Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna

Transcrición de documentos, documentación de axuda á investigación, guías ou proxectos relacionados
Respostar
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18316
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna

Mensaxe por serba » 16 Mai 2018, 19:27

O Instituto da Lingua Galega pon á disposición do público a través da súa páxina web un novo corpus lingüístico de textos galegos. Trátase de Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna (http://ilg.usc.gal/gondomar), que reúne a produción escrita en lingua galega ao longo dos séculos XVI, XVII e XVIII, entre os que figuran varios textos descoñecidos ata o momento. O proxecto foi dirixido por Ernesto González Seoane (http://ilg.usc.gal/gl/persoal/ernesto-x-gonzalez-seoane) e Rosario Álvarez (http://ilg.usc.gal/gl/persoal/rosario-alvarez e contou co financiamento do Ministerio de Economía y Competitividad.

http://ilg.usc.es/gl/novidades/un-novo- ... a-o-galego
Poblada soledad es hoy el mundo.

Respostar