Miguez

Investigación de xenealoxías
Cerrado
Avatar de Usuario
Milcuentos
Mozo
Mozo
Mensajes: 37
Registrado: 13 Mar 2004, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Miguez

Mensaje por Milcuentos »

Na segunda metade do século XVI, un Pedro Miguez foi rexedor de Ferrol. Estivo vinculado á casa de Serantellos por matrimonio. Casou duas veces pero quedou sen descendencia.
Fixo vínculos dos seus bens no fillo doutro Rexedor de Ferrol: Antonio Arias/Ares Domínguez y en Don Juan de Montojo (que despois herdaría a súa filla Xoana Pardo).
Avatar de Usuario
veremudus
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 241
Registrado: 23 Oct 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Mensaje por veremudus »

- A ver, a ver, ... Milcuentos, imos máis amodiño.
- Certamente no referido ó rexedor de Ferrol Pedro Míguez a cousa é parecida a como ti dis, se ben pertence ó s. XVII e non ó XVI (que supoño foi un desliz da tecla), pero ...: ¿De onde sacas que emparentou coa Casa de Serantellos por matrimonio?, e para ser máis exactos, ¿A qué liñaxe te refires cando falas da Casa de Serantellos?.
Que eu saiba, e corríxeme si me equivoco, o rexedor Pedro Míguez c. en 1ªs. nupcias c. María de Lago e en 2ªs. nupcias con Dª. Melchora de Neira e Mandiá. Do primeiro matrimonio houbo oito fillos e dúas fillas, pero ningún sobreviviu ó seu pai e finaron sen descendencia. Do segundo matrimonio, de que se saiba, tampouco houbo descendencia.
De tódolos xeitos, o que non vexo eu é que pinta a Casa de Serantellos en todo isto.
Avatar de Usuario
Milcuentos
Mozo
Mozo
Mensajes: 37
Registrado: 13 Mar 2004, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Mensaje por Milcuentos »

Ben, sintoo polos erros que ti comentas. Lieime coa casa de Serantellos por escribir de memoria. (Por certo, entendo pola casa de Serantellos a que está frente o que foi colexio "London")

So engadir algún dato novo "arredor" de Pedro Míguez por si a alguén lle puidera interesar. (ARG. Real Audiencia. LEG. 25986/53)

Era fillo de Pedro de Mougá, veciño de Ferrol, mareante, que finou arredor do ano 1634.
Irmás de seu pai eran
1. María Pérez de Mougá, casada con Pedro de Cobas, veciños de San Martín de Cobas)
2. Juan de Mougá, veciño de San Martín de Cobas en 1601 .

O rexedor Pedro de Mougá, coma ti dis casou dúas veces:
1. Con María de Lago
2. Con Melchora de Neira e Mandiá.

Non queda deles descendencia e fai vínculo dos seus bens no seu sobriño Juan de Montojo (descoñezo si é sobriño de sangue) e en Antonio Arias Domínguez (irmá da súa muller Melchora de Neira). (AHN da Coruña Notario Domingo Fernández Orol; protocolo 160 do ano 1674)

Juan de Montojo cederá o vínculo a súa filla Dona Xoana Pardo, muller do Capitán Don Jacinto Pardo de Lama e Cela. ((AHN Domingo fernández Orol; prot. 122, ano 1674).

A verdade é que sinto unha grande curiosidade polo apelido "Mougá". E si alguén quere aportar algún dato sería interesante.

Saúdos.
Avatar de Usuario
veremudus
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 241
Registrado: 23 Oct 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Mensaje por veremudus »

- Ola MILCUENTOS e a todos:
- Pola Casa de Serantellos entendo o Pazo dos Valerio (en Serantellos, S. Salvador de Serantes, Ferrol), efectivamente case fronte ó Colexio "London", con muro e cercado de ferro na súa parte dianteira e onde nu lateral se atopa empotrada unha pedra armeira co brasón dos Valerio.
- Sobre Pedro Míguez, rexedor de Ferrol no s. XVII, escribín algúns datos xenealóxicos relacionados no foro do apelido ARES/ARIAS, que moi acertadamente iniciaches ti mesma nesta páxina.
- Por certo e por curiosidade. ¿Estás segura de que Pedro de Mougá, pai do rexedor Pedro Míguez, finou no a. 1634?.
- Un saúdo.
Avatar de Usuario
Milcuentos
Mozo
Mozo
Mensajes: 37
Registrado: 13 Mar 2004, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Mensaje por Milcuentos »

Ben, segura non, por suposto. Limítome a transcribi-los datos que atopo nos documentos que cito e todos sabemos que hai moitos erros.

Non podo garantir que sexa o pai xa que son testemuñas as que o din e a min, persoalmente pareceríame máis doado que fose o avó.
Nun dos documentos que cito, tamén nomean a outro Pedro de Mougá, ademáis deste que fina arredor de 1634, e antecesor dos que pleitean, falescido hai máis de 100 anos (arredor de 1596 xa que o documento é de 1696).

Non sei... as datas e os nomes que se repiten, sempre son complicados de manexar, non é?

Saúdos.
Lola
Cerrado