Pequena Guía para procurar os apelidos

Transcrición de documentos, documentación de axuda á investigación, guías ou proxectos relacionados
Respostar
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensaxes: 2237
Rexistrado: 05 Out 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Pequena Guía para procurar os apelidos

Mensaxe por kruzul » 24 Mar 2005, 00:39

Estreamos este novo foro encamiñado tamén á publicación, no camiño de ir facéndonos cunha documentación útil para as nosas investigacións.

O primeiro é o traballo de Xavier Milleiro “Pequena Guía para procurar os apelidos” que nomearei como versión 0.1 . Neste caso, como el ma tiña enviado a min co fin de que tamén a estudara, fíxenlle unha revisión a totalidade pensando que se podía separar en dúas guías: unha específica de axuda á busca en Xenealoxía.org para poder sacar o maior partido, e do mellor xeito, a esta ferramenta; e outra máis xeral sobre investigación en documentos que é a que presento aquí a continuación como “Guía práctica para ler ou transcribir documentos” que nomearei como versión 0.2, e recolle o de Xavier Milleiro e algúns aportes meus.
Todo aporte ou corrección, que se poda facer será benvido (mesmo de forma na redacción) publicándoo coma nova resposta a estas mensaxes.

Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensaxes: 2237
Rexistrado: 05 Out 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Pequena Guia para procurar os apelidos. Versión 0.1

Mensaxe por kruzul » 24 Mar 2005, 00:46

Este documento surxe tras a experiéncia existente na procura xenealóxica en Galiza. Xenealoxia.org é unha base de datos na que podemos atopar información que poden ter algún tipo de aporte ao noso estudo familiar. Moitas persoas pensan que a grafia dun apelido herdou-se durante moitos séculos sen apenas mutarse e non son conscientes que até ben entrado o século XIX non habia unha normativa en torno a como escreber os apelidos. Por desgrácia, esa normativa estaba pensada para a gramática castelán e non para a gramática galega de cuxa raiz descenden todos os apelidos do país galego. Cando se procure en Xenealoxia.org hai que ter en conta os seguintes aspectos:

1. A GRAFIA

1. O uso da B e V. Exemplo: Ribeira / Riveira
2. O uso de Y, LL e I. Exemplo: Santabaia / Santabaya / Santaballa; Neira / Neyra
3. O uso de C e Z. Exemplo: Cernadas / Zernadas

2. O NÚMERO

Ás veces, pode-se atopar un apelido en forma plural ou singular e polo tanto tratar-se dun mesmo apelido, exemplo: Fariña / Fariñas. Máis isto non quere dicer que polo feito de diferenciar-se no número se trate dun mesmo apelido, só que cabe a posibilidade de atopar o apelido que se busca en concreto grafiado desta maneira. Un mesmo apelido pode ter diferentes orixes, sen gardar nengunha relación. Así, un “Fariñas” do Baixo Miño seguramente non garde nengunha relación cun “Fariñas” da Límia nen cun “Fariña” da comarca de Pontevedra.

3. O XÉNERO

Unha característica da xenealoxia galega, e mesmo da portuguesa, é o uso do xénero para o apelido usado por unha muller. Exemplos: Faxardo / Faxarda; Carrete / Carreta; Bouzón / Bouzoa

4. A DESGALEGUIZACIÓN

A orixe dos apelidos da Galiza está no próprio idioma galego, polo tanto un apelido galego que non se corresponda con esta lingua significa, presumibelmente, que foi desgaleguizado, deturpado ou contaminado. Este proceso de desgaleguización, produce-se fundamentalmente a apartires do século XVIII. Podemos sinalar dous tipo de desgaleguización:

1.A Castelanización, exemplo: Outeiro a Otero; da Fonte a Fuentes ou de la Fuente; Carballal a Carbajales
2.A Castrapización, exemplo: Freixo a Freijo (sendo a sua traducción ao castelán: Fresno); Laxe a Lage

5. O USO DA CONTRACCIÓN
As contraccións galegas: da, das, do, dos son moi usuais nas documentacións. Este uso ainda segue a estar presente actualmente en moitos apelidos: Dafonte [da Fonte], Dopazo [do Pazo], Docampo [do Campo], Dasilva [da Silva]; Docabo [do Cabo]
Hai outras que non existen actualmente, unha persoa que busque, por exemplo, os apelidos Camiño ou Outeiro, pode-los encontrar coa forma Docamiño e Douteiro, é dicer “do Camiño” e “do Outeiro”.

6. O USO DA PREPOSICIÓN

É moi frecuente atopar tanto nos protocolos notariais como nos rexistros bautismais a unión da preposición “de” co apelido, que polo xeral fai referéncia á procedéncia dun lugar, do mesmo xeito que as contraccións que vimos anteriormente. Exemplos: Depereira [de Pereira], Demondoñedo [de Mondoñedo], neste último caso o buscador de Xenealoxia.org atopa estes apelidos sen nengún problema dado que tamén busca palabras que conteñan o apelido que unha persoa busca na sua base de datos.
Neste caso, a unión dos apelidos ten xerado apelidos particulares por si sós, así Deive / Deibe procede de “de Eive” <<procedéncia da aldea de Eive (Monfero)>> ou Dans que procede da aldea “de Ans”.

7. A LETRA Ñ ( en galaico-portugués NH)

Até ben entrado o século XIX, non aparece a letra española “ñ” . En detrimento desta letra podemos atopar as seguintes: n, nn, gn. A xente tende a pronunciar o apelido segundo aparece nos documentos antigos, máis isto é un erro monumental, así por exemplo un CHARINO ten que ser pronunciado como CHARIÑO.

8. O USO DOS APELIDOS “SANTOS/AS”

Galiza é un país montañoso onde os núcleos de povoación non están concentrados, máis ben, atopan-se espallados polo sua xeografia. Isto deu lugar a perto de 3.500 freguesias cos seus respeitivos nomes adicados aos seus patróns ou patroas. Nestes casos, os que proceden desta denominación, podemo-los encontrar das seguintes maneiras, eís algúns exemplos:
San Martiño / Sanmartiño / San Martín / Sanmartín / Samartín
Santa Baia / Santa Baya / Santa Balla / Santabaia / Santabaya / Santaballa

Autor: Xavier Milleiro

Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensaxes: 2237
Rexistrado: 05 Out 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Guía práctica para ler ou transcribir documentos. V 0.2

Mensaxe por kruzul » 24 Mar 2005, 01:28

Guía práctica para ler ou transcribir documentos

Introdución
Cando nos acercamos por primeira vez a un escrito antigo pódenos doadamente vir a tentación de deixar todo e pedir axuda, ou mesmo acudir a alguén para que nos transcriba o texto. Pero xa que a nosa investigación xenealóxica na maioría dos casos ten de ser dos tempos de hoxe cara a antigüidade, tamén vai facer ela mesma de escola progresiva forzándonos a ler documentos próximos no tempo e cunha grafía máis semellante á dos nosos días, para paulatinamente conforme nos alongamos irnos metendo en tarefas de máis dificultade. É dicir nós mesmos iremos familiarizándonos e deprendendo co noso propio traballo.
Para que de tódolos xeitos nos resulte máis doado o traballo, xuntamos esta serie de recomendacións de tipo práctico a ter en conta cando comecemos a transcribir unha acta de bautismo, un censo, ou similar.
Evidentemente non están tódolos casos que nos podemos atopar, pero invitados estades a completala lista para axuda de todos.


1. A grafía
Moitas palabras non gardan as normas gramaticais que imperan hoxe, e tampouco as de entonces, e non estamos a falar só do galego, fundamentalmente oral noutros tempos, senón do castelán no que tentábase escribir na maioría dos documentos.
1.1. O “b” e o “v” empregadas indistintamente ás veces dentro do mesmo documento. Exemplo: Ribeira/Riveira, havrá/habrá, saver/saber, vajo/bajo.

1.2 A “i”, “y”, “ll” e a “l”. Exemplos: Santabaia/Santabaya/Santaballa, Neira/Neyra, aier/ayer, yngreso/ingreso.

1.3 A “c”, “z”, “s”, “ç” ou “x”. Exemplos: Cernadas/Zernadas, Gonzalez/Gonçalez/Gonzales; Zea/Cea, expezies/especies.

1.4 O uso de “j”, ”g” e “x”. Exemplo: mujer/muger/muxer, roxo/rojo.

1.5 O uso de “h” pode estar onde non esperamos ou non estar. Exemplos: Ay/hay, ayan/hayan, hes/es, echo/hecho, Tomás/Thomás, Teresa/Theresa, Monteaghudo/Monteagudo, Ghonzález/González.

