Restauración de documentación antigua de Ribadeo

Transcrición de documentos, documentación de axuda á investigación, guías ou proxectos relacionados
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Restauración de documentación antigua de Ribadeo

Mensaje por serba »

"O Concello de Ribadeo recibirá preto de 40 publicacións que se atopan en fase de restauración no Arquivo Histórico de Galicia"
Fernando Suárez anunciou que “o Concello recibirá en breve unha serie de libros de actas que estiveron durante bastantes anos en fase de restauración no Arquivo Histórico de Galicia, na Coruña, e onde imos recuperar unha parte moi importante do noso pasado, dos nosos antergos e de cómo era Ribadeo desde o século XVI, dado que os libros de actas datan do 1536, e van ata o XIX. Si é certo que no Concello de Ribadeo se conservaba documentación histórica deste tipo, pero xa hai moitos anos que varios libros se enviaron para a súa restauración e finalmente é agora, cando despois de estar amañados, voltarán aquí para seren custodiados na casa que os viu nacer, que foi a Casa Consistorial, aínda que non era no sitio no que agora se encontra”.
http://www.cronica3.com/2013/11/o-conce ... e-galicia/
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Restauración de documentación antigua de Ribadeo

Mensaje por serba »

"Cultura e Educación entrégalle ao Concello de Ribadeo os libros de actas municipais restaurados polo Arquivo do Reino de Galicia"
A Coruña, 9 de xaneiro de 2014.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fíxolle hoxe entrega ao Concello de Ribadeo dos 37 libros municipais, datados entre os séculos XVI e XIX, que foron restaurados recentemente polo Arquivo do Reino de Galicia. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, formalizou esta mañá a devolución da documentación, que constitúe unha fonte histórica moi valiosa, nun acto no que participaron o alcalde do municipio lucense, Fernando Suárez; os xefes territoriais da Consellería de Cultura e Educación da Coruña e de Lugo, Indalecio Cabana e José Ramos; a directora do Arquivo do Reino de Galicia, M.ª Carmen Prieto; a restauradora Eva García e o concelleiro de Medio Ambiente da Coruña, Enrique Salvador Sánchez.
“O labor levado a cabo polo Arquivo do Reino de Galicia fixo posible a recuperación deste valioso patrimonio documental e posibilitará tamén a súa conservación e difusión”, afirmou Anxo Lorenzo. O secretario xeral gabou os resultados do traballo realizado polo Arquivo do Reino de Galicia, “que conta co mellor laboratorio de restauración de papel de Galicia e cun dos mellores de España, tanto polos seus profesionais como polo equipamento e maquinaria dos que dispón”.
Entre a documentación, que fora depositada polo Concello no Arquivo do Reino de Galicia para a súa restauración, figuran diversos libros de actas municipais, libros de contas do concello e do Hospital de Pobres Cabaleiros de San Lázaro, un protocolo notarial e un caderno de actas da Xunta Provisional do Gremio de Mar de mareantes do distrito de Ribadeo. [...]
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... estaurados

- "Entrega de libros de actas y de otros documentos del Ayuntamiento de Ribadeo restaurados"
http://arquivosdegalicia.xunta.es/export/sites/default/arquivo-do-reino-de-galicia/resources/img/IMG_0456_Ribad_red.jpg
Los libros restaurados suman un total de 37 ejemplares, que comprenden desde libros de actas y/o acuerdos municipales, libros de cuentas del propio ayuntamiento y del Hospital de San Lázaro situado en dicha villa, hasta protocolos notariales, y abarcan desde 1536 hasta 1840.
En el acto de entrega se hará una pequeña presentación del proceso de restauración realizado en los libros del ayuntamiento y una rueda de preguntas por parte de los asistentes al acto que deseen intervenir.
http://arquivosdegalicia.xunta.es/porta ... _0018.html
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Ribadeo: fondo documental do arquivo municipal de 1537 a 2013

Mensaje por serba »

https://foros.xenealoxia.org/viewtopic. ... 255#p41255
Rematou o traballo do obradoiro de emprego Ribadeo no tempo II, que estivo a dixitalizar os libros de actas entre os anos 1537 e 1738 e a revisar e inventariar o fondo documental do arquivo municipal de 1537 a 2013

http://www.cronica3.com/2017/03/rematou ... -municipal
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Ribadeo: <<nova páxina web do Arquivo Municipal>>

Mensaje por serba »

O Concello súmase ao Día Internacional dos Arquivos, que se celebra o vindeiro venres, 9 de xuño, e con este motivo convinda á veciñanza ao acto de presentación da nova páxina web do Arquivo Municipal, que permitirá a difusión de parte do patrimonio documental do noso Concello e a consulta do novo inventario do arquivo.

Este acto, que se celebrará ás 12:00 da mañá no sala principal da Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, servirá como acto de clausura dos traballos do Obradoiro de Emprego "Ribadeo no Tempo".

Asemade neste acto participará o cronista oficial da vila, Eduardo Gutiérrez, e exporase unha parte dos documentos que se custodian no arquivo municipal. Isto permitirá poñer de relevancia o interese e valor do patrimonio documental que atesoura o devandito arquivo.

http://ribadeo.gal/actualidade/nova.php?id=2435&lg=gal
http://arquivo.ribadeo.org
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Arquivo de Ribadeo

Mensaje por serba »

Os traballos que se realizarán dentro deste obradoiro “coma obxecto e continuación son a ordenación e clasificación do arquivo municipal, a dixitalización e difusión da documentación municipal (histórica e administrativa), asemade se continuará na dixitalización das actas documentais. Todo este traballo permitirá o afondamento e coñecemento da historia das actas municipais e da valorización do patrimonio documental”, segundo explican desde a Concellaría de Desenvolvemento Local.

http://www.cronica3.com/2017/09/comezou ... de-30-anos
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Arquivo de Ribadeo

Mensaje por serba »

O obradoiro de emprego Doc-Tic dixitalizou desde o pasado mes de setembro 86 libros de actas do Concello de Ribadeo. Ana Martínez subliña a aposta do equipo de goberno pola difusión e protección deste legado

http://www.cronica3.com/2018/03/o-obrad ... cion-deste
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Ribadeo digitaliza actas municipales de 1535 a 1945

Mensaje por serba »

Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder