Irazábal (Meis)

Investigación de xenealoxías
Responder
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Irazábal (Meis)

Mensaje por Milleiro »

Procuro datos sobre a liñaxe dos Irazábal, a sua presenza na Galiza, e en concreto na comarca do Salnés ven do século XV. Teño algúns datos de finais do XVII e do XVIII, polo que me comentaron os últimos Irazábal do concello de Meis falaceron a comezos do XX.
Algunha persoas din que teñen relación co Marquesado de Figueroa.
Breo-jan
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 640
Registrado: 20 Mar 2006, 09:00
Contactar:

Irazabal

Mensaje por Breo-jan »

Eu tiña entendido que a súa chegada a Galiza e ó Salnés sería no século XVII.Tampouco tiña noticias de que tivesen relación coa casa dos marqueses de Figueroa.O licenciado Juan de Ossès Navarro(o de ''Navarro'' creo que máis ben se referiría á súa procedencia,aínda que nalgúns escritos o chamen ''licenciado Navarro'',até o ''de Ossès'' indicaría tamén probablemente a procedencia) foi cura de S.Salvador de Meis.Sobriño e herdeiro seu foi o capitán Juan de Irazabal,que casou con Isabel Núñez de Figueroa,tiveron varios fillos e fillas unha filla foi bautizada creo recordar en 1662 na mesma parroquia.Creo que se chamaba Juana,e casara cun home de apelido Güimil
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

Teño a Xoán Antonio de Irazábal Núñez de Abal, fillo lexítimo de D. Basilio de Irazábal. Este Xoán Antonio estudaba en Tui en 1723, penso que debe ser o mesmo que menciona o Catastro de Ensenada de San Salvador de Meis, xunto con Felipe de Irazábal, crego da devandita freguesia.
Penso que o Basilio de Irazábal debe ser fillo do Capitán Xoán de Irazábal que citas. Se cadra, esa Isabel Núñez de Figueroa é a que ligue a liñaxe dos Irazábal de Meis co Marquesado de Figueroa.
Última edición por Milleiro el 10 Dic 2006, 22:14, editado 1 vez en total.
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

I XERACIÓN
Rosa Irazábal c.c. José Outeda, veciños de Santo Tomé de Nogueira

II XERACIÓN
Angel Outeda Irazábal c.c. Manuela Abal Serantes, veciños de San Martiño de Meis. Angel tiña 54 anos en 1876, polo que debeu nacer aprox. 1824.

FONTE: Notario Pedro Schez. López, Tomo 17070 (2) do 20 de Agosto de 1876
Breo-jan
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 640
Registrado: 20 Mar 2006, 09:00
Contactar:

Irazabal

Mensaje por Breo-jan »

Ome,Milleiro,eu creo que,si por 1876 tiña 54 anos sería máis lóxico que nacese aprox.1822,non sí?gheghe..Bueno,pois ese é un dato novo pra min.Parece que houbo máis dun enlace de Outeda con Irazabal por aqueles lares,se miras na miña base de datos tamén hai un enlace dun Outeda de Nogueira cunha Irazabal de Meis na segunda metade do XVIII.
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

Segundo os datos de Breo-Jhan, a xenealoxia dos Irazábal sería a seguinte:

I XERACIÓN
Capn.Juan de Irazábal c.c. Isabel Núñez de Figueroa

II XERACIÓN
Juana de Irazababal 1660 c.c. Mauro de Güimil
Isabel de Irazabal
Basilio de Irazabal c.c. María de Abal
Manuel Antonio de Irazábal, falecido en San Salvador de Meis en 1710

III XERACIÓN
- Pedro de Irazábal, falecido en San Salvador de Meis en 1714
- Manuel de Irazábal c.c. María Antonia Patón, faleceu en San Salvador de Meis en 1769
- Juan Antonio falecido en San Salvador de Meis en 1770
- Felipe Antonio falecido en San Salvador de Meis en 1773
- Antonia de Irazábal
Todos fillos de Basilio e María.

IV XERACIÓN
- Juan Antonio Irazabal, falecido en 1770
- D.Ramón Irazabal, falecido en San Salvador de Meis en 1796
- D.Miguel Antonio Irazabal, falecido en 1799
- ¿? Irazabal c.c. Juan Antonio Moíños
- Rosalía Irazabal c.c. Miguel Benito Outeda
- Rosalía Irazabal c.c. Inocencio Ignacio Salgueiro
Todos fillos de Manuel e Mª Antonia
Responder