1.6 As letras dobres “ss”, e tambén “ff”, “tt”, “mm”, “rr” e “xx”. Exemplos: Passos/pasos, tuviesse/tuviese, sissa/sisa, Sotto/Soto, rreales/reales.

1.7 Palabras xuntas ou partidas. Exemplos: porsuoficio/por su oficio, yson asaver/y son a saber, encad aunaño/en cada un año.

1.8 As abreviaturas, son moi utilizadas e difíciles de interpretar ás veces. Exemplos: fra/feligresía, ssno/escribano, segn./según, dhas./dichas, rrs/reales, mad./magestad, admas/además.

1.9 A decoración empregada na escritura tanto nas maiúsculas, como no fin da liña, puntuacións e acentos, ou abreviaturas, tampouco axuda a interpretación mentres non nos afagamos ás particulares do que escribe.

1.10 As maiúsculas poden aparecer onde non as esperamos, no medio das palabras ou frases, ou mesmo non aparecer, un nome propio en minúscula ou ó comezo do párrafo. Exemplos: isabel Perez/Isabel Pérez, tiene Uncriado/tiene un criado, una Bacadequatro años/una vaca de cuatro años.

1.11 Os números 1, 7 e 9 poden confundirse tamén según sexa a escritura, imos ter especial coidado.

1.12 Letras semellantes na escrita. Cos seguintes grupos de letras prestaremos especial atención de non confundilas polo confusas que se nos presentan ás veces “f, i, j, s, t”, “a, o, v , c” e “r, x”.

2. Os Apelidos

2.1. O número
Ás veces, pódese atopar un apelido en forma plural ou singular e nembergantes tratarse dun mesmo apelido, exemplo: Fariña / Fariñas. A variación dáse mesmo hoxe en día no uso cotián ó falares dunha persoa Fariña, e dicires que é dos Fariñas ó referirnos á casa.
Máis isto non quere dicir que polo mesmo metamos a todos os que atopemos no mesmo saco, só ter en conta que cabe a posibilidade de atopar o apelido que se busca grafado desta maneira.
De feito un mesmo apelido pode ter diferentes orixes, sen gardar ningunha relación xenealóxica. Así, un “Fariñas” do Baixo Miño seguramente non garde ningunha relación cun “Fariñas” da Limia nin cun “Fariña” da comarca de Pontevedra.

2.2. O xénero
Unha característica da xenealoxía galega, e mesmo da portuguesa, é o uso do xénero para o apelido usado por unha muller. Exemplos: Faxardo/Faxarda; Carrete/Carreta; Bouzón/Bóuzoa.

2.3. A desgaleguización
A orixe dos apelidos da Galiza está no propio idioma galego, polo tanto un apelido galego que non se corresponda con esta lingua significa, presumiblemente, que foi desgaleguizado, deturpado ou contaminado. Este proceso de desgaleguización, prodúcese fundamentalmente a partires do século XVIII. Podemos sinalar dous tipo de desgaleguización:
2.3.1. A Castelanización, exemplo: Outeiro a Otero; da Fonte a Fuentes ou de la Fuente; Carballal a Carbajal, Valboa/Valbuena.
2.3.2. A Castrapización, exemplo: Freixo a Freijo (sendo a súa tradución ao castelán: Fresno); Laxe a Lage.

2.4. O uso da preposición
É moi frecuente atopar tanto nos protocolos notariais como nos rexistros bautismais a unión da preposición “de” co apelido, que polo xeral fai referencia á procedencia dun lugar, do mesmo xeito que as contraccións que vimos anteriormente. Exemplos: Depereira [de Pereira], Demondoñedo [de Mondoñedo].
Neste caso, a unión dos apelidos ten xerado apelidos particulares por si solos, así Deive / Deibe procede de de Eive (aldea de Monfero) ou Dans que procede da aldea de Ans.

