Ana Isabel Boullón Agrelo: "Na nosa lyngoage galega..."

Transcrición de documentos, documentación de axuda á investigación, guías ou proxectos relacionados
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Ana Isabel Boullón Agrelo: "Na nosa lyngoage galega..."

Mensaje por serba »

http://xornal.usc.es/export/sites/default/xornal/publicacions/imaxes/a080311publ.jpg Título: Na nosa lyngoage galega: a emerxencia do galego como lingua escrita na Idade Media
Autor: Ana Isabel Boullón Agrelo (editora)
Editorial: Consello da Cultura Galega, Instituto da Lingua Galega
Lugar e ano: Santiago de Compostela 2007
O volume reúne estudos que abordan o contexto histórico e cultural, a relación entre o latín e o romance, a escrita do romance no ámbito peninsular e diferentes aspectos da emerxencia do romance escrito en Galicia na época baixomedieval. Son traballos elaborados por especialistas da USC e doutras universidades españolas e europeas que analizan desde distintas perspectivas (histórica, paleográfica e lingüística) as circunstancias que fixeron posible o inicio da escrita en galego na Idade Media. Considéranse asemade as situacións do noso contorno xeográfico e lingüístico (Portugal, Castela e Cataluña) e o encadramento no ámbito europeo.
A expresión que lle dá título ao libro, “No nosa lyngoage galega”, procede do regulamento do gremio compostelán dos Cambeadores redactado en 1490 e exhumado por José Villaamil en 1907. Nel dise ao cambeador que non utilice “ninguna lenguaje estranjera, aynda que a sabea, saluo NOSA LYNGOAGE GALEGA OU CASTELLANA”, segundo explicou Ana Boullón. Esa disposición é a primeira que regula o uso institucional do galego e o castelán, pero non a máis antiga, documentada en 1290. En calquera caso, apunta Boullón, trátase de indicios “que falan da identificación dun grupo lingüístico que foi asentando a súa especificidade desde os albores da Idade Media”.
http://xornal.usc.es/xornal/publicacion ... _0322.html
http://consellodacultura.gal/mediateca/ ... lega_2.pdf
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder