RANDINO

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
faraminas
Novo
Novo
Mensajes: 1
Registrado: 03 Jun 2015, 23:38

RANDINO

Mensaje por faraminas »

Verbo do apelido Randino, que levaba a miña avoa materna natural de Faramiñás, na parroquia do San Martiño no concenllo ourensán de Porqueira, consultei o catastro de Ensenada (1754), e naquela altura era RANDIÑO. Polo tanto, a forma actual é unha castelanización tal e como aconteceu con outros moitos apelidos galegos. Supoño que estará relacionado con topónimo "Randín", do veciño concello de Calvos de Randín onde, casualmente, hai moitos apelidos Faramiñás, nome do lugar da parroquia no que nacera a miña avoa.
Saúdos

Responder