Pazo de Brandeso

Investigación de xenealoxías
Responder
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Pazo de Brandeso

Mensaje por Milleiro »

1ª PARTE

Esta familia, orixinaria de San Lourenzo de Brandeso no concello de Arzúa, iníciase coa unión de Gonzalo Montero e Elvira de Villar preto de mediados do sé culo XVI. O seu neto Fernán Montero, Procurador de Número da Real Audiencia, casou con Iné s de Villar y Aguiar no ano 1600. Xuntos fundaron unha capela coa advocación da Inmaculada Concepción á que vincularon tódolos seus bens en 1635, nomeando como sucesor ó seu sobriño Bartolomé Montero, xa que non tiveran descendencia. Bartolomé, que finou en 1666, casou con Francisca do Mosteiro, continuando así a s relacións coa Casa de Rial, da que procedía Elvira de Villar. Foron pais de Gr egorio Montero, que casou con Josefa Pimentel de Sotomayor. O primeiro finou en 1708 e a segunda en 1706. Ámbolos dous foron administradores da Casa de Vilar de Ferreiro s, á que pertencía Josefa, o que foi motivo de diversos preitos. Xa que non tive ron descendencia, nomean como herdeiro ó seu sobriño Pedro Montero Figueroa. E fillo de Pedro Montero, tamén chamado Pedro Montero ou Pedro Cospeite, casou c on Josefa Nogueira y Temes preto de 1668, iniciando as relacións coa chamada Cas a de Santiago, afianzadas co matrimonio do seu sucesor, Gonzalo Montero Nogueira , con Juana de la Barrera Castrillón. Neste parentesco baseouse Pedro de Cisneros, Conde de Ximonde, para iniciar anos despois un longo preito polo morgado de Brandeso. Os problemas sucesorios iniciaranse cos seus netos, Antonio del Villar y Montero y Andrés Javier de Villar y Montero que morren sen sucesión, extinguíndose así a liña dos Montero. Por esta razón, para continuar coa sucesión, tenemos que retrotraernos a Isabel Montero Figueroa, filla dos mencionados Bartolomé Montero e Francisca do Mosteiro. Un dos seus descendentes, Juan José de Neira y Prado (1748-1814), foi o suces or no vínculo de Fernán Montero. Casou en 1766 con Luisa Ángela Vázquez Montenegro, entrando p or este matrimonio na familia o vínculo de Barazón. O seu fillo, Juan Manuel de Neira (1770-1812), casou con Mª Vicenta de la Torre Saavedra en 1798, quen incor pora o vínculo fundado polos seus antecesores: Ribadeza en Ponte Ulla e o patrimonio e regalías dos Torre: Vista Alegre, Vilariño e Remisil. Sucede nos morgados Ramón Neira y Torre (1802-1867), casado con María de las Nie ves Flórez García e un dos seus fillos, Gerardo Neira y Flórez, nado en 1839, ca sou con Eugenia Gasset y Artime, entroncando coa familia Gasset, última das casa s incorporadas á familia.

1734: - . Andrés Caxide contra Gregorio Montero por posesión de rend as no lugar da Barrera, en San Lourenzo de Brandeso. Incompleto - 1734. De Juan Ares Aveledo con Domingo Antonio Rapela e Bernardo do Rial, por bens no lugar do Rial en Santo Estevo de Pantiñobre

1799: - . Entre Fernán Montero e o rector de San Lourenzo de Brandeso, s obre o lugar do Igrexario e pago de renda polo foro realizado ó primeiro - 1773. Entre Gregorio Montero e Elena de Araujo, muller de Francisco de Seoane, sobre bens dotais e rendas - 1799. Entre Juan José de Neira e Juana de Porras Calderón, sobre pago de alime ntos e aplicación dunha contribución extraordinaria. Acompaña: correspondencia

1803: - . Entre o mosteiro de San Martiño de Santiago e Fernán Montero polo lugar dos Monteros en San Lourenzo de Brandeso. Copia simple dun preito de 1633 - 1803. Juan José de Neira contra Pedro Douro, por venda fraudulenta do monte de Ponte Vilar en San Lourenzo de Brandeso. Acompaña: escritura de arrendamento de 1714 e expediente de legalización de documentos (venda realizada por Pedro Dour o) de 1803


CASA DE SANTIAGO
A historia familiar podemos comezala posiblemente a mediados do século XVI con Gregorio Vázquez de Sequelo e Margarita Picada, veciños de Santiago de Compo stela, que adquiriron de foro do Mosteiro de Sobrado unha casa en Fonte Cequelos . Tiveron por fillos a Juan Picado ( procurador de causas da Audiencia Arcebispal de Santiago de Compostela, que otorgou testamento en 1611) e Marcos Picado (este herdou o foro da Casa de Fonte Cequelos). Juan Picado casou con María de Seoane e tiveron cinco fillos, entre eles destaca remos a María de Seoane e Margarita Picado. María de Seoane casou con Gerónimo Fernández de Toubes (ou Temes) en 1577. Este finou en 1628 (era fillo de Gerónimo Fernández de Toubes e María Campaña/Campana . A súa filla Catalina Fernández de Temes (vive na segunda metade do século XVII ) casou con Felipe Nogueira y Temes e teñen a Josefa Nogueira (morta en 1711) que entronca c oa Casa de Brandeso polo seu casamento con Pedro Montero Cospeite en 1687. O fil lo destes, Gonzalo Montero y Nogueira, casou con Juana de la Barrera Castrillón. A outra filla mencionada, Margarita Picado, casou con Gabriel López de Sandá; ti veron seis fillos, entre eles Catalina Luaces que casou con outro membro da Casa de Brandeso, Juan de Otero (fillo de María Montero). Catalina e Juan de Otero tiveron varios fillos, entre eles Micaela e Catalina de Otero y Luaces: Micaela de Otero y Luaces, veciña de Santa Eulalia de Oza. Estableceu no seu tes tamento que os seus bens quedaran para o seu sobriño, Juan Sánchez Vaamonde, par a a Capela de Nosa Señora do Pilar de Zaragoza, en Santa Susana de Santiago, fun dada polo seu sobriño. Catalina de Otero y Luaces casou en 1666 con Gregorio Sánchez Vaamonde. Fixeron vínculo dos seus bens e tiveron por fillos, entre outros, a Juan Sánchez Vaamond e ( coengo de Santiago de Compostela e arcedián de Nendós, foi o que herdou as p ropiedades da súa tía Micaela e os vínculos dos seus pais, amais de vincular o oficio de procu rador de número e diversos bens en Santa María de Sar, San Fructuoso de Santiago , Portomouros, etc, tamén adquiriu as lexítimas das súas irmás).Nomea como suces or ó seu sobriño, Francisco de la Barrera. Morreu preto de 1720. Outra filla de Catalina de Otero y Luaces e Gregorio Sánchez Vaamonde foi Margar ita Sánchez Vaamonde, casada con Blas de la Barrera y Castrillón, que tivo catro fillos e unha delas volve entroncar coa Casa de Brandeso. Trátase de Juana de l a Barrera, descendente dos señores de Mondoñedo, que casou con Gonzalo Montero y Nogueira. A información obtívose da documentación pois non atopamos información bibliográfica.
NOTA: Este subfondo abrangue un periodo cronolóxico que vai desde o ano 1500 ata o 1805, pero son os séculos XVII e XVIII os mellor representados. Aínda que a sección de Xenealoxía, títulos e vínculos inclúe tres series (destac a a de Cartas executorias de fidalguía) e se conserva o Arquivo individual de Ba rtolomé Nogueira (cunha única serie) é a de Patrimonio a máis importante polo se u volume e continuidade temporal ( neste aspecto destacamos as escrituras de compravenda, f oro, arrendamento e permuta, os expedientes de partición de herdanzas e os exped ientes de testamenterías).

CASA DE RIAL
Gregorio do Mosteiro, con testamento de 1594, foi veciño de Santo Estevo de Pantiñobre, no actual concello de Arzúa. Fundou o morgado da Casa do Rial. No s eu testamento tamén instituiu unha capela en San Vicenzo de Burres, coa advocaci ón do Bo Xesús, á que vinculou o lugar e casa do Rial, nomeando como patrono ó seu fillo Pedro. Casou con Margarita de Caxide ou Aldonza Monteiro ou do Rial (as noticias son confusas), con testamento de 1567. Sucédelles o seu fillo Pedro do Mosteiro, primeiro sucesor no vínculo. A este de beríalle suceder o seu neto Gonzalo Puñal Mosteiro e, no caso de non ter fillos, o seu segundo fillo Gómez Mosteiro. Foi escribán de número da Audiencia Arcebis pal de Santiago de Compostela e capitán. Casou con María Precedo y Figueroa, coa que ti vo a Francisca e a Marina do Mosteiro. A súa filla Francisca Mosteiro casou con Bartolomé Montero preto de 1609. A súa irmá Marina Mosteiro casou con Andrés Montero, irmán de Bartolomé, tamén preto d e 1609. Con estas unións enlazan coa Casa de Brandeso.
NOTA: Este subfondo abrangue un periodo cronolóxico que vai desde o ano 1531 ata o 1634, pero é máis abundante a do século XVI. Únicamente se conserva documentación de Patrimonio, tanto constitutiva de título de propiedade (destacan polo seu volume as escrituras de compravenda e os preit os), como de administración da propiedade (tamén polo volume detacan as escritur as de arrendamento).


CASA DE VISTA ALEGRE
Trátase dunha familia de antigo asentamento na zona de Santiago de Composte la e na Ponte Ulla no concello de Vedra. Principian os nosos datos con Juan Ferreiros casado con Dominga Gómez, que foron veciños de Santa Baia de Araño, en Rianxo. Teñen por fillos a outro Juan de Fer reiros, veciño de Laíño, casado con Dominga de Figueroa. O seu fillo, Juan de Fe rreiros Figueroa, casa con María de la Torre, con testamento de 1681, que foi a que ache gou á familia o apelido que se conservará nela ata o século XIX. Esta era filla de Pedro de la Torre, que construiu a casa de Sar, e de Inés de Mourillo. Sucédelles o seu fillo Andrés Ferreiros de la Torre, veciño de Santa María de Sa r, alcalde e xustiza de Santiago de Compostela e administrador de bens e rendas do Priorado de Sar. Casou con María García e fundaron o vínculo de Vista Alegre, localidade da Ponte Ulla. Tiveron varios fillos, pero o que segue o vínculo é outro Andrés Ferreiro de la Torre, morto en 1765, que casou con María Antonia Gil Gutiérrez en 1708. Herdou o vínculo e os cargos do seu pai amais de incorporar, polo seu matrimonio con Ma ría Antonia Gil, o vínculo de Ribadeza, co que incorpora esta casa e os seus bens, entre out ros o oficio de alguacil maior da Santa Cruzada de Compostela. Prosegue a liña en Francisco Nicolás de la Torre y Gil, que casou en 1737 con Ma ría Josefa Mosquera y Novoa, que achega as casas de Saa e Remisil. O seu fillo, Juan Francisco de la Torre y Mosquera, morto en 1814, foi dono das Casas de Saa, Remisil, Ribadeza e Vista Alegre, e casou con María del Socorro Saavedra, filla dos señor es da Casa de Magulán e do couto de Oínes. Finalmante, Manuel María de la Torre y Saavedra, nado en 1785, casou con María J osefa de Leis Varela, pero ó non ter descendencia pasaron as súas propiedades á súa irmá, María Vicenta de la Torre y Saavedra, casada con Juan Manuel de Neira y Vázquez, dono do Pazo de Brandeso.
NOTA: Este subfondo abrangue un periodo cronolóxico que vai desde o ano 1562 ata o 1868, pero especialmente destaca polo seu volume a documentación xerada no séc ulo XVIII. Xunto coas casas de Remisil e, sobre todo, Brandeso, é a única que ten documenta ción da sección Organización e arquivo. Conta con Catálogos, Extractos e Relació ns de documentos dos séculos XVIII e XIX. A sección de Xenealoxía, titulos e vínculos está amplamente representada. Destac aremos dous libros tumbo (das casas de Remisil e Saa, conservados pola casa de V ista Alegre trala súa fusión ou incorpación) e un número importante de árbores x enealóxicas (catorce documentos). Na sección de Patrimonio os diferentes tipos de escrituras seguen tendo gran imp ortacia polo seu volume (especialmente as de compravenda e arrendamento) pero ad quiren gran importacia os diferentes tipos de expedientes (ademais da grande can tidade de preitos, salientaremos os expedientes de rateo, de testamentarías, de partición de herdanzas, de posesión. Oito institucións conforman a sección de Padroados e Obras Pías (algunhas delas das casas incorporadas á de Vista Alegre, como Remisil ou Saa e Vilariño). As seccións dos diferentes Arquivos individuais son as máis voluminosas, xunto c oa de Patrimonio, e de grande importancia para o estudio de varios oficios públi cos, como o de alguacil maior do Tribunal da Santa Cruzada de Compostela, recept or de 2º número da Real Audiencia, rexedor perpetuo de Compostela, escribán, e tamén de f uncións privadas como a de administrador das rendas do priorado do Sar.

