Alguén sabe algo do apelido PATIÑO?

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Pechado
Convidado

Alguén sabe algo do apelido PATIÑO?

Mensaxe por Convidado » 20 Mar 2002, 13:19

Alguén coñece algo do devandito apelido PATIÑO. O único que lles podo dicir é que este é un apelido moi estendido, na comarca do Morrazo. O apelido era frecuente nos colonos, procedentes das parroquias marinenses de Seixo e Loira, que poboaron a illa de Ons aló polo século XVIII se non me engano

Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensaxes: 1306
Rexistrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Alguén sabe algo do apelido PATIÑO?

Mensaxe por Milleiro » 29 Xuñ 2002, 10:00

PATIÑO

Etimoloxía.- Palabra derivada de Pato: Ave da orde das anseriformes, de plumaxe variada e lustrosa e peteiro plano, rematado nunha espécie de punzón. Parrulo.
Lugares.- Non atopamos topos
Distribución.-
Província da Coruña: 400 abonados
Província de Lugo: 8 rexistros
Província de Ourense: 5 abonados
Província de Pontevedra: 158 rexistros
En Portugal coa grafia “Patinho”: 111 abonados no país luso
Familias.- ¿?

HERÁLDICA
Liñaxe.- Ilustre liñaxe galega. Proba nobreza repetidas veces nas Ordes Militares de Santiago, Alcántara, Carlos III e San Xoán de Xerusalén, así como na Real Chancillaria de Valladolid.
DUCADO E MARQUESADO DE PATIÑO: O Ducado de Patiño foi concedido polo Rei Filipe V, en Nápoles, o 11 de febreiro de 1713, a Baltasar de Patiño Saavedra e Moscoso, Señor do pazo de Vilalonga, dono das casas e solares de Rebel, do Faro, Asentin, e outras na Galiza, e Señor da casa forte e solar de Zepegal, en Portugal.
O primeiro Duque matrimoniou cunha filla do señor da casa de San André de Zás (Corcubión) e ao finar, en 1718, heredou o título o seu fillo, o mestre de Campo Xoán António de Patiño e Lamas de Soutomaior, que se disteingueu na defensa da frota de Indias, na ria de Vigo, contra o ataque da armada anglo-holandesa (1702). O II Duque de Patiño contrae matrimónio con Xoana de Sequeiros Silva, filla do Capitán de cabalos Luis de Sequeiros e Soutomaior, cabaleiro de Santiago e da sua muller Maria Saavedra e Ladrón de Guevara, e neta do primeiro Conde de Priegue.
Desta unión naceu en Córdoba, Nicolás Patiño Silva e Soutomaior, III Duque de Patiño.
O III Duque casou en Córdoba, con Francisca de la Chica Sandoval y Rojas. Desta unión naceu o 4º Duque de Patiño, Juan Antonio Patiño de la Chica.
A descendéncia do VI Duque desusou o título.
En 1950 é rehabilitado como marquesado español, por un descendente dos anteriores.
Pedras Armeiras.-
1. En campo de azur, 5 patos, de prata, postos en sotuer, cortado de prata, cun león rampante, de gules e coroado de prata; bordura xeral de azur con oito veneras, de ouro.
2. En campo de gules, un castelo de ouro, sobre ondas de azur e prata, na que nadan 3 patos, de sable.
3. En campo de prata, un pato de prata (contra as leis heráldicas por iren metal contra metal), nadando sobre ondas de azur e prata.

José Espinosa Rodríguez (Apuntes gráficos sobre Heráldica Gallega):

4. En campo de azur, 5 patos sen patas, de prata colocados en sotuer; bordura de gules, con oito veneras de ouro.

Vicente de Cadenas y Vicent (Repertorio de Blasones de la Comunidad Hispánica):

5. En campo de azur, 5 patos de prata, postos en sotuer.
6. En campo de gules, 3 aciñeiras, de sinople, postas en faxa e interpoladas dunha espada cada unha delas, de prata.
7. En campo de ouro, unha árbore de sinople, con dous xabarins empinados ao tronco.
Comentário Persoal.-
Bibliografía.- Enciclopédia Galega, Diccionário Xerais, Telefónica da Galiza e Telecom de Portugal
Autores.- Xavier Milleiro

Avatar de Usuario
Lin
Mozo
Mozo
Mensaxes: 18
Rexistrado: 13 Xuñ 2002, 09:00
Ubicación: Ribadeo-La Línea-Bilbao
Contactar:

Alguén sabe algo do apelido PATIÑO?

Mensaxe por Lin » 01 Xul 2002, 16:34

Demostraron su hidalguía en la Chancillería de Valladolid:

Apellido Nombre Lugar Fecha
Acha de Patiño, Cayo, La Coruña, 1780
Patiño, Ambrosio, Trasvilla, v. de Carriedo, 1737
Patiño, Sebastián, San Juan de Pravio, 1571
Patiño de Sarro, Hernán, San Pedro de Noz, 1550
Patiño de Sarro Escudero, Vasco, F. de San Pedro de Noz, 1550
Patiño de Villar de Francos, Rodrigo, F. de Santa María de Dezo, 1628

Un saludo.

Gabriel
nullApellido Nombre Lugar Fecha
 

Pechado