Vascos e ferróns no Val de Quiroga e O Courel

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Vascos e ferróns no Val de Quiroga e O Courel

Mensaje por serba »

Xosé Estévez
"Vascos e ferróns no Val de Quiroga e O Courel"
Apelidos e topónimos delatan a orixe dos obreiros que montaron as vellas ferrerías entre os séculos XVI e XVIII

[...] Estrañoume a presencia, nese lugar e noutros da contorna, de apelidos vascos como Celaya (prado), Aroza (carpinteiro), Zarauza (vila de Guipúscoa), Marzabal (raia ancha), Vergara (vila guipuscoana) e Arza (oso). Algúns deles aínda hoxe áchanse a miúdo en aldeas como Soldón da Seara, San Cristovo de Fisteus ou Folgoso, xa no Courel. Tamén podemos mencionar topónimos como Goia e Rebide, que significan en éuscaro «arriba» e «camiño». [...]
<<Coas normas do foro de Biscaia
A ferrería de Quintá, preto de Campos de Vila, fundouna en 1566 o encomendeiro da Orde de San Xoan de Xerusalén ou Cabaleiros de Malta, don Francisco Basques de Quiroga e a súa dona Isabel Basques de Caneda, como aparece nun documento do marqués de Ombreiro, publicado polo historiador Víctor Migues, na revista Brigantium e inserido parcialmente por quen isto escribe no libro A lagoa da memoria. Para construila e iniciar os labores de fabricación foron contratados ferróns vascos: Miguel de Alduncin, Miguel de Aranburce, Julio Mororro, Lopo de Espella, Juanico Byscaino, Miguel Morán, Andrés de Bedia. Dirixidos polo mestre Miguel de Aurtiz, gozarían das leis, privilexios e franquezas do Foro de Biscaia. [...]
Non quero mergullar na mágoa do silencio unha información interesante. O padre Losada, xesuíta, profesor da Universidade de Salamanca e un dos mellores filósofos do século XVIII, naceu en San Vitorio, a carón da Ermida, un castro onde se encontrou o crismón do século IV, primeira sinal da cristianización en Galiza. Era descendente dun Achega vasco>> [...]
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/le ... 1C6991.htm
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder