Marcial Valladares. Escritor

Investigación de xenealoxías
Pechado
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensaxes: 1204
Rexistrado: 15 Set 2006, 09:00

Marcial Valladares. Escritor

Mensaxe por Pousada » 25 Out 2006, 16:26

MARCIAL VALLADARES
Escritor, xornalista, e un dos precursores do Rexurdimento

I XERACIÓN

Jaime de Valladares. Pai de II e bisavó de IV

II XERACIÓN

1.- Pablo de Valladares. Coengo de Santiago de Compostela, en 1713
2.- Alonso de Valladares. Pai de:

III XERACIÓN

1.- Bernardo de Valladares. Coengo de Santiago, en 1729
2.- Juan Antonio de Valladares. Coengo de Santiago, en 1749

IV XERACIÓN

Bernardo Antonio Valladares. Casou con María Gómez. Finada en 1839. Foron pais de:

V XERACIÓN

José Dionisio Valladares Gómez. Nado o 23 de xuño de 1787 en Santa María de Grava, na xurisdicción de Trasdeza. Xefe político da provincia de Ourense e intendente de Pontevedra e Lugo. Obtivo nove condecoracións pola súa participación contra as tropas napoleónicas
Casou en outubro de 1817 na capela de don Pedro de María Cisneros, Conde de Ximondi, con María de la Concepción Núñez Morciego. Nada o 21 de marzo de 1786. Filla de José Núñez, avogado de Compostela e Vilancosta (Berres, A Estrada) e de Teresa Morciego y Población, nada en Medina de Rioseco [Concepción tivo dúas irmás, Gabriela e Manuela Núñez Morciego]. Tiveron por fillos a:

VI XERACIÓN

1.- Petra Valladares Núñez. Finada ao pouco de nacer
2.- Jacoba Valladares Núñez. Nada en decembro de 1819. Casou en 1837 con Antonio María Blanco, presidente da Municipalidade de Vedra. Tiveron tres fillos
3.- Marcial Valladares Núñez. Nado o 10 de xuño de 1921 en Vilancosta (A Estrada) e finado no mesmo lugar na medianoite do 19 para o 20 de maio de 1903. Xornalista, escritor, e un dos precursores do rexurdimento da literatura galega. Autor dun dos primeiros vocabularios da lingua galega (con 11.000 termos), así como da novela Maxina, ou a filla espúrea. Deputado a cortes. Solteiro
4.- Engracia Valladares Núñez. Nada en setembro de 1822. Finada de Nena
5.- Sergio Valladares Núñez. Nado o 15 de setembro de 1823. Escritor. Ocupou diversos cargos administrativos na Deputación Provincial de Pontevedra. Casou cunha sobriña do Conde de Pallares.
6.- Avelina Valladares Núñez. Nada en outubro de 1825 e finada en 1902. Poetisa. Solteira
7.- Luisa Valladares Núñez. Nada en decembro de 1827. Casou en 1860 con Bernardo Espinosa. Tiveron por fillo a VII
8.- Prima Valladares Núñez. Nada en setembro de 1830. Xemelga de Segunda. Finada de Nena.
9.- Segunda Valladares Núñez. Nada en setembro de 1830. Xemelga de Prima. Noviza no convento da Enseñanza en Santiago de Compostela
10.- Isabel Valladares Núñez. Nada en novembro de 1831. Casou con Ángel Velón Taboada

VII XERACIÓN

Laurentino Espinosa Valladares. Herdeiro do seu tío Marcial Valladares

FONTES

FERNÁNDEZ SALGADO, Xosé A. (2005): Marcial Valladares. Biografía dun precursor no Rexurdimento galego. Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial de Pontevedra

http://gl.wikipedia.org/wiki/Marcial_Va ... BA%C3%B1ez

Pechado