2.5. O uso da contracción
As contraccións galegas: da, das, do, dos son moi usuais nas documentacións. Este uso aínda segue a estar presente actualmente en moitos apelidos: Dafonte [da Fonte], Dopazo [do Pazo], Docampo [do Campo], Dasilva [da Silva]; Docabo [do Cabo]
Hai outras que non existen actualmente, unha persoa que busque, por exemplo, os apelidos Camiño ou Outeiro, pode-los encontrar coa forma Docamiño e Douteiro, é dicir “do Camiño” e “do Outeiro”.

2.6. A letra “ñ” ( en galaico-portugués “nh”)
Até ben entrado o século XIX, non aparece a letra española “ñ” . En detrimento desta letra podemos atopar as seguintes: n, nn, gn. A xente tende a pronunciar o apelido segundo aparece nos documentos antigos, máis isto é un erro monumental, así por exemplo un CHARINO ten que ser pronunciado como CHARIÑO.

2.7. O uso dos apelidos con “San/Santa”
Galiza é un país montañoso onde os núcleos de poboación non estaban concentrados, máis ben, atopábanse espallados polo súa xeografía. Isto deu lugar a cerca de 3.500 freguesías cos seus respectivos nomes dedicados aos seus patróns ou patroas. Nestes casos, os que proceden desta denominación, podémo-los encontrar das seguintes maneiras, aquí algúns exemplos:San Martiño/Sanmartiño/San Martín/Sanmartín/Samartín, Santa Baia/Santa Baya/Santa Balla/Santabaia/Santabaya /Santaballa


Recomendacións
Cando estea diante dun documento (libro parroquial, censo, acta notarial, ...) primeiro bótelle unha ollada xeral para familiarizarse coa caligrafía da persoa que escrebe, fixándose nas partes máis doadas de recoñecer para vostede: os nomes das persoas, datas, lugares que sabe aparecen, utiliceos coma plantilla para identificar as letras no documento xa que son as mesmas, coas variacións lóxicas en cada caso.
Coma noutras cousas que acometa comece polo máis doado para ir collendo seguridade e lle axude a atopar outras palabras que en principio poidan parecer máis difíciles pero que lle axudará velas no seu contexto.
Lea en voz alta se fose o caso de corrido para ver se ten senso, en moitos casos, ó facelo, o que parece un galimatías inintelixible cobra senso.
Recorde que aínda dentro do mesmo documento a mesma palabra pode aparecer escrita de xeitos diferentes.
Esquézanse dos prexuízos de encaralo documento coas normas ortográficas que rexen agora tanto para o galego coma para o español.
Se finalmente non entende unha palabra tróquea por un sino de interrogación ou poña tantas M coma letras coide aparecen e non perda máis tempo. Cando teña todo o documento transcrito volva sobre elo pois se cadra xa vexa máis claro o seu significado. Se non fose así calque con coidado a palabra descoñecida e deixe unha nota na transcrición de onde a reproduciu. Noutro momento é posible que poida poñerse en contacto con outro investigador máis avantaxado que lle poda votar unha man.


Bibliografía (teño que revisala)

O alfabeto
http://membres.lycos.fr/questione/docum ... abeto.html

Paleografia Portuguesa
http://gens.fateback.com/Paleo1.html
Genealogias.org
8 junio 2004

Immigrant Ancestors Projet
Aprender a leer la escritura antigua
http://immigrants.byu.edu/Beta/DesktopD ... &ItemId=28

Primera Reunión Interamericana sobre Archivos
http://members.tripod.com/vhaj/PrimeraReunion.htm

DE CRONOLOGIA, DIPLOMÁTICA PALEOGRAFIA E HISTÓRICO-LINGUÍSTICOS
P. Avelino de Jesus da Costa
8 junio 2004
http://www.instituto-camoes.pt/cvc/hlp/ ... ologia.pdf

Autores: Xavier Milleiro e Ricardo Lago

Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensaxes: 2237
Rexistrado: 05 Out 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Párrafo 2.3. A desgaleguización.

Mensaxe por kruzul » 26 Mar 2005, 16:08

De cara a completar o párrafo 2.3, e que se entenda millor de que se está a falar así como precisar millor as datas.

