Aneiros

Procuras sobor de apelidos ou temas relacionados
Responder
Anonimous

Aneiros

Mensaje por Anonimous »

Soy una gallega emigrada, y busco el origen del apellido Aneiros.

Gracias por cualquier información.

Mi mail es <a href="mailto:andurinha@ono.es" target="_new">andurinha@ono.es</a>
Avatar de Usuario
lumebóo
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 128
Registrado: 03 Feb 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol

¿Mepodeis ayudar?

Mensaje por lumebóo »

Ola Invitada:

Benvida, porque supoño que es a andurinha que se deu de alta como membro hoxe ¿non si?

Eu non me decato ben se ti queres saber a orixe etimolóxica da palabra "aneiros", se desexas coñecer a procedencia do apelido Aneiros en xeral, ou se o que procuras son as raíces xenealóxicas do teu apelido. Por favor, especifícao.

Se é o primeiro caso, non che podo responder neste momento, xa que tería que buscar en algunhas fontes.

Se for o segundo, hei-che dicir que hai lugares chamados así e, por tanto, isto apuntaría a unha orixe toponímica do mesmo.

Se estiveramos no último caso terías que aportar algún máis dato para sequer orientar-te algo. Este é un apelido bastante extenso, sobre todo na comarca de Ferrol, onde hai moreas de familias que portan Aneiros. Porque na parroquia de Serantes, do concello de Ferrol, hai mesmo un lugar chamado así.

Saúdos. Lumebóo

[ Esta mensaxe foi editado por: lumebóo on 30-01-2003 20:38 ]
Responder