San Martín- Casal do Río (Paradela-Meis)

Investigación de xenealoxías
Responder
Avatar de Usuario
nadir
Editora
Editora
Mensajes: 68
Registrado: 12 Feb 2005, 09:00

San Martín- Casal do Río (Paradela-Meis)

Mensaje por nadir »

CASAL DO RÍO (Sta. María de Paradela-Meis)

D. FRANCISCO SAN MARTÍN E SOTO, avogado, veciño da vila de Santiago e rexedor dela no ano 1689. Tivo por fillos a:

• D. Juan Manuel San Martín, rector de S. Isidro de Postomarcos.
• D. Jacobo San Martín e Soto.

D. JACOBO SAN MARTÍN E SOTO, avogado, veciño de Santiago. Casou con Dª Juana Mª Sarmiento Figueroa Bermúdez de Castro, filla de D. Benito Sarmiento Valladares Figueroa , señor da Casa de Fontán en Baión e Dª Francisca Bermúdez de Castro, neta por liña materna de D. Carlos Bermúdez de Castro señor da Casa e jurisdicción da Penela. Foi Dª Xoana patroa do beneficio curado de S. Pedro de Buxantes. No ano 1734 dinse veciños de Sta. Mª de Paradela.
Tiveron por fillos a:
• D. Juan Francisco San Martín Bermúdez e Sarmiento que segue a liña.
• Dª Mª Jacoba San Martín Sarmiento e Figueroa.
• D. Ramiro San Martín Sarmiento e Figueroa, casado con Dª Manuela Saenz Bazán Barba de Figueroa da Casa de Pompeán. Viviron no lugar de Padreiro, tal e como reflicte o Catastro da Ensenada, onde consta D. Ramiro como posuidor dunha casa de 12x7 varas e unha finca cercada de 24 ferrados.
Fixo testamento D, Jacobo a 2 de decembro de 1753 ante Martínez Barallobre sno . Nel manda ser sepultado diante da porta principal da igrexa parroquial de Sta. Mª de Paradela “no adro dela por onde transite todo o pobo”. Mellorou co tercio e remanente de quinto de todos os seus bens á súa filla Mª Jacoba, solteira, e, a D. Juan Francisco sucesor no maiorazgo que posúe.

D. JUAN FRANCISCO SAN MARTÍN BERMÚDEZ E SARMIENTO, casou na “Casa e torre de Casal do Río” no ano 1752 con Dª Josepha Antonia Romero Hernaez, filla de D. Alonso Romero e Dª Rosa Hernaez.

Segue a liña D. FRANCISCO XAVIER SAN MARTÍN quen casou con Dª Antonia Rioboo e Losada, natural da vila de Pontevedra. Foi D. Francisco señor do coto de Bugallido, os seus vínculos e maiorazgos.
Tiveron por fillos D. Francisco e Dª Antonia a:
• Dª Concepción San Martín Rioboo, falecida solteira.
• Dª Jacoba San Martín.
• D. Francisco Xavier San Martín Rioboo que segue a liña.
• D. Andrés María San Martín, falecido sen descendencia, antes que a súa nai.
• D. Antonio Xavier San Martín, residente primeiro en París e falecido sen descendencia en Cárdenas (Cuba).
• Dª Mª do Socorro San Martín Rioboo, que tamén segue a liña.
Fixo testamento Dª Antonia o 11 de novembro de 1846: nel declara ser viúva.

EXCELENTÍSIMO SEÑOR D. FRANCISCO XAVIER SAN MARTÍN RIOBOO, mariscal de campo. No ano 1842 reside en Madrid, deixa usufructuaria dos seus bens “neste partido de Salnés, Padrón, Ulla, Santiago, Xallas e Bugallido”á súa nai Dª Antonia. Casou con Dª Antonia Lozano e Reinoso na cidade da Coruña tendo por fillos a:
• Dª Mª Concepción San Martín e Lozano.
• D. Jacobo San Martín e Lozano, capitán do exército.
• Dª Dolores San Martín.
• Dª Luisa San Martín e Lozano, casada en Ferrol co seu curmán D. Constantino Rodríguez San Martín.

Dª MARÍA SOCORRO SAN MARTÍN RIOBOO, casada en Vigo con D. Francisco Rodríguez Arias, capitán de infantería. Tiveron por fillos a:
• D. Constantino Rodríguez San Martín, capitán de Fragata da Armada, casado coa súa curmá Dª Luisa. Serán pais entre outros de Dª María Rodríguez San Martín
• D. César Rodríguez San Martín, capitán de navío, pai de D. Leopoldo Rodríguez Bárcena.
• Dª Concepción Rodríguez San Martín.
• Dª Marcelina Rodríguez San Martín, nai de D. Juan, D. Ramón e Dª Filomena Durán Rodríguez.

Feitas as partillas no ano 1886, correspóndenlle as terras de Salnés, Padrón e Ulla aos fillos de D. Francisco Xavier. As de Santiago e Bugallido aos fillos de Dª María Socorro.

FONTE: Revisión de protocolos notariais existentes no Archivo Histórico de Pontevedra. Catastro da Ensenada.
Avatar de Usuario
Lemos y Romay
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 627
Registrado: 08 Sep 2007, 10:38
Ubicación: O Salnés
Contactar:

Mensaje por Lemos y Romay »

UN INTERESANTE TRABAJO EL TUYO

espero que publiques todas estas familias que has estudiado, porque haces un bien a todos los que nos interesan estas cosas.

un saludo
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

I XERACIÓN
- Xacobe San Martín, militar, c.c. Elisa Carreño

II XERACIÓN
- Francisco San Martín Carreño, nado o 5 de Xaneiro de 1896 n´A Coruña. Faleceu o 1 de Novembro de 1969 en Casal do Río, parroquia de Paradela (Meis).
Avatar de Usuario
carlosae
Foreiro
Foreiro
Mensajes: 75
Registrado: 09 Ene 2007, 09:00

Mensaje por carlosae »

buenas,

pregunta:
¿existe alguna relacion entre san martin y don alonso de martin?

saludos,

pd. ando averiguando mas sobre "alonso de martin", posiblemente c.c. con catalina núñez o con maria nuñez.
Responder