Caldelas

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Pechado
Convidado

Caldelas

Mensaxe por Convidado » 08 Xan 2002, 00:30

Intercambio información sobre o apelido Caldelas. Eu solo consigo chegar a meus tataravós e este apelido non veu de fora do meu pobo (San Miguel de Sarandón). Se alguen ten datos sobre este apelido que non dude en escribirme a conta <a href="mailto:jcaldelas@hotmail.com" target="_new">jcaldelas@hotmail.com</a>

Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensaxes: 2237
Rexistrado: 05 Out 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Caldelas

Mensaxe por kruzul » 08 Xan 2002, 13:58

Ola:
Eu non teño o teu apelido entre os meus investigados, dígoche o que di Enciclopedia Galega Universal pag. 217 tomo IV:
Diminuto do apelido Caldas. Documéntase no s. XII: Frenandus Sanctii de Caldellas (doc ano 1182 en E. Rivas Quintas - Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 535)Heráldica. Linaxe que leva como armas un escudo partido: en campo de ouro, un losanxe de goles, que toca cos seus ángulos os extremos do escudo, cargado dunha cruz de prata; partido de prata, cun león rampante de azul
Acompaña co gráfico do escudo.
Saudos:
Ricardo Lago Couce

Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensaxes: 344
Rexistrado: 30 Out 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Caldelas

Mensaxe por lamigueiro » 12 Xan 2002, 17:12

Caldelas ten que ser un apelido toponímico e como topo esta moi espallado por Galiza.
Lamigueiro ©

Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensaxes: 1306
Rexistrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Caldelas

Mensaxe por Milleiro » 19 Xan 2002, 04:03

A Telecom de Portugal dá 25 abonados espallados polo país luso, onde existen vários topónimos co nome de Caldelas.
A GEG comenta que o apelido Caldelas está brasonado na Galiza: escudo partido: 1º en campo de ouro, un losanxe de gules, que toca cos seus estremos os do escudo, cargado cunha cruz de prata; 2º, en campo de prata, un león rampante de azur.
A Telefónica da os seguintes rexistros.
17 abonados na província de Pontevedra: Vigo, Vila de Cruces, Pontecesures...os únicos topónimos están en Pontecaldelas e Tui. 8 abonados na de Ourense: en Verín, A Mezquita, Ourense e Celanova. Atopamos un topónimo no concello de Leiro.
Ainda que existen dous topos nos concellos lugueses de Antas de Ulla e de Portomarín, a Telefónica non dá dados de persoas co apelido Caldelas na província de Lugo.
Na guia da província de A Coruña dá 13 abonados nos lugares de Compostela, Fene, Teo e Vedra. Neste último concello existe unha aldea co devandito nome situado na parróquia de Ponte Ulla.
É bastante probábel que teña unha orixe neste lugar de onde virian tamén os Caldelas de Pontecesures.

Pechado