Lei do Patrimonio Cultural de Galicia

Transcrición de documentos, documentación de axuda á investigación, guías ou proxectos relacionados
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Lei do Patrimonio Cultural de Galicia

Mensaje por serba »

Román Rodríguez presenta o borrador do anteproxecto de Lei do Patrimonio Cultural de Galicia e chama á participación para acadar o máximo consenso arredor “dunha lei de país”

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, acompañado do seu equipo presentou o texto que desde hoxe estará a disposición pública no web institucional, e sobre o que, logo da súa publicación no DOG, poderanse presentar alegacións durante o prazo dun mes

A Lei procura unha simplificación normativa, define novas tipoloxías patrimoniais, conta coa implicación dos concellos a través da habilitación legal e ofrece unha mellor protección do patrimonio sobranceiro de Galicia

Trátase de harmonizar a máxima protección e control dos bens coa axilización na xestión administrativa e garantías para os propietarios e titulares do patrimonio

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... al-galicia
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Lei do Patrimonio Cultural de Galicia

Mensaje por serba »

Feijóo asegura que a futura Lei de patrimonio incluirá a protección do legado subacuático para conservalo de acordo cos principios da Unesco

[...] Así, preténdese incluír a catalogación “ex lege” dos pecios anteriores a 1901 somerxidos no mar galego, ademais de definir uns principios de actuación coa Convención da Unesco que é a encargada desta materia.

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... ubacuatico
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Lei do Patrimonio Cultural

Mensaje por serba »

A toponimia e a lingua formarán parte esencial do patrimonio cultural inmaterial na nova lei autonómica que agora comeza a súa tramitación parlamentaria

Santiago, 27 de novembro de 2015.- A nova Lei do Patrimonio Cultural inclúe dúas novidades significativas respecto da vixente: a regulación nun título específico do patrimonio inmaterial, cun tratamento diferenciado para a lingua galega e a toponimia; e a inclusión de novas perspectivas de protección patrimoniais non desenvoltas con anterioridade, tales como o patrimonio subacuático, o industrial e o científico e técnico. A norma legal que agora comeza a súa tramitación parlamentaria, foi consensuada cos principais axentes e institucións culturais e civís e someteuse a un profundo proceso de participación pública, recibindo un total de 484 alegacións de máis de 60 entidades.

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... erial-nova
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Lei do Patrimonio Cultural de Galicia

Mensaje por serba »

Santiago, 26 de abril de 2015

O Parlamento de Galicia vén de aprobar na mañá de hoxe a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e que permitirá unha tripla simplificación para a materia que regula: lexislativa, coa derrogación doutros tres textos do mesmo rango; administrativa, reducindo prazos e trámites e gañando en participación e descentralización; e clasificatoria no que atinxe aos bens, pois rebaixará as tres categorías preexistentes a dúas, o que clarifica os réximes de protección e as súas consecuencias xurídicas.

http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/ ... proteccion
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder