Villadóniga

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Pechado
Convidado

Villadóniga

Mensaxe por Convidado » 05 Xan 2002, 12:29

O apelido villadóniga é toponímico. Orixinario do concello de Cerdido, na provincia da Coruña. Etimolóxicamente ten como orixe a forma latina Villa Dominicale: a vila do domini (señor ou dono da terra). O lugar de Villadóniga fica na parroquia de San Martín de Vila da Igrexa, no dito concello de Cerdido. Ainda hoxe é posible atopar persoas dista familia e apelido no lugar, ainda que nos derradeiros cen anos, seus descendentes pasaron o concello veciño de Valdoviño, concretamente a parroquia de San Vicente de Vilaboa, asentados nos lugares de<IMG SRC="images/forum/icons/icon_razz.gif">ereiro, Vilaxe, Cadaval, Vilela e Iglexa, Todos istes Viladónigas son familia entre si e parentes lonxanos de sangue dos orixinarios de Cerdido segunda tradicción oral da miña aboa Xulia Villadóniga e Villadóniga, nacida en 1912 no lugar do Pereiro en Vilaboa. A familia foi no antigo reximen foreira dos Marqueses de Cavalcanti e a familia pardo Bazán.

O 29 de Abril de 1920 Andrés Villadóniga aparece como firmante na constitución do Sindicato Católico Agricola da parroquia de San Vicente de Vilaboa.

Segundo os listados de heráldica consultados os Villadóniga galegos usaron pedra armeira en campo de sinople, catro castelos con tres torres do omenaxe en ouro.

Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensaxes: 2237
Rexistrado: 05 Out 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Villadóniga

Mensaxe por kruzul » 06 Xan 2002, 06:42

Ola invitado.
Existe tamén o lugar de Viladóniga, no que foi concello de Serantes, hoxe en día, de Ferrol.
Por afinidade, non sei si terá relacción.
Saudos:
Ricardo Lago

Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensaxes: 344
Rexistrado: 30 Out 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Villadóniga

Mensaxe por lamigueiro » 12 Xan 2002, 17:18

Si Ricardo efectivamente, ademais esqueceuseme no meu artigo nomealo, Villadóniga é un casal do vilar de Serantellos, do antigo e desaparecido Concello de San Salvador de Serantes. Efectivamente esta relacioandos etimoloxicamente, pois ambos sinifican o mesmo. tamén e posible que como topónimo exista un apelido vinculado a este de Serantellos.

X.S. Lamigueiro
Lamigueiro ©

Pechado