Breve historia do idioma galego - Galipedia
"A lingua galega, durante o longo período de tres séculos -XVI, XVII e XVIII denominados Séculos escuros- estivo ausente dos usos escritos, fronte ao castelán e o portugués que entran nun proceso de fixación e codificación, o cal lles confire a categoría de linguas de cultura. Nembargantes, segue a ser a vía normal de comunicación de case a totalidade da poboación. O exclusivo uso oral conlevou a dialectalización e a fragmentación do idioma e, xa que logo, a súa consideración como lingua aliteraria, incapacitada para a ciencia e a cultura."
( http://gl.wikipedia.org/wiki/Breve_hist ... oma_galego )

Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensaxes: 2237
Rexistrado: 05 Out 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Para "Recomendacións"

Mensaxe por kruzul » 26 Mar 2005, 16:23

Tres aportes de "NOMES E ABREVIATURAS. TÉCNICAS DE LEITURA: NOMES E ABREVIATURAS EM DOCUMENTOS DOS SÉCULOS XVII E XVIII" por Rubem Queiroz Cobra, que están moi ben:


5. Conhecer o jargão próprio, por exemplo, o jargão cartorial, a partir de um documento legível da mesma época (outros documentos constantes do mesmo códice ou processo, ou se isto não for possível, procurando um documento do mesmo tipo, da época mais próxima que conseguir). Geralmente o jargão permanece através dos séculos. Por exemplo: E. R. M. = "Espera Receberá Mercê".

7. A posição da luz pode dar uma ajuda extraordinária. Por isso é bom ter uma luminária móvel pequena, que possa ser colocada em várias posições sobre o documento para iluminação direta ou oblíqua, no ângulo que for mais favorável.

8. Outro equipamento indispensável é a lente. As lentes maiores e de menor poder de ampliação ajudam na visão mais ampla de um texto a ser interpretado. Porém a lente pequena e de mais poder é também muito útil quando se deseja examinar vestígios de volteios de uma letra, para identificá-la.
Criado em 20 de agosto de 2001.
http://www.cobra.pages.nom.br/gen-abrev.html

Na 6, que non reproduzo, Rubem recomenda non completar unha palabra no orixinal nin escribir nunca nel mesmo que sexa a lápiz. Coido que sobra a advertencia, pero ó millor non está de máis
:wink:

Sobre a 5, ó millor tampouco era mala idea ter uns cantos tipo transcritos para que nos sirvan de axuda.

Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensaxes: 1306
Rexistrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaxe por Milleiro » 27 Mar 2005, 14:17

GALEGO-PORTUGUÉS

Unha matización de indole persoal, sen animo de erguer polémica. Secadra, precipiteime cando falo de LAGE como unha castrapización. Eu parto de que para min GALEGO e PORTUGUÉS é unha mesma lingua, ou dous codialectos dun mesmo sistema lingüístico, ainda a pesares das diferencias que hai entre o galego que se fala en ambas beiras do Miño, e que debemos coidalas.

En resumidas contas, LAGE é para min unha grafia lexitimamente galega, máis a sua pronuncia é semellante a LAXE. Non en cambio acontece o mesmo para FREIXO, que é a grafia que lle damos tanto en Portugal como en Galiza ao que en castelán chaman FRESNO e polo tanto non é FREIJO. Ainda que pode haber escritos antigos onde se grafiase este apelido así, na fala era pronunciado como FREIXO.

Non trato de abrir un debate, senon de facer unha reflexión persoal sobre o asunto

A LETRA Ñ
Sobre a letra española Ñ, hai que decir que o seu uso non comeza no XIX, como comentei, senon que teño constancia do seu uso en Galiza no século XVII.

