IRMÁNS GARCÍA NAVEYRA (BETANZOS)
I XERACIÓN
Joaquina Naveyra López. Nada en 1825 e finada en 1908. Casou con José García Camposa. Tiveron por fillos a II 1-4. Tras enviuvar, en 1864, casou en segundas nupcias co seu cuñado, Eduardo García Camposa. Deste segundo matrimonio tivo por fillo a II 5.
II XERACIÓN
1.- Juan María García Naveyra. Nado en Betanzos o 16 de maio de 1849 e finado o 9 de marzo de 1933. Filántropo e masón. Artífice do Lavadoiro Público Gratuito de As Cascas, do Patronato Benéfico-Docente García Hermanos, do Asilo, e das Escolas García Naveira, en Betanzos, ademáis do parque enciclopédico "El Pasatiempo".
Emigrou a América en 1869, onde coñece e casa con María Iribarne Lascort. Foron pais de III
2.- Jesús García Naveyra. Nado o 14 de xuño de 1853 e finado en 1911 a consecuencia dun accidente de tráfico. Emigrado a América canda o seu irmán, casa con Carmen Etcheverría y Olaverri
3.- Ricardo García Naveyra
4.- Antonia García Naveyra
5.- Eduardo García Naveyra. Casa coa súa sobriña, Águeda García Iribarne
III XERACIÓN
1.- Águeda García Iribarne. Casa co seu tío, Eduardo García Naveyra
2.- Joaquina García Iribarne
3.- Juan Jesús García Iribarne
FONTES
CABANO VÁZQUEZ, Ignacio, PATO IGLESIAS, M Luz, e SOUSA JIMÉNEZ, Xosé: "El Pasatiempo. O capricho dun indiano". Cuadernos do Seminario de Sargadelos, nº 53.
García Naveira (Betanzos)
Los hermanos García Naveira, en visita guiada
El Concello de Betanzos organiza para el 17 de mayo una visita guiada por la localidad para conocer la historia de los hermanos García Naveira. Aunque gratuitas, las plazas serán limitadas y saldrán a las 11.00 horas de la Oficina de Turismo.
http://www.laopinioncoruna.es/gran-coru ... 78604.html
http://www.laopinioncoruna.es/gran-coru ... 78604.html
Poblada soledad es hoy el mundo.