BERTOLO/BÉRTOLA/BERTOA/BERTOLEZ

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
José Manuel Bértolo
Mozo
Mozo
Mensajes: 50
Registrado: 21 Oct 2012, 20:43

BERTOLO/BÉRTOLA/BERTOA/BERTOLEZ

Mensaje por José Manuel Bértolo »

BÉRTOLO é a forma apocopada de Bertolomeu/ Bertolameu, é dicir, Bartolomé pero en galego. O apelido xurde sobre o século XIV-XV indicando ser “(fillo de) Bértolo”.
Existe tamén en Galicia o apelido BERTOLEZ, que é máis antigo, con terminación –eci}ez , que tamén significa: fillo de.
Existe o apelido BÉRTOA e BÉRTOLA, pero neste caso o apelido ten unha orixe toponímica, é dicir, significa “do lugar” de Bértoa (Carballo) ou de Bértola (Pontevedra). Bértoa é un nome máis antigo que Bértola, é anterior ao XII-XIII, pois xa perdeu o ele intervocálico.
Xa sobre o ano 1600 se rexistran veciños apelidados Bértolo en Acibeiro, e sobre todo na parroquia de Millarada, tamén do concello de Forcarei. Logo de Millarada pasa en 1694 a Pardesoa e de aí a Presqueiras en 1718. Despois espállase, sobre todo no último século.
Tamén había uns Bértolo en Areas (Ponteareas) xa desde 1730, pero como os arquivos parroquiais foron queimados polos franceses ou están en moi mal estado, non se pode dicir con certeza a súa procedencia. Un dos seus descendentes, apelidado Lorenzi Bértolo, de avós galegos, nacido en Arxentina e de pai italiano, vive en Montreal (Canadá).
O apelido Bértolo que atopamos en Galicia é pois eminentemente galego, aínda que coincide co Bértolo italiano, que no século XVII xa estaba asentado en Nápoles, onde chegan a atinxir títulos de nobreza.

Responder