Busco familiares

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Pechado
Convidado

Busco familiares

Mensaxe por Convidado » 18 Mar 2002, 21:23

<IMG SRC="images/forum/icons/icon_smile.gif"> quisiera saber de familiares de mi padre y de mis abuelos paternos con los siguientes apellidos respectivamente: Ferradás, Ferreiroa, Bernardez<A HREF="mailto:ale_fer@hotmail.com">ale_fer@hotmail.com</A>

Avatar de Usuario
lumebóo
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensaxes: 128
Rexistrado: 03 Feb 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol

Busco familiares

Mensaxe por lumebóo » 19 Mar 2002, 16:25

Ola Invitado:
Xa se ten dito varias veces nestes foros que os que participamos neles somos afeccionados e, por tanto, con tempo e medios limitados para a investigación, mesmo dos temas que persoalmente nos ocupan.
Por outra banda, non é posible orientar, e menos aínda comezar unha pesquisa acerca dun apelido cun plantexamento de datos como ti, e outros invitados, facedes.
Non facilitas zonas de procedencia, siquera aproximadas, nin apelidos completos de persoas nin circunstancias particulares dos indivíduos, que puideran proporcionar algunha luz sobre a súa orixe.
Ademáis, e como non somos meigos, non temos unha receita onde se diga: tal apelido significa tal cousa, ten tales armas e é orixinario de tal sitio. A investigación xenealóxica supón traballo en arquivos e bibliografía; e non sempre é doado encontrar unha resposta.
Hai que se dar conta de que un mesmo apelido (a palabra que é ese apelido) pode ter diferentes orixes xeográficas e tamén lingüísticas, e a verdade histórica de cada nome familiar é única.
Eu mirei-che nas Páginas Blancas de ya.com (cousa que ti tamén podes facer) e achei os seguintes usuarios para os apelidos que ti pides. Esta é a única axuda que che podo prestar neste momento.

Ferreiroa

É un apelido non moi abundante na Galiza, aínda que é inequivocamente galego, con presencia maioritaria na provincia de Pontevedra e, parece que, con máis frecuencia na comarca do Deza (Lalín, Agolada, etc.) No concello de Agolada existe unha parroquia con este nome.
En Pontevedra hai 31 titulares de teléfonos fixos, mentres que na Coruña só 11, e cáseque exclusivamente en Ferrol. En Lugo e Ourense póde-se considerar testimonial.

Ferradás

Está algo máis extendido que o anterior; pero aínda con iso tampouco é moi corrente a nivel de guía telefónica.
Ten tamén a súa maior relevancia en Pontevedra e, nunha primeira ollada, parece que na zona de Lalín existe unha concentración maior; ainda que está bastante espallado por todo o territorio provincial (387 usuarios).
En Ourense (64) destaca a súa maior presencia no occidente da provincia: O Carballiño/O Ribeiro, que testan dalgunha forma coa zona do Deza. En Lugo é anecdótico (3) e na Coruña aparecen 34.

Como curiosidade, existe en Lalín unha persoa apelidada Ferreiroa Ferradás.

Bernárdez

Este sí é mais abundante; pero ao estar bastante espallado non é posible establecer hipótese ningunha.
Hai 968 usuarios en Pontevedra, 273 en Ourense, 40 en Lugo e 154 na Coruña.

Saúdos e sorte.

<font size=1>[ Esta mensaxe foi editado por: lumebóo _FIL 2002-03-19 16:28 ]

<font size=1>[ Esta mensaxe foi editado por: lumebóo _FIL 2002-03-19 16:30 ]

<font size=1>[ Esta mensaxe foi editado por: lumebóo _FIL 2002-03-19 16:34 ]

Pechado