Gayoso

Investigación de xenealoxías
Cerrado
Avatar de Usuario
Per
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 448
Registrado: 03 Dic 2002, 09:00
Ubicación: Lugo

Gayoso

Mensaje por Per »

GAYOSO.





Atendendo a sua etimoloxia, vemos como o apelido Gayoso, é tomado do tóponimo Gayoso (terrras de Gaudioso) no concello de Outeiro de Rei. Será nas inmediacións da vella ponte de Santo Estevo, sobor do rio Ladra donde faran a que poidera ser primeira casa solar de Mirapeixe (Hoxe en día desaparecida, pero ainda conservando o topónimo). Estas terras, eran pertenenza da casa dos Lugo, linaxe vencellado as orixes dos Gayoso (el P. De la Gandara nos dí que a linaxe dos Gayoso proven dos Lugo). Existe unha vella lenda familiar, que nos fala de un cabaleiro de “San Miguel” (probable orixe Xermana) que ven a loitar contra o musulmans, dice a historia, que estando nun campamento fronteirizo, as visperas dunha grande batalla, o Rei reunirase a cear con todos os capitans do seu exercito entre os que se atopaba o Xermano, o menú constituiano unhas cambadas de troitas; nun intre o Rei dixo - de tantas como comades, tantas me traigades- o cabaleiro entendeu a mensaxe tan ben, que na seguinte xornada e tras voltar do campo de batalla, presentouse na tenda real con tres cabezas de xefes mouros, tal é como troitas comera a noite anterior. Esta lenda, por min recollida na casa de miña nai (Casa de Gayoso de Peitieiros) é mui semellante a outras propias da tradición familiar da CASA DE GAYOSO. Continua o relato decindo que tras estes feitos o cabaleiro retirouse as suas terras na comarca de Mondoñedo, casando mais tarde para as terras de Gaudioso onde a sua descendenza tomou nome de nazon. Espallouse esta linaxe por as marxenes do Rio Miño. Chamando sempre as suas casas de “MIRAPEIXE” así as houbo en Outeiro do Rei, Santyago de Meilán, Ponte de Lugo, Fingoi, Francos é Portomarín. De estas casas sairon os Mirapeixe que fundaron outros solares espallados por toda Galicia; así nas inmediación da cidade de Lugo, xurdiron as de Torre de Fingoi (Recatelo), pazo de Mirapeixe de Fingoi, Villamoure, etc. A sua vez estas se subdividiron en outros solares, así, é a modo de exemplo, de Villamoure sairon as de Peitieiros, Pombal é Fonteboa de Fixós. Tamén foron dos Gayoso, a casa de Froyán, Lodeiro, Eirás... Na cidade de Ourense, tiveron casa de moita sona. En Pontevedra pasou a esta linaxe o fermoso pazo de Oca; na cidade da Coruña, tiveron asimesmo casa con enterramentos na eirexa de San Francisco; tamen nas vilas de Manzaneda, Bembibre, Trives, Caramiñal, Portomarín, Sarria, etc. enterramentos nas capelas de fundación familiar: San Miguel, na catedral de Lugo, é enterramentos na anterga capela de Santo Froilán; capela de San Xoan, na catedral de Ourense, así como no priorato Santiaguista de Vilar de Donas..... Casas como as de Raxo, en San Xenxo, Outeiro de Rei, o magnifico pazo rexurdimentista de Guntín (terras de Quiroga), San Xulian de Arriba, Palacio dos infantes en Sarria, Casa de Saavedra (Begonte), Valdeorras; tamen compuxeron o seu apelido de acordo a os xentilicios de seus devanceiros, así : Gómez de Gayoso, Núñez de Gayoso, Rodríguez de Gayoso, Díaz de Gayoso, o en troques composto: Gayoso y Aldao, Gayoso dos Cobos, Gayoso Losada, Gayoso Picado, Gayoso Montenegro, .. etc.



HERÁLDICA.



Existen variantes para cada familia Gayoso, pero todas parten dunas formas concretas: así en campo dourado tres troitas gayadas ( crispadas as fauces) é rayadas. Armas primixeneas da Familia troncal dos Gayoso. A istas engadiranxelle as bandas azuis da casa de Parga (en troques, e para os Gayoso de Guntín e Canedo adoitan ser vermellas po los Taboadas) istas bandas, en número de tres, intercalando a troita. Adoitanse a decorar o devandito escudo coronado con imaxe de Santo Micael vencendo o mal, o en troques poniendo anxeliños teantes a ambolos lados do escudo como acontece no pazo de Guntín. Como xa dixen, existen variantes propias das distintas familias que pertecen a misma linaxe. Para saber mais ver o magnifico traballo de Eduardo Pardo Valdés PAOS FAIXAS E XAQUELES

Avatar de Usuario
Maya
Novo
Novo
Mensajes: 2
Registrado: 26 Nov 2001, 09:00
Ubicación: EE UU
Contactar:

GAYOSO

Mensaje por Maya »

Hola, yo tengo una linea Gaioso en mi arbol de Lugo:

Doña Manuela Gayoso Arias cc Don Estevan Diaz de Cancio
nacida aprx 1740 en Lugar de Lastra, Lugo

Hijo:

Don Jose Diaz de Cancio y Gaioso
nacio apx 1780 Lugar de Lastra, Lugo

Por favor decirme si hay connecion.

Maya
<A HREF="mailto:cubaroots@aol.com">cubaroots@aol.com</A>
 
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

GAYOSO

Mensaje por Milleiro »

Nun testamento de Bárbara Francisca Milleyro, realizado na vila de Bouzas (Vigo) en Novembro de 1801 cita-se que está casada en 2ª núpcias con Antonio Pérez Gaioso, mas este matrimónio non tivo fillos.
Avatar de Usuario
sisovich
Foreiro
Foreiro
Mensajes: 75
Registrado: 12 Oct 2004, 09:00
Ubicación: ferrol
Contactar:

Mensaje por sisovich »

eu teño a maria diaz de gayoso de outeiro de rei ala por 1820-1840 casada con jose lombao
Avatar de Usuario
sisovich
Foreiro
Foreiro
Mensajes: 75
Registrado: 12 Oct 2004, 09:00
Ubicación: ferrol
Contactar:

Mensaje por sisovich »

un poquiño mais dos Gayoso en Outeiro de Rei

Maria Diaz de Gayoso
Casada con Jose Lombao
Nada en torno o 1810 (+- 30 anos, sinto, non podo ser mais preciso)

Seus pais foron
Jose Diaz
Francisca Gayoso
Ambolos dous veciños de San Martin de Guillar
Avatar de Usuario
sisovich
Foreiro
Foreiro
Mensajes: 75
Registrado: 12 Oct 2004, 09:00
Ubicación: ferrol
Contactar:

Mensaje por sisovich »

Jozef Gayoso casado con Agueda de Burgo

tiveron como fillo a Miguel Gayoso y Montenegro
Este casou con Maria Jsesualda Teyxeyro

Deste matrimonio naceron

Thomas Maria Jozef no ano 1795
Pedro Rafael 1791
Juan Rodrigo 1784


Todos os nacementos foron na parroquia de Outeiro de Rei

Por se a alguen valelle de algo
Cerrado