Novelúa

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Novelúa

Mensaje por Pousada »

NOVELÚA

ETIMOLOXÍA E SIGNIFICADO

Trátase dun apelido claramente toponímico, que provén da freguesía de San Cristovo de Novelúa, no Concello de Monterroso (Lugo). Clara evidencia disto é a figura do mestre Martiño de Novelúa (Magister Martinus), onde o apelido alude ao seu lugar de nacemento (finais do S. XII, principios do S. XIII). Existen varias posibilidades etimolóxicas para este apelido. As dúas primeiras dependen da interpretación que fagamos do primeiro termo desta palabra composta.

a) Se entendemos "nove" no seu sentido numeral, obteriamos o significado de "nove lúas". Esta expresión tería sentido tendo en conta que o periodo de revolución lunar (29,52 días) equivale a un mes, e "nove meses" corresponden ao tempo da xestación humana. Sería, neste caso, un topónimo claramente simbólico.

b) En troques, a teoría máis veraz é a que fai de Novelúa a pronunciación galega do termo latino "novilunio", onde "nove" non tería significación numeral, senón que é entendido como unha alteración do adxectivo "novo, -a".

c) A terceira posibilidade é a que relaciona a forma Novelúa con apelidos semellantes, tales como Novel, Novell, Novelo, Noveluna... Este último (italiano) co mesmo significado apuntado no anterior parágrafo.

HERÁLDICA

En ouro, tres árbores de sinople, arrincadas e fóra de orde.

DISTRIBUCIÓN EN GALICIA

Non teño constancia.

PERSOEIROS DE RENOME

O máis salientable é o antedito mestre Martiño de Novelúa, a quen debemos xa non só a construción da propia igrexa parroquial de San Cristovo, en Novelúa; senón tamén quedan vestixios da súa obra en San Pedro de Portomarín, San Xoán de Bouzoa (Taboada) ou en San Xián do Campo, tamén en Taboada.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Novelúa

Mensaje por serba »

No sé si son datos históricos o no, me ha resultado curioso leerlo:

<<Parroquia de Novelúa, fundada no século X polo Abade Novelo e a súa irmá Lúa, dos que se orixinou o topónimo.>>

Lo concreta D. Xosé Luis Laredo Verdejo, en el Tomo 8 de 'Galicia enteira': A Ulloa, Terra de Melide e Chantada. Edicións Xerais de Galicia, 1998, p. 88.
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Mensaje por Pousada »

Podría tratarse de una explicación mítica para la toponimia de este lugar, al igual que algunos pasajes bíblicos intentan justificar la nomenclatura de un enclave a partir de hechos vividos por los protagonistas del Pentateuco. No obstante, podría tener su punto de verosimilitud, aunque la información de "Galicia Enteira" resulta un tanto errónea.
Al parecer, existiría un documento de finales del siglo VIII que mencionaría varias parroquias lucenses. Se trata del Testamento Mayor de Odoario, Obispo de Lugo (c. 745-785). Entre esas parroquias se cita la de Novelúa, aunque desconozco si en ese mismo documento aparece esta reflexión sobre los hermanos Novelo y Lúa. Señalar que la realidad histórica de este Odoario no es cuestionada, dado que se le recuerda por ser el artífice de la catedral de Santa María de Lugo, iniciando la restauración del antiguo templo y dando principio con él la documentación histórica de esta catedral.
Responder