5ª PARTE
Fillo de Pedro López Mosquera, o Vello, e Isabel Ordóñez. O seu nome completo era Pedro López Mosquera de Sotomayor. A súa relación con Margarita Rodríguez non acabou en matrimonio, pero tivo con ela catro fillos.
Entre as súas posesións estaban a casa e rendas de Vilariño; posteriormente compra a terceira parte da xurisdicción e montes comúns do couto de Vilariño, o lugar da Pousa, con vasalos, servicio de luctuosa e demais dereitos xurisdiccionais. Adquiriu tamén a lexítima que lle correspondía a súa irmá Clara. Da súa irmá Juliana herdou a granxa de Sadornín.
No ano 1606 tomou posesión dos coutos de Casandulfe e a Seca por doazón que lle fixera Juan de Andrade Sotomayor.
Trala morte de seu irmán Ares, fíxose a partición dos bens de Vilariño, Saa e Gomariz entre os irmáns. Unha vez feita, agrupou todo o couto de Vilariño.
No ano 1629 fundou vínculo da casa e coutos de Saa, Sadornín e Vilariño, nomeando sucesores ós seus fillos naturais; en primeiro lugar a Pedro e despois a Juan.
Asinou testamento o 26 de xaneiro de 1629. Morreu no ano 1637 e foi soterrado en San Mamede de Canda.


6ª PARTE
Josefa Pimentel Sotomayor actuou como administradora desta Casa por ausenci a do seu pai e irmáns en América, concretamente no Reino do Perú, cargo que tamé n exerceu o seu home, o que orixinou litixios á volta dos propietarios. Tamén ho ubo diversos litixios no cumprimento do testamento de Josefa.

