Armada

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
freire
Mozo
Mozo
Mensajes: 14
Registrado: 17 May 2002, 09:00
Ubicación: A Coruña
Contactar:

Armada

Mensaje por freire »

Este apelido procede dun dos 26 lugares galegos que aparecen no Nomeclator oficial de Galicia co nome de A Armada, sempre con artigo, aos que se deberán sumar outros do Bierzo, Terra Eo-Navia e N. de Portugal. Pero a súa orixe está nunha raíz indoeuropea er–/or–“moverse”, que diu lugar a moitos hidrónimos [nomes de ríos] europeos estudados por H. Krahe e tamén a moitos galegos do que se ocupou E. Bascuas, incluído A Armada.

Armada será, pois, orixinalmente un hidrónimo de raíz indoeuropea –er con alongamento en –m, como Ermelo, Armea, Armiela, Armamá, Armeiro, Armada pasaría de hidrónimo a nome de lugar habitado e, de iso, a apelido, que levaba aquel Xoán Armada Losada, poeta discreto en galego e Marqués de Figueroa, que debera ser Figueiroa.

Un veciño de calquera dos lugares chamados Armada pasou a apelidarse digamos que Xan da Armada, e así naceu este apelido cuxa orixe máis recuada é prehistórica.

Fonte: X.L. Méndez Ferrín. Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos. El Sábado. Faro de Vigo 10/9/2005

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19299
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: Armada

Mensaje por serba »

Javiera Armada Losada, 1920. En Figueroa (S. Miguel), Abegondo.
<<un recuerdo de la pizarra del colegio, en la que se ha inmortalizado el rostro de la fundadora del centro, la benefactora Javiera Armada Losada, quien impulsó en 1920 las instalaciones educativas, que tenían carácter gratuito.>>
http://www.laopinioncoruna.es/gran-coru ... 84748.html
Poblada soledad es hoy el mundo.

Responder