Colón (Pontevedra)

Investigación de xenealoxías
Cerrado
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1211
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Colón (Pontevedra)

Mensaje por Pousada »

OS COLÓN DE PONTEVEDRA

Á marxe da polémica nacionalidade de Cristóbal Colón (xenovés, portugués, galego, francés, catalán, mallorquín, grego...), un feito curioso e interesante é que nos fondos parroquiais de San Bartolomé de Pontevedra existen referencias a algúns dos seus descendentes. Este feito xa foi investigado por Ramón Sobrino Buhigas (“La descendencia de Colón en Pontevedra”) e por Alfonso Philippot Abeledo (“La identidad de Cristóbal Colón”). Velaquí a súa liñaxe.

I xeración

Cristóbal Colón, primeiro Almirante de la Mar Océana, descubridor das Américas. finado o 20 de maio de 1506 en Valladolid. Mantivo unha relación con Filipa Muñiz de Perestrello y Melo, filla de Isabel Muñiz e de Bartolomé de Perestrello y Melo. Froito deste amor sería o seu fillo:

II xeración

Diego Colón de Melo, nado en 1483 e finado en 1526, segundo Almirante da Mar Océana. Casou en 1508 con María de Toledo y Rojas. Filla de Fernando Álvarez de Toledo e de María de Rojas y Pereira. Tiveron por fillos a III 1-7
Da súa amante en 1507, Constanza Rosa de Burgos tivo a III 8, e da súa amante en 1508, Isabel Samba de Bilbao, tivo a III 9

III xeración

1. Felipa Colón de Toledo, finada en 1548.
2. María Colón de Toledo, finada en 1578. Casou con Sancho Folch de Cardona y Ruiz de Lihori, gran Almirante de Aragón.
3. Juana Colón de Toledo. Casou en 1537 con Luis de la Cueva y Toledo, comendador da Orde de Santiago.
4. Isabel Colón de Toledo, finada en 1551. Casou con Jorge Alberto de Portugal, primeiro conde de Gelves. Fillo de Álvaro de Portugal e de Felipa de Melo. Faleceu en 1549. Tiveron por fillo a IV
5. Luis Colón de Toledo, nado en 1522 e finado en 1572. Casou en 1543 con María de Mosquera y Pasamonte, filla de Juan de Mosquera e de Ofrasina de Pasamonte.
6. Cristóbal Colón de Toledo, nado en 1523 e finado en 1571. Casou con Ana de Pravia.
7. Diego Colón de Toledo, nado en 1526 e finado en 1542.
8. Cristóbal Colón
9. Francisco Colón, nado en 1508 e finado en 1546.

IV xeración

Álvaro de Portugal, segundo conde de Gelves. Faleceu o 29 de setembro de 1541. Casou con Leonor de Milá y Córdoba, filla de Álvaro Fernández de Córdoba y Zúñiga, segundo señor de Valenzuela, e de María Manuel y Milá de Aragón. Tiveron por fillos a V

V xeración

1. Nuño Colón de Portugal, nado en 1565 e finado en 1622. Casou en 1593 con Aldonza Espinosa. Filla de Diego Espinosa y de la Bastida, e de Luisa Portocarrero. Tiveron por fillos a XIV 1-5. Fóra do matrimonio tivo a V 6 con Luisa de Aragón. Do resto dos fillos de Nuño Colón descoñécese a súa maternidade.
2. Jorge Alberto Colón de Portugal, terceiro conde de Gelves, falecido o 29 de abril de 1983. Casou con Bernardina Vicentelo.

VI xeración

1. Álvaro Jacinto Colón de Portuga, falecido en 1636. Casou en 1624 con Catalina de Portugal y Castro, filla de Leonor de Colón e de Fernando de Castro. Falecida en 1634. (Para a súa descendencia ver "Duquesa de Alba, ascendencia galega" nesta mesma web)
2. Cristóbal Colón de Portugal
3. Leonor Colón de Portugal. Casou co cabaleiro milanés Agostino Homo Dei, segundo marqués de Piovera
4. Luisa Colón de Portugal
5. Felipa Colón de Portugal
6. Pedro Colón de Portugal, nado en 1617 e finado en 1674. Casou en Badaxoz en 1653 con Francisca de Cabrera y Silva, nada en 1622 e finada en 1694.
7. María Juana Colón de Portugal, casou con Diego Henríquez Flores (o Diego Hernández Ovens). Tiveron por fillos a VII.
8. Josefa Colón de Portugal

VII xeración

1. Miguel Enríquez Flores y Colón de Portugal. Faleceu en Pontevedra o 22 de decembro de 1675 e foi soterrado na igrexa conventual de San Francisco. Casou con Jerónima de Bargas Machuca. Tiveron por fillos a VIII.
2. Catalina Enríquez Colón de Portugal. Casou en 1631 con Jorge Juan de Lima Soutomaior, fillo do quinto vizconde de Vilanova da Cerveira, fillo de Francisco Borges de Lima e de Beatriz de Alcaçoba. Finado en Alcacer do Sal en 1663.