CASA DE SA E VILARIÑO
Gutierre González Mosquera, que casou con Inés Pérez Dalbán, señora das Casas de Albán, Lueda, Castelo, Porcatón, etc. O seu fillo Ares Mosquera foi señor de diversas casas: Godás, Vilariño e Saa, entre outras, e casou con Violante Mosquera e con Beatriz Ordóñez. Continuo a liña o fillo de Violante, Antonio López Mosquera, que casou con Beatriz López Fandiño da casa de Goianes. Sucedeulles nas Casas outro Antonio López Mosquera, o Vello, morto en 1578, que casou primeiro con Antonia de Araujo e despois con Isabel Ordóñez, morta en 1604. A partir de aquí complícase a sucesión porque o fillo da primeira muller, Ares Mosquera, aparece como señor de Vilariño, pero tamén atopamos como tal ó fillo da súa segunda muller, Pedro López Mosquera, o Mozo. O mencionado Ares casa con Beatriz Ordóñez, da Casa de Gomariz. Segue esta liña a súa filla Isabel Mosquera y Andrade. O seu fillo Miguel Mosquera y Andrade casou con Isabel Taboada Mosquera, neta dos señores da Casa de Trasulfe. Por outra banda, Pedro López Mosquera, o Mozo, fundou en 1629 vínculo das casas de Saa, Sadurnín (herdado da súa irmá Juliana) e Vilariño. Trala morte de Ares reune todo o couto de Gomariz. Só tivo fillos naturais con Margarita Rodríguez: Pedro López Mosquera e Juan Mosquera. O seu fillo Pedro entrou na posesión dos coutos de Saa e Vilariño e Juan asinou en 1647 unha escritura de avinza co seu curmán Miguel Mosquera; segundo se desprende dela, Juan controla Saa e Sadurnín e Miguel Vilariño e Gomariz. A Miguel Mosquera y Andrade sucédelle o seu fillo Francisco Mosquera Andrade y Sotomayor, casado con María de Mera, da Casa de Mera en Herbón. O seu fillo Francisco Mosquera y Mera casou con Constanza Ojea, filla do conde da Torre, da Casa de Rioboo. Tomás Benito Mosquera casou con Ángela Rosa Somoza, descendente das Casas de Sil va e Toirán. Continuaron a liña Tomás Benito Mosquera Ojea, Luis Antonio Mosquera y Somoza, Ramón Mosquera de la Torre, Roque Mosquera y Ribera e Andrés Mosquera, que viviu sobre mediados do século XVIII. Retomando a liña de Saa, a Juan Mosquera Sotomayor, nado en 1612, sucédelle Pedro Mosquera Sotomayor, morto en 1699. Casou con Constanza Estrada, con bens e rendas nas terras de Lemos, e exerceu como xuíz ordinario da xurisdicción de Campor redondo. O seu fillo Francisco Antonio Mosquera (1679-1739) casou con María Josefa de Novoa y Villamarín, da Casa de Remisil. A súa filla María Josefa Mosquera y Novoa casou con Francisco Nicolás de la Torre e finou en 1763. Con ela únense as Casas de Remisil e Vista Alegre.
NOTA: Este subfondo abrangue un periodo cronolóxico que vai desde o ano 1375 ata o . Neste espacio de tempo tan amplo produciuse unha grande variedade de s eries e, o que é máis significativo, algunha delas ten unha destacable continuid ade no tempo (é o caso das escrituras de compravenda, escrituras de foro, expedientes de auto ordinario, preitos ou recibos). Ademais, conserva a documentación mais antiga de todo o fondo( concretamente unh a escritura de doazón de 1375), tendo importancia tamén o seu volume. Tódalas seccións teñen unha ampla representación, pero destacaremos a de Xurisdi cción señorial (con series relevantes os Autos de xuízos de residencia ou os Exp edientes de nomeamento de xuíces ordinarios) por ser o único subfondo que ten do cumentación deste tipo ( agás unha serie do subfondo de Brandeso).

8ª PARTE
O Pazo de Bradeso conformaba a mediados do século XIX, na época da chamada "desamortización civil", que aboliu a propiedade vinculada, un agregado de diferentes casas que medrou desde 1635 a partir dun núcleo inicial. Nucleoo constituído sobre o vínculo que Fernán Montero e Isabel de Villar fundaron, na data reseñada, sobre a capelanía da Inmaculada Concepción, en Brandeso. As diferrentes casas agregadas remontan as súas orixes, sen embargo, nalgúns casos, á Baixa Idade Media, ou incluso antes (Casa de Saa e Vilariño), de acordo con determinados testemuños. En termos xeográficos, o patrimonio final do pazo comprendía terras e rendas nas comarcas de Arzúa, Mazaricos, e Rianxo e nas cidades da Coruña e Santiago de Compostela (e a súa terra), na actual provincia da Coruña, e Ribadavia e Cenlle, na de Ourense.
A adquisición de rendas e propiedades, o desempeño de diferentes oficios e cargos nas administracións reais ou señoriais, as diferentes estratexias de enlace matrimonial desenvolvidas e a fundación dde capelanías e vínculos semellan conformar e apuntalar, como no caso soutras familias da fidalguía, o proceso de crecemento, expansión e consolidación do patromonio do pazo.
A relación coa casa de Rial iníciase axiña, antes da fundación do vínculo da Capelanía de Branddeso, coa unión de Juan Montero, o Vello, pai do fundador do vínculo, con Isabel López Mosteiro. Será pois, un descendente deste casal, Bartolomé Monteero, quen en 1666 pida a misión en posesión do vínculo daquela casa, fundado en 1594.
Os tres matrimonios que a filla de Bartolomé Montero e Francisca do Mosteiro, Isabel Montero Figueroa, celebrou entre 1637 e 1657, comportarán o establecemto de relacións coas chamadas casas de Fao e de Santiago, de xeito que o seu sucesor, Juan Jose´de Neira y Prado, esgotada a liña dos Monteros, será quen de se chamar ó vínculo fundado por Fernán Montero e agregados. Posteriormente, os enlaces dde Juan Manuel de Neira, a finais do século XVIII, e Ramón Neira Torre, xa no século XIX, achegaron ó tronco matriz os vínculos e casas de Ribadeza, Vista Alegre, Vilariño, Remisil e Saa.
A familia Neira enlaza a mediados do século XIX cos Gasset a través do matrimonio entre Gerardo NEira y Flórez e Eugenia Gasset y Artime. Unha das súas fillas, María, casará con outro Gasset, Eduardo Gasset y Chinchilla, o fundador de " El Imparcial", quen adquirirá o patrimonio da casa de Torre Xunqueiras, na Pobra do Caramiñal, a fins do século XIX.

CASA DE REMESIL
A Casa de Remesil ou, máis frecuentemente na documentación, Remisil, proced e da freguesía de San Cristovo de Dombodán no concello de Arzúa. Segundo o libro "Torres, Pazos y Linajes da provincia da Coruña", de Martínez Barbeito, Rui Gon zález de Remesille realizou doazón da casa, en 1435, ó seu fillo Fernán de Remisille. Pai e fillo eran escudeiros. Fernán realizou testamento en 1487 e casou con Inés de Moura. Teñen por fillo a García de Remisil I, que non sucede ó seu pai, senón o seu net o Fernán de Remisil, o Vello, casado con María Rodríguez de Pazos. Este xa tiña fundada a capela de San Sebastián, inclusa na de Nosa Señora do Viso (Dombodán) no primeiro cuarto do século XVI. Seguiu a liña García de Remisil II, que asinou testamento en 1556. Tivo dous fil los naturais con Inés Raposa e casou con Catalina Novoa y Lema, morta antes de 1 586. Esta pertencía á Casa de Riazón, en San Pedro de San Román, e casou en segu ndas nupcias con Nuño Yáñez de Boado. O seu fillo, Fernando de Remisil y Novoa, o Mozo, vinculou o lugar de Remisil á capela do Viso en 1602. Casou con Catalina de Andrade y Seixas, descendente dos señores de Andrade e dos de San Paio de Narla. Seguiu a liña o seu fillo Gregorio de Novoa y Andrade, que parece refundou o vín culo xunto coa súa muller, Antonia Sánchez Somoza, en 1647. Testou en 1650. Adem ais da capela do Viso tiña o padroado de Santa Locaia de Branzá. Era irmán de Fe rnán Gómez das Seixas, comisario do Santo Oficio e rector de San Pedro de Salgueiros e outr as igrexas. Este morreu sen testar sobre o ano 1646, o que ocasionou moitos prei tos e desavinzas entre os irmáns. O seu fillo Gabriel de Novoa y Somoza casou en primeras nupcias con Constanza Pa rdo de Andrade e en segundas con Josefa Villamarín y Deza. Asinou testamento en 1686. Constanza agregou ó vínculo de Remisil os seus bens dotais e gananciais, h erdados do seu irmán, Pedro Pardo de Andrade, coengo de Santiago. Sucedeulle a filla do seu segundo matrimonio, Josefa de Novoa y Villamarín, que casou con Francisco Antonio Mosquera, dono da Casa de Saa, co que se integran am bas. A súa filla Josefa Mosquera y Novoa casou con Francisco Nicolás de la Torre. Era señor da Casa santiaguesa dos Torre e posuía, entre outras, a casa solar de San tiago e o pazo de Vista Alegre na Ponteulla.
Última edición por Milleiro el 22 Abr 2005, 11:14, editado 1 vez en total.
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

Pedro López Mosquera
Fillo de Antonio López Mosquera e Beatriz López Fandiño. O seu nome completo era Pedro Antonio López Mosquera. Foi veciño de Gomariz e de Saa. Casou dúas veces, primeiro con Antonia Araujo e, en segundas nupcias, con Isabel Ordóñez.
asinou testamento preto de 1578 . Nel fai mellora vincular do tercio e quinto dos seus bens e nomea, como primeiro sucesor no vínculo, ó seu fillo Ares e en segundo lugar Pedro López Mosquera.
Morreu o 30 de setembro de 1578 na súa casa de Gomariz, sendo soterrado na igrexa de San Xoán de Sadornín. Tralo seu falecemento, o 7 de decembro de 1604, os seus fillos fixeron partición dos seus bens e dos da súa segunda muller, Isabel Ordóñez.

