Páxina 1 de 1

Serin

Publicada: 18 Xul 2005, 19:34
por Milleiro
Na Galiza non atopamos lugares con este nome, máis si en Asturias. É un apelido que só existe na nosa terra, concretamente vencellado ao concello de Redondela: os 4 abonados que hai na provincia de Pontevedra son de alí e hai outro abonado no concello da Coruña, en Asturias non existen persoas co apelido.

Teño documentado por vez primeira en 1694 nunha relación de veciños da vila aparece Juan Serín. Ás veces, ven grafiado como Cerín nos documentos antigos: Antonio Cerín, do Gremio de Mareantes e veciño da vila de Redondela en 1719, foi tratante en lenzos e sardiñas a Portugal e a Puebla de Sanabria. É moi posíbel, que este sexa o Antonio Serín que casou con Maria Carreira.

Non hai indicios de liñaxes e pedras armeiras para familias con este apelido. Descoñezo a sua orixe.

Re: Serin

Publicada: 10 Xan 2018, 19:13
por AngelaJoTM
Ola Milleiro:

Non saberás por casualidade onde podo atopar información ainda mais completa da familia Serín de Redondela?
Concretamente a aqueles que pertencen a familia de Leonor Serín Domínguez quen morreu en 1934, estivo casada con Agustín Touza (Iglesias, creo), tivo como irmáns a Santiago, Asunción, Fermín e Jaime, e foi nai de Manuel, Elisardo, Jose, Ángela e Cándida Touza Serín.

Grazas,

A