Bolón

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Avatar de Usuario
Sic-ario
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 141
Registrado: 28 Nov 2004, 09:00
Ubicación: Pontevedra (España)
Contactar:

Bolón

Mensaje por Sic-ario »

BOLÓN

Significado:
Non sei o significado de este termo.
Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica do lugar de BOLÓN, na parroquia de San Salvador de Sofán, no concello de Carballo (A Coruña).

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de A Coruña atopamos 194 persoas, nos concellos de Carballo, Laracha e Ponteceso.
Soamente atopamos 1 persoa na provincia de Lugo e outra persoa na provincia de Pontevedra.
Non se atoparon persoas co apelido BOLÓN na provincia de Ourense.

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Valencia, Barcelona, Castellón, Madrid, etc. Un total de 240 persoas atopamos co apelido BOLÓN.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en A Coruña 110 aboados. Un total de 144 aboados atopamos con BOLÓN de primeiro ou de segundo apelido.

TOPONIMIA:
Soamente atopamos o lugar de BOLÓN, na parroquia de San Salvador de Sofán, no concello de Carballo (A Coruña), tamén na mesma parroquia atopamos o lugar chamado Campos de Bolón.

DOCUMENTOS do A.R.G.:
CONVENTO DE STA. BARBARA DE LA CORUÑA CONTRA VICENTE BOLON DE PARDINAS, SOBRE NULIDAD DE LA VENTA DEL LUGAR DE SOFAN DONIGA. AÑO DE 1522 A 1833.

CONVENTO DE STO. DOMINGO DE LA CORUÑA CONTRA D. JOSE BOLON , Y D. JUAN CARRACEDO, SOBRE USO Y APROVECHAMIENTO DE AGUAS. AÑO DE 1522 A 1833.

MONASTERIO DE MONFERO CON ALONSO DE BOLÓN , SOBRE REIVINDICACIÓN DEL CASAL QUE SOLIA SER TORRE EN LA PARROQUIA DE OBRE. AÑO DE 1511 A 1833.

MIGUEL RODRÍGUEZ ARIJON CON PEDRO BOLON Y CONSORTES, SOBRE OBLIGAR A AQUEL A QUE SIRVIESE EL EMPLEO DE MAYORDOMO PEDANEO Y RECONOCIMIENTO DE HIDALGUIA EN LA PARROQUIA DE REBORDELOS. AÑO DE 1808.



Fontes: Infobel España 2004 (Guía Telefónica), Arquivo do Reino de Galicia, Diccionario Cumio da Lingua Galega, e outras.
Responder