me o creto xusto, punto.


Saúdos e adiante


Lumebóo
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

apellido Peña

Mensaje por Milleiro »

Ola Lumebóo,

Tes toda a razón do mundo, mas estou xeralizando. Isto é un foro onde moitos de nós non somos expertos. Non discuto que existan Peñas de orixe foránea. Pero ao ver os 700 abonados de primeiro apelido existentes no noso país co apelido PEÑA...dubido moito que teñan a meirande parte orixe en Castela.


Talvez estea trabucado, mas penso que moitos dos PEÑA toman o seu apelido de topos chamados PENA...estou completamente convencido porque van na mesma sintonia que o resto dos apelidos que lle ten acontecido o mesmo como por exemplo o apelido Otero.


Unha saudiña


Xavier
Avatar de Usuario
lumebóo
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 128
Registrado: 03 Feb 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol

apellido Peña

Mensaje por lumebóo »

Ola Xavier:

Vale home, se eu non quixen desautorizar a túa opinión nen nada polo estilo. Simplementes trato de dar o meu punto de vista.


Ademáis eu, cecais aínda son menos experto que ti, pero ese non é o tema. Ben sei que eses 700 abonados inclinan a pensar no que ti dis; pero unha cousa é que seña como ti pensas (e o caso Otero ilustra abondo a túa sospeita, e mesmo a miña), e outra é que caso por caso póidamos aseverar unha tese ou outra, nada maís.


Trátase, penso eu, de intercambiar opinións e de mellorarmos todos na medida do posible. Eu non estou nunha competición e penso que o resto tampouco. Non nos pagan por isto.


Máis, por riba de todo está a cuestión que plantexa kreizesdream, que é o que ven ao caso e, se cadra, non tanto as especulacións que póida argallar eu ou calquera outro.


Neste caso, se se tiveran máis datos, cecais se podería averiguar algo (tampouco quere dicir que o garante). Eu teño algunhas informacións de Rutis-Vilaboa (Culleredo) e de Paleo (Carral), e se kreizersdream facilita-se datas ou outro tipo de indicios máis concretos cecais puideran coincidir cos meus.


Unha aperta.


Lumebóo


[ Esta mensaxe foi editado por: lumebóo on 06-01-2003 16:18 ][ Esta mensaxe foi editado por: lumebóo on 06-01-2003 16:20 ]
Avatar de Usuario
irmandinos
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 117
Registrado: 13 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Moeche
Contactar:

apellido Peña

Mensaje por irmandinos »

Eu pola miña parte, manteño os apelidos tal como os recollo nos documentos, e teño "de la Peña" en 1724 e tamén "Pena" no 1756, non son da mesma rama, ainda que si veciños os dous de Moeche.Na miña familia teño unhos antepasados que foron "Soto", dúas xeracións "Souto" e as seguintes hasta a actualidade voltaron a ser "Soto".
Tal vez os escribáns e cregos teñan algo que ver nos cambios dos apelidos, pero non serei eu quen de saber cal e o bó.
Avatar de Usuario
keizersdream
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 311
Registrado: 07 Nov 2002, 09:00
Ubicación: Amsterdam

apellido Peña

Mensaje por keizersdream »

Lumebóo,

Lo únicos datos que obtengo de unos actos en este momento son de Doña Rafaela Peña(natural de Rutis, Culleredo) y de Don José Ramí­rez (natural de Coruña). Creo que tendran que haber nacido entre 1.815 - 1.820, suponiendo que se habran casado entre los 21 y 25 años. Ellos tuvieron un hijo que se llamo Alejandro Ramí­rez Peña y tuvo que haber nacido en el año 1.844 ó 1.845. En estos actos mencionan que es natural de Pedralba y en otros de Benavente, territorio de Zamora. Alejandro Ramí­rez Peña se casa en La Coruña con Josefa Barreiro Carballo. Estos son los datos que tengo en este momento.