Juan Mosquera de la Calzada
Viviu entre a segunda metade do século XVI e o primeiro tercio do XVII. Era fillo de Pedro López Mosquera, o Vello, e de Isabel Ordóñez.
Tomou hábitos e exerceu como abade de San Martiño do Lago

Isabel Ordóñez
Filla de Juan de Calzada e Beatriz Ordóñez. Casou con Pedro López Mosquera, o Vello, e tiveron por fillos a Pedro López Mosquera, o Mozo, Juan Mosquera de la Calzada, Juliana Mosquera e Clara Juárez. Tamén estivo casada con Alonso de Quintana.
Posuíu a terceira parte do couto de Lueda.
Faleceu o 23 de marzo de 1604 e foi soterrada na igrexa de Gomariz

Beatriz Ordoñez
Filla de Alonso de Quintana e Isabel Ordóñez. Casou con Ares Mosquera e tiveron unha filla: Isabel Mosquera y Andrade. Por parte da súa nai herdou bens no couto de Gomariz. Tamén tomou a posesión dos bens que fincaron de Elvira Prego de Sotomayor, tía do seu home, veciña da vila de Pontevedra.
Faleceu o 23 de xaneiro de 1606 e foi soterrada na igrexa de Gomariz.

NOTA: Datos recollidos do ARG
Avatar de Usuario
Fontes de Castromil
Mozo
Mozo
Mensajes: 28
Registrado: 18 Oct 2015, 13:01

Re: Pazo de Brandeso

Mensaje por Fontes de Castromil »

Hola Milleiro. Non entendo por que figura un preito de 1734 entre Juan Ares de Aveledo e Bernardo do Rial. Cal é a relación destes homes coas familias tratadas neste fío? En que consistirá ese preito por bens na parroquia de Pantiñobre? Un saúdo
A familia é o primeiro. A familia é o centro.
amatses
Mozo
Mozo
Mensajes: 11
Registrado: 26 Oct 2009, 20:17

Re: Pazo de Brandeso

Mensaje por amatses »

Fernan Montero e Ines de Villar foron donos do pazo de Brandeso. Ines era filla ilexitima de Gonzalo de Villar e pleitean polo maiorazgo que seu abo fixera en Pantiñobre, tal vez por eso tiñan propiedades ali. Bernardo do Rial non ten porque ter relación familiar (ou si) porque Fernan Montero e Ines de Villar non deixan descendencia, herdaos un sobriño, pero as propiedades si poden estar en litixio.
Creo que a casa do Rial de Pantiñobre está emparentada cos Villar y Aguiar, nos papeis de Brandeso hay moitos pleitos por esta casa.

Por outra banda, nese arquivo hay uns expedientes de compra que fixo meu abo e non tiña nada que ver ca casa, simplemente foi chofer da familia.
Avatar de Usuario
Fontes de Castromil
Mozo
Mozo
Mensajes: 28
Registrado: 18 Oct 2015, 13:01

Re: Pazo de Brandeso

Mensaje por Fontes de Castromil »

Grazas por respostar Amatses. A única información de que dispoño é que D. Bernardo de Rial (Casado con dna. Bernarda de León y Pimentel), escribano e rtor. da Real Audiencia, era fillo do escribano D. Pedro de Rial y León e de Dna. Margarita Monttero de Cospeite, a cal en 1705 pleitea cos seus veciños da parroquia de San Vicenzo de Burres (Arzúa), porque lle queren obrigar a pagar os impostos "concejiles", cando ela sempre pagara só os "reales". Por esa proximidade xeográfica, cronolóxica e de apelidos, penso que poden ter relación. Por outra parte, a liña desta familia Rial viña, desde polo menos o avó de Bernardo, chamado tamén Pedro de Rial León, da parroquia de Pantiñobre; pero Bernardo xa se declara do lugar de Rial, parroquia de Burres (eu o único lugar Rial que coñezo é o da limítrofe parroquia de Pantiñobre, así que quizabes se modificaran os límites parroquiais, pero secadra son dous lugares diferentes de sendas parroquias), onde o seu irmán, lzdo. D. Jacobo del Rial y Montero, outorga varios foros "por vida de tres Sres. Reyes" a comezos do S. XVIII.
A familia é o primeiro. A familia é o centro.
Responder