Mourelos

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19299
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Mourelos

Mensaje por serba »

Mourelos - http://apelidosgalicia.org/Mourelos-825
Morelos é nome dun estado de México e de varias localidades dese país centroamericano. Todos eses lugares recibiron o nome de José María Morelos, heroe da independencia do país. Sobre a filiación deste persoeiro e a orixe galega do seu apelido escribiu Ignacio González-Polo en 1997 na obra La estirpe y el linaje de José María Morelos: «Y aunque no aparezca Morelos en los nobiliarios galaicos que he consultado, Fernando Muñoz Altea cree que este apellido es una castellanización de Mourelos «muy frecuente en Galicia» (páx. 33).

En efecto, Morelos é unha deturpación castelanizantes de Mourelos, apelido de orixe toponímica que ten a súa orixe en calquera das oito entidades de poboación que hai na actualidade en Galicia, chamadas así ou que conteñen a palabra.
A forma Morelos é resultado dunha castelanización parcial, que reduce o ditongo decrecente caracterísitico do galego (-o- por -ou- como en *Montoto, *Orense por Montouto, Ourense) pero mantén a forma galega do sufixo diminutivo correspondente ó latín -ĚLLU (como en *Sotelo por Soutelo).
Como sobrenome toponímico está documentado en galego polo menos desde o séc. XIII: Pedro Martín de Mourellos (ano 1267, Oseira), Vaasco Fernández de Mourelos (ano 1324, Ferreira de Pantón), Fernán de Mourelos alfaiate (ano 1396, Tombo H-Catedral de Santiago), Afonso de Mourelos, veciño de Santa Mariña de San Román (ano 1554, Arquivo Histórico da USC).

A finais do séc. XV e principios do XVI empezamos a ver deturpado o apelido en textos en castelán de dentro e de fóra de Galicia: Pedro Morelos (1496) ou Pedro de Morelos, veciño da Coruña (ano 1516, arquivo da Real Chancelería de Valladolid); Juan de Morelos (a.1498) e Antonio de Morelos, veciño da Coruña (1504, Arquivo Xeral de Simancas); Juan Rodríguez de Morelos (ano 1569) e Pedro de Morelos (ano 1572, Arquivo da Catedral de Santiago).

http://ilg.usc.es/agon/archives/1279/mo ... -en-mexico
- Enlace: viewtopic.php?f=11&t=5327
Poblada soledad es hoy el mundo.

Responder