O EMPORIO DOS ORTEGA
A pesar de que Amancio Ortega é coñecido coma o galego máis acaudalado do mundo, o certo é que naceu na provincia de León, sendo fillo de vallisoletanos. Certo é que a súa familia se mudou a Galicia cando o era pequeno. Aos tres meses de nacer en Busdongo, León, trasládanse a Tolosa. En 1943, a familia fixará a súa residencia en A Coruña, na que Amancio se cría coma un galego máis. Todos os seus fillos, e a meirande parte dos seus sobriños, naceron nesta rexión, e ainda que as orixes desta familia veñan de fóra, o certo é que o futuro do emporio dos Ortega pasa por estas terriñas.
I xeración:
Amancio Gaona Zamora. Tivo por filla a:
II xeración:
Josefa Gaona Hernández, nada en Valoria la Buena (Valladolid). Casou con Amancio Ortega Rodríguez, ferroviario, quen en xaneiro de 1935 é destinado a Busdongo (León), onde só permanecen ano e medio antes de emigrar. Tiveron por fillos a:
III xeración
1.- Antonio Ortega Gaona. Leonés. Finado en 1987. Casou coa vallisoletana Primitiva Renedo Oliveros. Tiveron por filla única a IV 1.
2.- Josefa Ortega Gaona. Nada en Busdongo o 19 de agosto de 1934. Casou co coruñés Miguel Jove González. Teñen dous fillos, IV 2-3.
3.- Amancio Ortega Gaona. Nado o 28 de marzo de 1936 en Busdongo de Arbás, no municipio de Villamanín (León). Magnate galego. Casou en primeiras nupcias coa coruñesa Rosalía Mera Goyenechea, da que tivo por fillos a IV 4-5. En segundas, con Flora Pérez Marcote foi pai de IV 6.
4.- Pilar Ortega Gaona. Casada e cunha filla.
IV xeración
1.- María Dolores Ortega Renedo. Casou con Juan Carlos Rodríguez Cebrián. Teñen dous fillos
2.- María José Jove Ortega. Casou con José Manuel Romay, fillo de José Manuel Romay Beccaría, ex ministro de Sanidade. Teñen dous fillos
3.- Miguel Jove Ortega
4.- Marcos Ortega Mera
5.- Sandra Ortega Mera. Casou con Pablo Gómez, do que tén un fillo
6.- Marta Ortega Pérez. Está para casar con José María Arias, fillo de José María Arias Mosquera.
Fontes:
http://www.elmundo.es/elmundolibro/2001 ... 42217.html
http://www.esferalibros.com/libros/libr ... 8497341678
Alfonso F. Pousada
tripilunar@yahoo.es