Freixanes

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Freixanes

Mensaje por Milleiro »

FREIXANES

TOPONIMIA
Non se atopa

DISTRIBUCIÓN NO PAÍS GALEGO
Coa grafía Freixanes: unha abonada en Vigo.

Coa grafia Freijanes:
Provincia da Coruña: 3 abonados
Provincia de Lugo: 0 abonados
Provincia de Ourense: 1 abonada
Provincia de Pontevedra: 11 abonados

LIÑAXE E PEDRAS ARMEIRAS
De orixe galega, tivo casa solarenga en Vigo segundo conta a GEG. Pertenceu a este casa Manuel Antonio Freijanes que ingresou na Orde de Santiago en 1774 (Garcia-Carraffa, "Enciclopedia Heráldica y Genealógica"). Usou como brasón: En campo de sinople, unha falla de azur perfilada de ouro, acompañada no alto dunha flor de lis de prata e no baixo dunha estrela de ouro
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

FREIXÁNS

Mensaje por LAVANDAL »

O correcto non sería Freixáns?
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

Pois iso é a dúbida que teño, ainda que a GEG fala dunha liñaxe galega, non dou atopado topónimo para este apelido.
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

FREIXÁNS

Mensaje por LAVANDAL »

Por se pode ser de axuda:

ARQUIVO XERAL DE INDIAS:
Expediente de información e licenza de pasaxeiro a indias de Diego de Arroyo Daza, gobernador e capitán xeral de Nova Andalucía, a Terra Firme, coas siguientes personas, entre outras:
- Ana Hurtado de Molina, muller
- ...
- Pedro Vázquez de Freijans, poboador, fillo de Gregorio de Freijans e de Isabel Vázquez
- María Ponce, muller de Pedro Vázquez de Freijans, filla de Antón de Lara e de Catalina Ponce
- ...
Avatar de Usuario
Sic-ario
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 141
Registrado: 28 Nov 2004, 09:00
Ubicación: Pontevedra (España)
Contactar:

Freixanes

Mensaje por Sic-ario »

FREIXANES

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de Pontevedra atopamos 45 persoas, case exclusivamente nos concellos de Arbo e As Neves .
- Provincia de Ourense atopamos 7 persoas.
So atopamos 5 persoas na provincia de A Coruña e 3 persoas na provincia de Lugo.

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Madrid, Valencia, Valladolid, Las Palmas, etc. Un total de 98 persoas atopamos co apelido FREIXANES.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 soamente atopamos 2 aboados co apelido FREIXANES de primeiro ou de segundo apelido. Coa grafia FREIJANES atopamos 31 aboados na provincia de Pontevedra, de un total de 65 aboados.

TOPONIMIA:
No se atoparon lugares en Galicia coa grafía FREIXANES. Si se atopan coa grafía A FREIXA e coa grafía O FREIXAL.
Responder