Romero Figueroa en San Xulián de Beba, Muros

Investigación de xenealoxías
Xalleira
Mozo
Mozo
Mensajes: 29
Registrado: 14 Mar 2015, 18:03

Romero Figueroa en San Xulián de Beba, Muros

Mensaje por Xalleira »

Estou á procura de información sobre a ascendencia de Andrés Antonio Romero de Rioboo, quen foi Procurador Xeral da Xurisdicción de Xallas a finais do século XVII e primeiros do século XVIII. Seus pais eran da parroquia de San Julián de Beba, en Muros: Gerónimo Romero Figueroa e Dominga Gómez de Rioboo.

Andrés Antonio causo con Isabel Gómez de Rioboo o 31 de marzo de 1699. Foron velados o 8 de xuño de 1699, case tres meses despois da voda. Non o sei seguro, pero tiña entendido que esas "misas de velacións" posteriores a un casamento facíanse para regularizar casamentos celebrados sen ter obtido a tempo as preceptivas dispensas (?). Esto faime pensar que Isabel Gómez de Rioboo leva os mesmos apelidos que Dominga Gómez de Rioboo, nai de Andrés Antonio, o que suxire un parentesco.

Calquera axuda será moi oportuna.
Responder