Carlos Casares. Escritor

Investigación de xenealoxías
Cerrado
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1267
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Carlos Casares. Escritor

Mensaje por Pousada »

CARLOS CASARES
Escritor e xornalista

I XERACIÓN

Herminio Casares. Casou con Francisca Dacal. Tiveron por fillo a:

II XERACIÓN

Francisco Casares Dacal. Casou con Manuela Mouriño, irmá de Faustino Mauriño (crego en Allariz) e de José Mouriño (abade de Beiro). Criáronse os irmáns co seu tío, Faustino Pérez-Congid, deán da catedral de Ourense. Tiveron por fillos a:

III XERACIÓN

1.- Mercedes Casares Mouriño.
2.- Carlos Casares Mouriño. Nado no Xinzo de Limia (Ourense) o 24 de agosto de 1941 e finado en Vigo o 9 de marzo de 2002. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu Docente en Viana do Bolo, Bilbao, Cangas do Morrazo e Vigo. Xornalista, columnista de La Voz de Galicia. Director da Editorial Galaxia entre 1985 e 2002. Presidente do Consello da Cultura Galega entre os anos 1996 e 2002.
Casou en 1971 con Kristina Berg, nada en Halmstad (Suecia) en 1948. Escritora. Presidenta da Fundación Carlos Casares. Tiveron por fillos a IV
3.- Francisco Javier Casares Mouriño. Pediatra. Director médico do Hospital Cristal Piñor, de Ourense. Concelleiro de Sanidade en Ourense entre 1991 e 1995. Deputado autonómico polo PSG

IV XERACIÓN

1.- Hakan Olof Roi Casares Berg
2.- Lars Christian Casares Berg. Xornalista.

FONTES

LOUREIRO, Ramón (2003): Carlos Casares. A Nosa Terra, Fundación Carlos Casares, Vigo.

http://es.wikipedia.org/wiki/Carlos_Casares_(escritor)
http://gl.wikipedia.org/wiki/Kristina_Berg
http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=Ca ... os+Casares
http://www.consellodacultura.org/corpor ... storia.htm
http://www.lavozdegalicia.es/especiales ... /psoeo.htm

Alfonso F. Pousada
Cerrado