Quintiá (Quintía)

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Pechado
Convidado

Quintiá (Quintía)

Mensaxe por Convidado » 19 Xan 2002, 12:04

A Telecom recolle a 4 abonados co apelido Quintia en Portugal, máis de segundo apelido.
A Telefónica recolle a 2 abonados na província de Pontevedra, 3 en Lugo (Lugo, Palas de Rei e Friol) e 41 na Coruña ( a maior parte perto de Ferrol). É bastante probábel que este apelido teña duas orixes: nas parróquias de Naraio (San Sadurniño-A Coruña) e de Condes (Friol-Lugo). Aparece grafiado moitas veces como Quintía. Sendo a primeira orixe a máis numerosa das duas. Non consta como brasonado.


Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensaxes: 344
Rexistrado: 30 Out 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Quintiá (Quintía)

Mensaxe por lamigueiro » 19 Xan 2002, 12:15

O apelido Quintiá, e deformación de Quintián e iste de Quintiliano. O apelido ten seguramente un orixe topográfico e iste a si mesmo onomástico o levaren o lugar o nome dos seu pusuidor. O nome Quintiliano e latino.
Lamigueiro ©

Avatar de Usuario
lumebóo
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensaxes: 128
Rexistrado: 03 Feb 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol

Quintiá (Quintía)

Mensaxe por lumebóo » 11 Feb 2002, 16:31

É certa a abundancia deste apelido na comarca de Ferrol.
Non podo aportar documentación e penso que amigueiro nos pode abondar na orixe en Narahío, pero dos que eu coñezo, a maioría son naturais da parroquia naronesa do Val, onde existe un lugar de Quintá, onde a igrexa parroquial e onde hai un castro.
Os Quintiá que residen en Ferrol escreben Quintía.
Saúdos

Pechado