VIII xeración

1. Juana de Bargas. Casou en1694 con José Nicolás de Castañeda, na Igrexa Parroquial de San Bartolomé de Pontevedra. Sen descendencia
2. Catalina Colón de Portugal. Finada o 27 de febreiro de 1737 e soterrada en San Francisco de Pontevedra. Casou arredor de 1682 en San Bartolomé de Pontevedra con Francisco Henríquez de Bargas. Tiveron por fillos a IX 1-3
3. Josefa Colón de Portugal. Finada o 25 de decembro de 1714. Casou en primeiras nupcias en 1695 con Miguel de Eguiluz e, en segundas, en 1714 con José de Onís y Cisneros, fillo de Jacinto Benito de Onís y Sarabia, rexedor perpetuo de Pontevedra e de Inés de Cisneros. Finado o 25 de decembro de 1714, o mesmo día que a súa muller.. Ámbolos dous foron soterrados en San Domingos de Pontevedra. Do seu primeiro matrimonio tivo por filla a IX 4

IX xeración

1. Miguel Enríquez Colón de Portugal. Nado en Pontevedra, chegou a alcalde maior de Nueva España (México), onde se presume que morreu.
2. María Benita de Bargas Machuca y Colón de Portugal. Nada en 1676 e finada o 26 de agosto de 1762. Casou arredor de 1705 en San Bartolomé de Pontevedra con Pedro Antonio de la Vega, parente do rexedor de Pontevedra en 1654, Antonio de la Vega. Tiveron por fillos a X
3. Rosa Enríquez Colón de Portugal. Nada en 1696 e finada antes de 1749. Casou con Lorenzo Mariño de Lobeira, fillo de José Mariño de Lobeira y Soutomaior e de María Ignacia de Valladares y Arango, fregueses de San Xoán de Marín. Sen sucesión.
4. María de Eguiluz Colón de Portugal. Casou en 1719 con Domingo Antonio Fandiño, natural de Santiago. Fillo de Pedro Fandiño e María de Castro.

X xeración

1. Baltasar Ignacio de la Vega Enríquez Colón de Portugal. Nado arredor de 1706. Emigrou a San Miguel de Culiacán (México) despois de 1726. Casou arredor de 1734 con Ana Irene de la Puente.
2. Diego Nicolás de la Vega Enríquez Colón de Portugal. Bautizado en San Bartolomé de Pontevedra o 18 de decembro de 1708. Coma o seu irmán, emigrou a México. Casou con María Rosa de Casas, filla de Francisco de Casas e de Juana Quintero Beltrán.
3. María Vicenta Micaela de la Vega Enríquez Colón de Portugal. Bautizada en San Bartolomé de Pontevedra o 9 de abril de 1729 e finada o 28 de xullo de 1790 (ou 1780). Casou con Tomás Arias Mariño. Tiveron por filla a XI
4. Antonio de la Vega Enríquez Colón de Portugal. Bautizado en San Bartolomé de Pontevedra o 14 de decembro de 1724.
5. Juan de la Vega Enríquez Colón de Portugal. Bautizado en San Bartolomé de Pontevedra o 1 de maio de 1718.
6. Benito Eusebio de la Vega Enríquez Colón de Portugal. Bautizado en San Bartolomé de Pontevedra o 22 de novembro de 1716.
7. Joaquín Gregorio de la Vega Enríquez Colón de Portugal. Bautizado en San Bartolomé de Pontevedra o 14 de decembro de 1724.
8. Catalina de la Vega Enríquez Colón de Portugal.

XI xeración

María Arias Mariño de la Vega. Da súa relación con Vicente Gil, sarxento do Regimiento de la Princesa en Pontevedra, tivo por filla a:

XII xeración

Vicenta Gil Arias-Mariño de la Vega y Colón de Portugal, "La Aldonza". Bautizada en Pontevedra o 30 de outubro de 1801 e finada en 1860. Presumiu de ser a única descendente viva de Cristóbal Colón, ainda que non foi crida e morreu na máis absoluta miseria.

FONTES

SOBRINO BUHIGAS, Ramón (1924): “La descendencia de Colón en Pontevedra”, en Faro de Vigo, 26 de setembro de 1924.
PHILIPPOT ABELEDO, Alfonso (1994): "La identidad de Cristóbal Colón"

Cerrado