Página 1 de 1

Axuda con apresentación do Sr. de Brandeso. Ano 1711

Publicado: 30 Dic 2017, 11:02
por Fontes de Castromil
IMG_0945.JPG
Ola, necesitaría que alguén me axudara a transcribir o documento que achego. É unha apresentación de Pedro Montero Figueroa, fillo de Pedro Montero Cospeite, que ese ano acababa de suceder a seu tío Gregorio Montero Figueroa no morgado da Casa de Brandeso. Neste documento só logro entender que fai referencia aos beneficios dunha parroquia, e aos clérigos Lorenzo e Jacobo Montero de Rial,
-seus curmáns- (fillos do escribán Pedro de Rial y León el mozo -que nun documento se refire a Pedro Montero de Cospeite como "mi cuñado"-, e de Margarita Montero Cospeite, donos da casa principal do lugar de Rial en San Vicenzo de Burres, parroquia añexa á de Pantiñobre, onde se sitúa o morgado da Casa de Rial dos Mosteiro). Graciñas pola vosa atención.