Avatar de Usuario
gordito
Foreiro
Foreiro
Mensaxes: 57
Rexistrado: 17 Mai 2003, 09:00
Ubicación: Barbanza
Contactar:

sobre a evolución das grafías

Mensaxe por gordito » 28 Mar 2005, 02:29

Teño notado, como feito curioso, a evolución "indecisa" nas grafías, é dicir, en ocasións un apelido vai cambiando cara formas máis modernas aínda que, ocasionalmente, volve a aparecer con formas máis antigas. Así o apelido "Lorenzo", por exemplo, pode aparecer coa súa forma actual desde primeiros do século XIX, encontralo como "Lorensso" no XVIII, coa forma "Lorenço" a primeiros de ese século, e volver a encontrar Lorensso no XVII.
Outra exemplo témolo na grafía típica dos diptongos nos que, sobre todo no século XIX, e case norma emprega-lo "y" en lugar do "i" actual ("Eyras", "Feyxeiro", "Loymar"), volvendo a atopa-lo "i" (aínda que sexa de forma alterna) nos séculos anteriores (XVII-XVIII).
Así, o único seguro das grafías é que nos poden sorprender ata o punto de dubidar se unha persoa é realmente a misma que estamos a buscar, dúbidas que normalmente disipan os outros datos da documentación.

Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensaxes: 2237
Rexistrado: 05 Out 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Párrafo 2.3. A desgaleguización.

Mensaxe por kruzul » 31 Mar 2005, 01:53

Ola Xavier e Gordito:

Sobre o que comentas, Gordito, faime cavilar que aínda que a intención de Xavier e a miña non era esa, a redacción, incluso ó estar numerada a lista, fai pensar máis nun conxunto de "regras" que nunha enumeración de posibles casos que se poden atopar nun documento. Iso pódese traballar aínda.

Sobre o que comentas ti Xavier, sobre a castrapización tamén eu penso que temos que afinalo máis para que se entenda ben, pois mesmo pode dar lugar a esas malas interpetraciones xa coñecidas ou debates que nos levan por fora do tema.

Estiven mirando o tema estes día e atopei no libro de Mercedes Vázquez Bertomeu "Notarios, Notarías y Documentos en Santiago y su Tierra en el siglo XV" uns párrafos que poden ser clarificadores á hora de darlle a forma definitiva ó noso párrafo:
(falando da aprendizaxe do oficio de notario)
Se desconoce totalmente cómo es este proceso de instrucción, ya que este tema ha sido olvidado por los investigadores gallegos y en general es una cuestión difícil, espinosa y discutida. No obstante tiene en Galicia una importancia radical para el estudio y la comprensión del proceso de formación y fijación de la lengua escrita.
Lectura y escritura se aprenden sobre la base latina, sin embargo, de esa instrucción permanece únicamente la asociación de un sonido con un signo gráfico. El deficiente conocimiento o la escasa práctica del latín, hará de la lengua romance la guía en el proceso de escrituración y lectura. Nacen así las duplicaciones de sonidos y la dificultad para plasmarlos por escrito o por la confusión entre sonidos cercanos al no existir una lengua fijada por escrito que actúe como referencia. Esta circunstancia habrá que tenerla muy en cuenta a la hora de estudiar los documentos gallegos y sus autores.
(Vázquez Bertomeu. p. 26)

É dicir que nos documentos de Santiago hasta o s. XV hai inestabilidade na representación dos sons do galego, atopando o mesmo son con diversos sinos.
Pero máis no tema que nos ocupa (Vázquez Bertomeu. p. 63-64)
En la tierra de Santiago, como en toda la Galicia Medieval, el romance gallego sustituye al latín como lengua documental predominante. Los primeros textos íntegros aparecen en el siglo XIII (tardíamente si se compara con el desarrollo de la literatura lírica) y los últimos se registran –aunque ya como un testimonio excepcional- en los años centrales del siglo XVI. A partir del siglo XIV (especialmente la segunda mitad), la imparable influencia del castellano es evidente.
Los notarios utilizan, por lo general, la lengua de sus clientes a la hora de redactar los contratos. Así, dada la situación del gallego como lengua única del territorio, la gran mayoría de los textos se encontrarán en este idioma, que constituye el vehículo de comunicación de todos los sectores sociales.
[...]
Los estudios filológicos describen un claro crecimiento de la influencia y la utilización del castellano en los documentos durante el siglo XV, hecho que parece cierto. Efectivamente, los escritos acreditan la presencia de esta lengua cómo vehículo habitual en algunos ámbitos. Se relaciona especialmente con la presencia, cada vez mayor, de personajes de esta procedencia en la administración real y arzobispal. A tenor de los textos existe una cierta situación de bilingüismo.
Penso que aínda que un pouco longo merecía a pena. Pero a pesares de isto ser así, no caso que nos atinxe, nomes de persoas, apelidos e lugares, moitos deles por moitos camiños seguen a conservar a forma da nosa fala mesmo nos escritos en castelán, pero moitos outros como explicas ti Xavier no punto do asunto sofren deturpacións que entran nas categorías: a castelanización, e a castrapización . Penso que teríamos que volver sobre os exemplos postos e amplialos. Pero xa é moi tarde, agora mesmo, para min.

No tema de Laxe xa te entendín, o que se perdeu en realidade foi o son (ó ler Lage como o castelán). Non sei si fora neste foro onde fai tempo un portugués nos criticaba (ós galegos) por utilizar mesmo “xenealoxía” cousa que consideraba unha aberración, pero xa entramos no debate de se o que se fixo para corrixir un erro non xerou outro maior.

Boas noites.

Bibliografía
Vázquez Bertomeu, Mercedes. Notarios, Notarías y Documentos en Santiago y su Tierra en el siglo XV. Sada: Ediciós do Castro. Publicacións do Seminario de Estudos Galegos, Nº 7, 2001.
[/i]

Avatar de Usuario
Ctainc
Novo
Novo
Mensaxes: 3
Rexistrado: 18 Ago 2006, 09:00
Ubicación: Narón
Contactar:

As grafías e a detección da desgaleguización

Mensaxe por Ctainc » 19 Ago 2006, 21:48

Unhas reflexións persoais sen ánimo de crear polémica, senón de trocar coñecementos e adquirilos novos:
A “evolución indecisa das grafías” das que fala gordito é unha constante dos sistemas gráficos das linguas romances –supoño que tamén dos outros grupos lingüísticos, pero este é o entorno que nos importa- ata que asentan as súas regras ortográficas entre os séculos XVII, XVIII e XIX. Na falla dunha norma para a lingua escrita cadaquén ó facía como ben entendía. Nembargantes na miña experiencia en transcricións de documentos medievais e modernos (que aínda conservan os nomes en galego) teña a impresión de atoparme con algunhas constantes:
- O emprego do “Y” nas vocais débiles finais dos ditongos (Pereyra, Recarey, Amoeyro, etc). É unha característica das grafías romances que hoxe en día todas perderon agás o castelán na final de palabra (Rey, Ley, pero Rei, Lei en galego, ou Roi, Loi en francés). Todo elo parello co emprego do “i” nas mesmas circunstancias, e nos documentos máis vellos da idade media con “I” longo (non empregado só coma maiúscula) e do “j” (i baixo), orixe da “j” castelán.
- O “X” para verbas coma Laxe o Freixo creo que é unha aportación do Rexurdimento, a grafía medieval que logo pasou os documentos en castelán na idade moderna era Lage/Laje ou Freijo, aínda que a súa pronuncia fora a actual. Polo tanto cando vemos escrito Lage ou Freijo podemos estar tanto ante una deturpación gráfica e fonética castelanizante como unha conservación gráfica arcaizante do galego medieval que puido derivar logo nunha deturpación fonética castelanizante.
- O “Ñ” que aquí presentades coma exclusivamente castelán –o certo e que esta lingua a ten convertido case que nun símbolo de identidade-, ¡sorpresa! Tamen a teño atopado en documentos medievais en galego. Compre saber si estamos diante dunha n con signo abreviativo xeral (é dicir unha nn), o cal , a fin, é a orixe do grafema castelán. Tamén a teño visto grafada coma n (San Martino por San Martiño en documentos do século XVI) sinxela ou gn (coma no francés).
- Alternancia ç, s, ss ou z en certos apelidos coma Lourenço, Lourenso, Lourensso ou Lourenzo. Neste caso creo que ademais reflicte unha evolución fonética ç/s/ss á z.
A miña reflexión é que temos que ter coidado con sinalar facilmente certos apelidos coma castelanizados, pode tratarse da conservación de grafías antigas. Neste senso a deturpación estaría máis na fonética que na grafía. Tamén temos que saber empregar os documentos redactados en castelán dos séculos XVI e XVII (especialmente ós do XVI), pois inda conservan as vellas grafías medievais galegas nos topónimos e nos apelidos, que xa comezan a perderse no XVIII.

Respostar