Un cordail saludo,
Xosé


[ Este mensaje fue editado por: keizersdream on 07-01-2003 05:59 ]


[ Este mensaje fue editado por: keizersdream on 07-01-2003 15:04 ][ Este mensaje fue editado por: keizersdream on 20-01-2003 14:55 ]
Avatar de Usuario
Per
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 448
Registrado: 03 Dic 2002, 09:00
Ubicación: Lugo

apellido Peña

Mensaje por Per »

Non sei dos vencellos das linaxes dos Pena, Peña de de la Peña, nembargantes creo que poidan tratar de fámilias distintas é de orixe diverso, coido que como acontece a outras linaxes, forma parte dun apelativo "Mote" así atopo unhos señores do coto de Pena en Cota, (friol) da linaxe dos Prado ( vencellados os ascendentes do marqués de Hombreiro) brasonaran como Peñas ou Penas (castelo sobor de penedos) achegandose o estremo de conservar ó Mote Topónimico (Pena) é perdendo ó apelido fámiliar (Prado) caso ben distinto acontece a os donos do fermoso pazo barroco vilego no casco vello Vilalbes, donde ó Castelo sobre penas acompañado de estreliñas defíne os De la Peña da misma maneira que os oriundos de terras de Lalín.
Avatar de Usuario
Per
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 448
Registrado: 03 Dic 2002, 09:00
Ubicación: Lugo

apellido Peña

Mensaje por Per »

PENA, DAPENA DA PENA.

No arquivo da Granxa de Cambados proceden os datos de Gregorio da Pena que casou con Beatriz Fernández sendo pais de Gregorio da Pena, que matrimoniou con Beatriz Gonzalez, sendo país de Gregorio da Pena Salnés o que se lle deu sepultura o ano de 1623 na feligresía de Santa Mariña de Dozo en Cambados, que casara con Constanza Prieto. Asimesmo e segun Ocáriz, houbo menbros da familia Pena en Sevilla.


PEÑA.


Procedentes de distintas casas: Cambados, Vilanoba de Arousa, Santiago de Compostela, de Bretoña (Peña Montenegro), casa de Maside (carballiño). No catalogo de Basanta, saen os seguintes:
D. Bartolomé de la Peña Betanzos 1516; D Diego de la Peña, Coruña 1551; D. Hernán de la Peña, D. Juan de la Peña, D. Rui de la Peña, de Montaos en 1522 y 1602; D. Juan de la Peña, Cea en 1599; D. Rodrigo de la Peña, de Valadouro en 1555. outros Peña de Vigo pasaron o novo reino de Granada.


Como se ve, tanto os Pena, Peña, Dapena, de la Peña, de Pena, son linaxes distintas é diversas, indiferentes do idioma que se empregue con igual nobreza sexa dunha maneira ou doutra, a cada un como lle peta. Pois nembargantes é mais importante a propia fámilia que as supostas Nacións ou nacionalidades.
Clovis Manoel Pena
Mozo
Mozo
Mensajes: 43
Registrado: 21 Nov 2007, 08:48

Re: apellido Peña

Mensaje por Clovis Manoel Pena »

Estimado Per:
Vivo en Brasil. Mi abuelo GONÇALO PEÑA REY (o GONZALO, no se) nació año 1894 en VIGO. Hyjo de Manuel Peña (o Manoel) y Maria Ventura Rey. Abuelo Gonçalo emigró solo hasta Brasil con edad 14 años.
BUSCO INFORMACIÓNES PARA ENCONTRAR PARENTES EN VIGO O PROXIMO.
Pido ayuda para saber direcciones donde investigar: archivos, investigadores, departamentos de municipio, escuela, ..... Creo que debo investigar apellidos Peña Rey (provables hermanos de Gonçalo) entre 1890 y 1970.
Muchas gracias clovispena@terra.com.br Clovis Manoel Pena
Vivo en Brasil.
Busco direción y e-mail de familias o personas de apelido PENA REY. Mi abuelo Gonçalo Pena Rey hijo de Manuel Pena y Maria Ventura Rey, emigró de España a Brasil próximo 1910.
clovispena@terra.com.br C. Manoel Pena
Responder